Entries by prensa

CARRAL PROMOVE EN CULTURGAL UN RECITAL DE VARIOS AUTORES GAÑADORES EN CERTAMES DE POESÍA DE GALICIA

A extensa tradición poética de Carral valeralle para participar en Culturgal, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra ao longo da fin de semana. Como impulsor dun dos concursos de poesía máis lonxevos de Galicia, Carral promoverá, en colaboración con outros Concellos, un recital para dar maior visibilidade aos autores e autoras premiados […]

O CONCELLO SOLICITARÁ UNHA SUBVENCIÓN Á DEPUTACIÓN COA QUE SE CREARÁ O ESPAZO POLIVALENTE MÁIS GRANDE DE CARRAL, DE 700 M2

O Concello de Carral solicitará á Deputación da Coruña unha subvención nominativa coa que crear o espazo cuberto máis grande do municipio. A intención, tal e como sinalou o alcalde, Javier Gestal, é que esta axuda se empregue para construír un espazo polivalente de 700 m2 nas inmediacións do centro de saúde e do complexo […]

A CASA DA CULTURA ACOLLE A ESTREA DE “THE MONKEY”, A CURTAMETRAXE GALARDOADA EN FESTIVAIS DE VIGO E PORTUGAL

A Casa da Cultura está de estrea. Este xoves, 21 de outubro ás 20.30 horas, a instalación municipal acollerá a proxección de “The Monkey”, a curtametraxe galardoada no Festival de Animación de Lisboa (Monstra) e no Primavera do Cinema de Vigo. A actividade incluirá, ademais do pase da curta, un coloquio posterior co produtor e codirector […]

O CONCELLO SUBSCRIBE CONVENIOS POR VALOR DE MÁIS DE 16.000 EUROS CUNHA DECENA DE ENTIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E AMBIENTAIS

O alcalde de Carral, Javier Gestal, asinou, esta semana, unha decena de convenios de colaboración con entidades deportivas e culturais, así como cunha asociación medioambiental do municipio. Con estes acordos, que ascenden a 16.400 euros, o goberno local reforza o seu compromiso co tecido asociativo do municipio, que “vén de vivir un ano e medio […]

ANDAINA POLO PARQUE EÓLICO DAS ENCROBAS

Gustaríavos coñecer o parque eólico das Encrobas? Este domingo, 17 de outubro ás 10.30 horas no Marco das Eiras realizarase unha andaina de 2 km pasando polos distintos puntos onde está prevista a instalación de aeroxeneradores. A actividade está organizada pola Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo en colaboración co Concello […]