A FESTA DA EMPANADA DE CARRAL ACHÉGASE AO MEDIO SÉCULO DE VIDA AFIANZÁNDOSE COMO UNHA CITA GASTRONÓMICA DE REFERENCIA NA COMARCA
A Festa da Empanada de Carral achégase ao medio século de vida, e faio cunha saúde de ferro: afianzándose como unha cita gastronómica de referencia en toda a comarca e coa previsión de que este xoves véndanse máis de 12.000 racións desta delicatessen con selo carralés.
Hoxe, martes 4 de setembro, o Concello de Carral e as panaderías participantes presentaron a nova edición da festa, que cumpre corenta e cinco anos de vida. Ao acto asistiron o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, e representantes dos catro obradoiros: Panadería Da Cunha, Panadería Cañás, Panadería Manuel Rodríguez e Panadería Pedro Fernández.
![PRESENTACIÓN FESTA DA EMPANADA DE CARRAL](http://carral.es/wp-content/uploads/2018/09/PRESENTACION-FIESTA-DE-LA-EMPANADA-21-1024x774.jpg)
O Concello de Carral e os panadeiros organizaron hoxe, martes 4 de setembro, a presentación oficial da Festa da Empanada