CARRAL REFORZA O SEU APOIO ÁS ASOCIACIÓNS E CLUBS DO MUNICIPIO CON AXUDAS DE MÁIS DE 31.000 EUROS
- O goberno local asinou, nos últimos días, numerosos convenios cos que se apoiará a unha vintena de entidades do municipio.
O goberno local asinou, nos últimos días, numerosos convenios de colaboración con diversas asociacións e clubs do municipio. O obxectivo destes acordos é apoiar a actividade que realizan desde estas entidades, achegando, para iso, axudas por 31.050 euros.
A cantidade servirá para apoiar o labor de preto dunha vintena de entidades. Estas axudas servirán para sufragar a organización de actividades, eventos ou festas, a participación en competicións ou compra de material e equipamento deportivo ou a realización de charlas e xornadas.
Dentro da relación de entidades beneficiarias atópanse os clubs e entidades deportivas, asociacións medioambientais, culturais e tamén comisións de festas de Carral.
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-1-1-1030x773.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-2-1-1030x773.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-3-1-1030x773.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-4-1-1030x773.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-5-1-773x1030.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-6-1-1030x773.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-7-1-1030x773.jpeg)
![](https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Convenios-asociacions-8-1-1030x773.jpeg)