CARRAL CELEBRA A SÚA XIX EXHIBICIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA
A Concellería de Deportes conta con 9 clubs/escolas inscritos e ao redor de 200 deportistas.
O pavillón de Ou Espiño acollerá o domingo 5 de maio, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, comezará ás 11.00 h e terminará ao redor das 13.00 h.
Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 9 clubs, colexios e escolas deportivas municipais; Colexio Brexo Lema (de Cambre), o club Velúa, o club Raiola (Ferrol), …, e por suposto o club Alquimia de e a escola deportiva municipal de Carral, que reunirán a uns 200 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame, o alcalde José Luis Fernández Mouriño, fará entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.
As actividades que desde a concellería de deportes están a levarse a cabo nesta primavera, continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2019. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.