Concello de Carral
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación Municipal
    • Plenos
  • Novas
  • Sede electrónica
  • Coñece Carral
    • Parroquias
    • Patrimonio
    • Turismo
    • Locais Sociais
    • Edificios Municipais
    • Centro médico
    • Farmacias
  • Suxerencias
  • Menu Menu
  • Link to Facebook
Novas Concello

RACIÓN DE RISAS EN CARRAL A CARGO DOS VENRES DE MONÓLOGO DE SETEMBRO

Carral vivirá un mes de setembro cheo de risas e humor. Todo grazas aos Venres de Monólogo que traerán, entre o 14 e o 28 de setembro a tres monologuistas que arrincarán, sen dúbida, as gargalladas do público carralés.

A primeira actuación terá lugar o venres 14 de setembro, no edificio social Toñito Espiñeira ás 21.00 horas. Pedro Brandariz será o encargado de romper o xeo co seu espectáculo Technologies, unha peza humorística na que o autor abordará a vertixinosa evolución das tecnoloxías cotiás.
Caxoto tomará o relevo a Brandariz tan só unha semana despois co seu espectáculo Que morro!!!, un percorrido polas fontes da tradición oral, a historia e a literatura de Galicia.

Por último, humorista Tito Rober será o encargado de poñer o broche final ao ciclo de monólogos carralés. Farao con Vida e miragres do zume de laranxa.

Todas as actuacións terán lugar no edificio social Toñito Espiñeira ás 21.00 horas. A entrada é libre ata completar o aforamento, e non se permitirá o acceso unha vez que comece a función.

Noite de cinema no Campo da Feira

En paralelo ao ciclo de monólogos, Carral organizará este sábado, 15 de setembro, a proxección da película Pérez, o ratiño dos teus soños. Este filme, que recibiu o Goya como Mellor Película de Animación, é apta para todos os públicos. Esta actividade forma parte do programa de dinamización lingüística Redecinema 2018, impulsado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística. A proxección terá lugar ás 21.00 horas no Campo da Feira de Carral, e no caso de que chova, trasladarase ao Toñito Espiñeira.

CARTELCARRAL  PEREZ O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS

O sábado 15 de setembro terá lugar a proxección do filme Pérez, o ratiño dos teus soños

13 Setembro, 2018/by prensa
Tags: Ciclo Monólogos Carral, Cultura Carral, Humoristas, Monólogos Carral, Venres de Monólogo
Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on Pinterest
  • Share on LinkedIn
  • Share on Tumblr
  • Share on Vk
  • Share on Reddit
  • Share by Mail
https://carral.es//wp-content/uploads/2018/09/Cartel-venres-de-monólogo-2018.jpg 1463 1037 prensa https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png prensa2018-09-13 14:48:252018-09-17 11:15:21RACIÓN DE RISAS EN CARRAL A CARGO DOS VENRES DE MONÓLOGO DE SETEMBRO
You might also like
Concello Carral Venres de Monólogo RACIÓN DE RISAS EN CARRAL A CARGO DOS VENRES DE MONÓLOGO DE SETEMBRO
BOCIXA E GALLEGO PRESENTARÁN O SEU DOCUMENTAL “ESTRUTURAS. PEL CONTRA PEL”
Ciclo de Cine Concello Carral CARRAL VIVIRÁ UN OUTONO DE PELÍCULA CO SEU CICLO DE CINE
Carral recolleu 200 quilos de alimentos e 105 litros de leite para as familias con necesidades do municipio durante a XVI Festa do Pan CARRAL RECOLLEU 200 QUILOS DE ALIMENTOS E 105 LITROS DE LEITE PARA AS FAMILIAS DESFAVORECIDAS NA XVI FESTA DO PAN
O CAMPO DA FEIRA VOLVE ACOLLER PELÍCULAS AO AIRE LIBRE
Sinatura do convenio entre José Luis Fernández Mouriño e Matilde Gestal Castro JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ MOURIÑO ASINA UN CONVENIO COA FAMILIA DE ‘CARDOÑA’ PARA QUE SEXA O CONCELLO QUEN CUSTODIE E CONSERVE O MATERIAL DO FOTÓGRAFO
CULTURA OFRECE UN OBRADOIRO PARA APROVEITAR A GASTRONOMÍA DO ENTROIDO
BRANCANEVES ABRE GALICREQUES EN CARRAL

Novas recentes

  • CARRAL REMATA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE CUNETAS E CANALIZACIÓN DE PLUVIAIS EN SOAVILA
  • SUSPENSIÓN DA FEIRA LOCAL DE CARRAL O 4 DE SETEMBRO POR COINCIDENCIA COAS FESTAS PATRONAIS
  • Publicadas desde o departamento de Educación as listaxes de admitidas no programa de madrugadores 26/27
  • CONVÓCANSE SUBVENCIÓNS PARA AS ENTIDADES NON LUCRATIVAS DE CARRAL
  • CARRAL MODERNIZA O EQUIPAMENTO DO COMPLEXO DEPORTIVO PARA CONSOLIDALO COMO REFERENTE NA COMARCA
  • O ALCALDE DESBLOQUEA UNHA “DEMANDA HISTÓRICA” AO ACADAR UNHA AXUDA PARA AS BANCADAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE OS CAPELOS
  • O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO 23 DE AGOSTO A VII FESTA DA AUGA NAS PISCINAS MUNICIPAIS
  • CARRAL AUNARÁ GASTRONOMÍA E MÚSICA TRADICIONAL NA LI FESTA DA EMPANADA E DO FOLCLORE GALEGO
  • CARRAL INICIA AS OBRAS NO CEIP DE TABEAIO COA VISTA POSTA EN CONTINUAR MELLORANDO OS CENTROS DE ENSINANZA
  • O CONCELLO DE CARRAL E A U.D. CARRAL ORGANIZAN A V EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL DE VERÁN
  • Concello e Xunta axuntan esforzos para ampliar o espazo e a funcionalidade da escola A Galiña Azul
  • O alcalde propoñerá destinar 800.000 euros do remanente a desbloquear “proxectos estratéxicos” para Carral
  • Carral abrirá mañana el plazo de solicitud del servicio municipal de Madrugadores
  • Carral aposta pola seguridade viaria e investirá 225.000 euros para mellorar a estrada do Quenllo
  • O CONCELLO DE CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO
  • ACTA DA COMISIÓN DE VALORACIÓN DA SOLICITUDE DE AXUDAS AO ESTUDO MUNICIPAIS DO CURSO 2025/2026
  • ARRANCAN EN BEIRA LOS TRABAJOS PARA LOCALIZAR UNA DE LAS FOSAS DE LA REPRESIÓN FRANQUISTA
  • O CONCELLO RECUPERA OS CURSOS DE TENIS E CONSOLIDA A PRÁCTICA DO PÁDEL NA SÚA PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DE VERÁN
  • O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHA RUTA A CABALO PARA GOZAR DA NATUREZA E DO DEPORTE AO AIRE LIBRE
  • O CONCELLO DE CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A DÉCIMA EDICIÓN DO TORNEO DE PÁDEL DE VERÁN
loader-image
Carral
4:53 p.m., Set 15, 2026
temperature icon 24°C
Humidade 41 %
Vento 12 Km/h
Nubes 0%
Última actualización: 6:30 pm

Enderezo:

Praza Campo da Feira, 1
15175 Carral
A Coruña

Enderezo Electrónico:

correo@carral.es

Teléfonos de Contacto:

Concello: 981670002
Casa da cultura: 981672580
Toñito Espiñeira: 981613520

Policía local: 689544311 / 981670002
Garda Civil: 981670203
Centro de saúde: 981672186

© Copyright Concello de Carral      · Ver política de cookies     · Ver política de privacidad     · Ver aviso legal     · Ver declaración de accesibilidad
  • Link to Facebook
Link to: A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS DO MAGO ANTÓN CHEGA A CARRAL Link to: A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS DO MAGO ANTÓN CHEGA A CARRAL A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS DO MAGO ANTÓN CHEGA A CARRAL Link to: PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS 2 E 4, NO ANO 2018 Link to: PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS 2 E 4, NO ANO 2018 PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS 2 E 4, NO...
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Concello de carral