About prensa
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that prensa contributed 582 entries already.
Entries by prensa
CARLOS LAMAS E SERGIO CAO PROCLÁMANSE CAMPIÓS DO V TORNEO DE PÁDEL DE CARRAL
O departamento de Deportes de Carral organizou esta competición deportiva, que vén desenvolvendo nas pistas municipais de pádel desde mediados de xullo, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e o lecer saudable entre a poboación carralesa. Este torneo de carácter amigable reuniu a un total de 42 xogadores agrupados en 21 parellas, que se […]
O CONCELLO INICIA ESTE VENRES A OITAVA EDICIÓN DO SEU CICLO ‘NOITES DE MONÓLOGO’
O Concello de Carral iniciará este venres, 3 de setembro, a oitava edición do seu ciclo ‘Noites de monólogo’, que leva a cabo no local Xente Nova de Tabeaio.Todos os monólogos serán ás 21 horas e a encargada de inaugurar o ciclo este venres é Carmen Méndez con ‘Outras químicas’. O vindeiro venres, 10 de […]
REGRESA O PREMIO DE FOTOGRAFÍA MANUEL FERROL, CON VONTADE DE CONSOLIDARSE COMO REFERENTE
Hoxe presentouse na Deputación da Coruña a IV edición do Premio de Fotografía ‘Manuel Ferrol’. Unha convocatoria organizada pola Asociación Cultural ‘Cultura Aberta’, coa colaboración do Concello de Carral, apoiada pola área de Cultura provincial, que se recupera tras o paréntese do pasado ano por mor da crise sanitaria e da que se agarda que […]
FORMACIÓN 100% GRATUÍTA DA XUNTA PARA AUTÓNOM@S: NOVAS DATAS – ACCESO PARA DESEMPREGADOS
¡Novas datas e prazas para desempregados! A Xunta de Galicia, baixo o lema “Re-posiciona o teu negocio”, pon en marcha a segunda edición do proxecto formativo #AutónomosDixitais dirixido prioritariamente a autónomos/as en activo ou autónomos/as cuxo negocio cesou os últimos meses e desexan retomar a súa actividade. Con novas datas de comezo en setembro, hai novas prazas, […]
O CONCELLO INICIA OS TRABALLOS DE RECUPERACIÓN DA SENDA CIRCULAR DOS MUÍÑOS DO BATÁN
O Concello de Carral iniciou os traballos de recuperación e adecuación da senda circular dos Muíños do Batán, un dos espazos máis visitados tanto polos propios veciños do municipio como polos visitantes. Os traballos para levar a cabo inclúen unha roza respectuosa coas especies protexidas, retirada de troncos mortos, apeo de árbores que teñan risco […]
O CONCELLO INICIARÁ ESTA SEMANA AS OBRAS DE ADECUACIÓN DA CONTORNA DAS ANTIGAS VIVENDAS DOS PROFESORES
O Concello de Carral iniciará esta semana as obras de adecuación da contorna das antigas vivendas dos profesores. Estes traballos responden á demanda dos veciños da zona, dado o seu estado actual. Con iso, o goberno local pretende facer deste espazo un lugar seguro para o alumnado e pais e nais que acceden ao recinto […]
FORMULARIO DE EMPREGO E OFICINA VIRTUAL DE EMPRESAS
Poñémonos en contacto con vostede para achegarlle o novo Formulario de Oferta de Emprego que esperamos lle facilite a xestión da contratación de persoal. Tamén queremos informarlle que Emprego Galicia ofrece as empresas unha nova ferramenta para presentar as ofertas, trátase da Oficina Virtual de Empresas, cun formato sinxelo de cumprimentar para tramitar en liña as ofertas de emprego. Xuntamos Vídeo titorial da Oficina Virtual de Empresas:Vídeo Oficina Virtual de Empresas […]
PROCEDEMENTO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO AS ENCROBAS
Sométese a información pública por prazo de 30 días a partir do seguinte ao de publicación do Acordo de Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía , Empresa e Innovación do 30 de xullo de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña polo que se somenten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa a declaración […]
O CONCELLO REFORZA A ÁREA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL COA INCORPORACIÓN DUN NOVO AXENTE
O Concello conta desde onte, luns 16 de agosto, cun novo axente de emprego e desenvolvemento local. Esta contratación realízase en réxime de persoal laboral temporal e parte dun convenio entre os Concellos de Carral, Oza-Cesuras e Coirós. Coa incorporación deste axente, o goberno local busca reforzar as áreas de emprego e promoción económica. Este […]
Enderezo:
Praza Campo da Feira, 1
15175 Carral
A Coruña
Enderezo Electrónico:
correo@carral.es
Teléfonos de Contacto:
Concello: 981670002
Casa da cultura: 981672580
Toñito Espiñeira: 981613520
Policía local: 689544311 / 981670002
Garda Civil: 981670203
Centro de saúde: 981672186


