Entries by prensa

CARRAL LEVARÁ A PLENO A CREACIÓN DUN SERVIZO DE TESOURERÍA CONXUNTO CON ABEGONDO E BERGONDO

O Concello celebrará, esta semana, un pleno extraordinario para elevar a proposta de creación dun servizo de tesourería conxunto cos Concellos de Abegondo e Bergondo. Inicialmente, esta agrupación estaría constituída tamén por Miño. Con todo, este último Concello ocupou xa a vacante, polo que o resto de Concellos teñen que volver aprobar esta proposta en […]

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DO PEL-REACTIVA, QUE CONTA CON 112.962 EUROS PARA AXUDAR A MICROEMPRESAS E AUTÓNOMOS

O Concello de Carral abrirá mañá, venres 6 de novembro, o prazo para solicitar as axudas do PEL-Reactiva da Deputación Provincial da Coruña. A contía do programa, de 112.962 euros, servirá para axudar ás microempresas e autónomos con domicilio fiscal en Carral. Do total, o 80% das axudas serán achegados polo ente provincial e o […]

O CONCELLO PREVÉ UN AFORRO DE 3.000 EUROS AO ANO COA NOVA ILUMINACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL BORJA RODRÍGUEZ ANS

O campo de fútbol Borja Rodríguez Ans loce, desde o pasado venres, un novo sistema de iluminación. O Concello de Carral acaba de concluír as obras para instalar o alumeado, tanto no terreo de xogo como nos vestiarios da instalación deportiva. Con estas intervencións, o goberno local aposta, unha vez máis, pola eficiencia enerxética. Tanto […]

O CONCELLO POSPÓN O INICIO DAS ESCOLAS MUNICIPAIS ATENDENDO ÁS RESTRICIÓNS ANUNCIADAS POLA XUNTA

O Concello de Carral acaba de pospor o inicio das Escolas Municipais atendendo á evolución epidemiolóxica da COVID-19 en Galicia. A Xunta de Galicia decretou novas restricións para toda a comunidade que entraron en vigor hoxe, xoves 22 de outubro. Entre elas, o organismo autonómico limita a realización de actividades en instalacións deportivas cubertas a […]

CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS, QUE NESTA EDICIÓN CONTARÁN CON 17 ACTIVIDADES

O Concello abrirá mañá, martes 20 de outubro, o prazo de inscrición para as súas Escolas Municipais. Co fin de reducir o risco de contaxio pola COVID-19, as 17 propostas que conforman a oferta desta edición levaranse a cabo atendendo a un estrito protocolo de seguridade. Así, o desenvolvemento das actividades estará limitado a grupos […]

A VECIÑANZA DE CARRAL PODERÁ SOLICITAR DE NOVO OS PERMISOS PARA REALIZAR QUEIMAS DE RESTOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS

Desde hoxe, xoves 1 de outubro, as persoas interesadas poderán solicitar de novo as autorizacións para queimas en terreos forestais, así como efectuar as comunicacións para as inscritas en parcelas agrícolas. Aqueles veciños e veciñas que desexen obter un permiso ou que precisen máis información poden pórse en contacto co servizo de Medio Ambiente do […]