Entries by prensa

ANDAINA POLO PARQUE EÓLICO DAS ENCROBAS

Gustaríavos coñecer o parque eólico das Encrobas? Este domingo, 17 de outubro ás 10.30 horas no Marco das Eiras realizarase unha andaina de 2 km pasando polos distintos puntos onde está prevista a instalación de aeroxeneradores. A actividade está organizada pola Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo en colaboración co Concello […]

O CONCELLO REABRE AS PISTAS DE PÁDEL TRAS A EXECUCIÓN DE VARIAS OBRAS DE MELLORA NA INSTALACIÓN

O Concello de Carral reabriu, esta semana, as pistas de pádel municipais tras concluír as obras que se executaron nestas instalacións. Con estas intervencións, o goberno local reafirma a súa aposta pola mellora das infraestruturas deportivas do municipio. O proxecto do Concello incluíu a realización dos seguintes traballos:  colocación de novas redes de protección fronte […]

ACTIVIDADES CULTURAIS DA SEMANA NO CONCELLO DE CARRAL

VOLVEN OS CONTACONTOS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL Despois do descanso do verán, volve a programación de contacontos infantís á Biblioteca municipal. A primeira sesión será este xoves ás 18:00 h. a cargo de Trinketrinke Teatro cunha función tituladas “Familias diversas”. Para asistir é necesario reservar entradas chamando ao 981 672 580. O aforo é limitado. DÚAS […]

O CONCELLO INAUGURA A NOVA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE CARRAL E TABEAIO, QUE LEVA O NOME DE MARTÍN CORTÉS CACHEIRO

A distancia que separa os núcleos de Carral e Tabeaio é de apenas 2,5 quilómetros, pero, desde agora, a conexión entre ambos os puntos será moito máis segura e cómoda para viandantes e ciclistas. O Concello inaugurou, esta mañá, unha nova senda baixo o nome de “Martín Cortés Cacheiro”. Ao acto inaugural acudiron o delegado […]

PRIMEIRO DÍA DA ENTREGA DE TÍTULOS DA PARCELARIA DE SAN VICENTE DE VIGO, QUE PORÁ FIN A UN PROCESO PENDENTE DESDE HAI DÉCADAS

O Concello de Carral está a piques de concluír o proceso de concentración parcelaria de San Vicente de Vigo. Tanto é así, que o pavillón O Espiño viviu, esta mañá, a primeira xornada de entrega de títulos aos propietarios, último paso para finalizar un proceso pendente desde hai décadas. O alcalde de Carral, Javier Gestal, […]