CARRAL CELEBRA ESTE SÁBADO A 2ª COMPETICIÓN AGILITY “COUSADECANS”

Estímase unha participación de case 50 equipos e máis de 250 persoas durante o fin de semana.

Agility 2015-120cartel noviembre 2017_carralEste fin de semana (4 e 5) terá lugar en Carral o 2º Campionato de Agility “CousadeCans”, proba puntuable para o campionato de España 2018 de RSCE (Canina), que contará ademais coa presenza do xuíz internacional Domingos Carneiro (Portugal). Esta proba está organizada polo club de agility CousadeCans, coa colaboración do Concello de Carral, a Finca Ecuestre Abrigosa e GaliciaPet.

Espérase a participación de ao redor de 50 equipos de diferentes partes de España (Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Cataluña) e Portugal, reunindo a máis de 350 persoas entre deportistas e público.

A proba deportiva levará a cabo na Finca Ecuestre Abrigosa (San Vicente-Carral). Como peculiaridade cabe mencionar que discorrerá entre a tarde do sábado e a madrugada do domingo. Así, a primeira rolda empezará sobre as 20.00 para terminar ás 23.59 h do sábado, mentres que a segunda rolda abarcará desde as 00.00 h ata as a 04.00 h do domingo. A competición dividirase en 3 categorías segundo a altura do can: mini, midi e estándar; así como en 3 niveis segundo o grao de dificultade: Grao 1 (cans e guías que realizan todos os elementos e fan percorridos sinxelos), Grao 2 (cans e guías de nivel avanzado que compiten para conseguir clasificarse para o campionato de España) e Grao 3 (cans e guías de alta competición que buscan clasificarse para o campionato do mundo).

Os tipos de percorridos son o Jumping e Agility (un de cada, cada grao e cada día). O Jumping é un tipo de competición no que só se executan saltos, túneles e slálom, mentres que o Agility é un tipo de competición no que se executan todos os elementos.  Por último, ao finalizar a proba cada día realízase a entrega de trofeos.

O acceso ao evento será gratuíto, podendo, aqueles interesados solicitar máis información no teléfono 620.67.61.40 ou na Casa da Cultura municipal.