O CAMPO DA FEIRA VOLVE ACOLLER PELÍCULAS AO AIRE LIBRE
O ciclo anual Noites de película que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, volve esta semana con dúas películas de gran éxito.
Bohemian Rhapsody, o biopic sobre Freddie Mercury e o seu grupo Queen é a película que se ofrecerá o martes 1 de setembro, mentres que o thriller Quien a hierro mata presentarase o mércores 2 de setembro.
Ámbalas proxeccións comezarán ás 22:00 h.
Durante as películas é obrigatorio o uso da máscara e manter a distancia de seguridade.







![Cartel 34×48 cm [mar] – De Portugal a Galicia, Fado 2web](https://carral.es//wp-content/uploads/2016/06/Cartel-34x48-cm-mar-De-Portugal-a-Galicia-Fado-2web.jpg)




