Aberto o prazo de inscrición para a proba de obtención da ESO para maiores de 18 anos.
Para a convocatoria de abril o período estará aberto ata o 21 de febreiro, incluído.
Para a de xuño abrirá do 31 de marzo ao 10 de abril, ambos incluídos.
As persoas matriculadas na primeira convocatoria que non superen a proba consideraranse matriculadas na segunda sen ter que presentar nova documentación.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/02/pexels-gabby-k-6238039-scaled.jpg14402560prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-02-11 14:35:592025-02-11 14:39:42ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A PROBA DE OBTENCIÓN DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
O Concello de Carral dará comezo este vindeiro martes, 4 de febreiro, a III Liga de Pádel, que se disputará entre febreiro e xuño de 2025.
En total disputaranse máis de 80 partidos, nun torneo onde o obxectivo é fomentar a práctica lúdico-deportiva de toda a veciñanza de Carral, facilitando ademais o coñecemento e achegamento a este deporte.
Esta Liga de pádel municipal naceu no ano 2022 na que se reuniu un total de 10 parellas. No ano 2023 foron xa 16 as parellas participantes. E nesta terceira edición conseguiuse alcanzar a cifra de 24 parellas divididas en dúas categorías:
– Categoría A (nivel alto medio) con 7 parellas rexistradas.
– Categoría B (nivel medio iniciación) cun total de 17 parellas rexistradas. O formato do torneo iniciarase cunha fase de Liga na que as parellas se enfrontarán entre si segundo a categoría na que están rexistradas. Esta fase desenvolverase desde o 4 de febreiro ata o 8 de maio, disputándose os partidos os martes e xoves de cada semana. As datas e horarios dos encontros son establecidos pola organización; con todo, estes poden ser modificados de mutuo acordo entre as parellas contendentes e coa aprobación da organización. Unha vez terminen o formato de Liga, as parellas clasificaranse para o cadro eliminatorio de cada unha das categorías. Esta nova fase da competición estenderase desde o 13 de maio ao 15 de xuño.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/01/pexels-ollivves-1103829-scaled.jpg17072560prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-01-30 12:08:362025-01-30 12:08:37O 4 DE FEBREIRO DARÁ COMEZO A III LIGA DE PÁDEL DE CARRAL
Debido á alerta laranxa por ventos e choiva que dará comezo na madrugada de mañá domingo, 26 de xaneiro, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia notificou a suspensión de toda actividade deportiva Federada e Xogade no exterior en todos os concellos afectados pola alerta laranxa por vento no día de mañá, afectando ao Concello de Carral.
Rogamos que se extremen as precaucións para evitar calquera risco e, ante calquera emerxencia, poñédevos en contacto co 112.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/01/pexels-pixabay-459451-scaled.jpg17402560prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-01-25 14:13:312025-01-25 14:13:31AVISO DE SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE DEPORTIVA NO EXTERIOR POR MOR DA ALERTA METEOROLÓXICA
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia notificou a suspensión de toda actividade deportiva Federada e Xogade no exterior en todos os concellos afectados pola alerta laranxa por vento deste venres, 24 de xaneiro.
Así, quedan suspendidas todas as actividades deste tipo no Concello de Carral entre as 18:00 e as 21:00 horas de hoxe.
Tamén, a Comision Escolar de Alertas acordou a suspensión de actividades no exterior en todos os centros educativos nestas zonas de aviso, a partir das 18:00 horas de hoxe.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/01/pexels-pixabay-459451-scaled.jpg17402560prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-01-24 17:31:312025-01-24 17:47:25AVISO DE SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE DEPORTIVA NO EXTERIOR POR MOR DA ALERTA METEOROLÓXICA
Os Reis Magos repiten, un ano máis, a súa cita en Carral, ofrecendo un percorrido por distintas parroquias do municipio. As Súas Maxestades chegarán este domingo, 5 de xaneiro, e sairán coa cabalgata, se as condicións meteorolóxicas o permiten, a partir das 15:30 horas para cumprir os desexos dos máis pequenos e pequenas.
Itinerario con horarios aproximados:
O Xalo – 15:30 h – Local Urbanización
Cabrois – 15:45 – Parque
Quembre – 16:00 h – Local Social
Tabeiao – 16:20 – Campo da Festa
Barcia – 16:30 – Local Social
Gosende – 16:50 – Cruce
A Cabra – 17:00 – Cruce
Sergude – 17:15 – Local Social
O Canedo – 17:30 – Local Social
San Vicente – 17:45 – Local Social
As Travesas – 18:00 – Casa Avelina
Cañás – 18:15 – Local Social
Veira – 18:30 – Local Social
Carral – 19:00 e chegada ao pavillón do Espiño
O percorrido polas parroquias estará condicionado á previsión meteorolóxica. No caso de cancelarse daremos aviso a través das canles habituais do Concello.
Tamén, a partir das 18:00 horas, haberá festa infantil, inchables, animación e xogos no pavillón do Espiño para amenizar a chegada das Súas Maxestades, que teñen prevista a entrada no recinto sobre as 19:00 h. Ademais todas as persoas asistentes poderán gozar do tradicional roscón de Reis e chocolate. Toda a rapazada que o desexe poderá levar as súas cartas ao pavillón para entregarllas aos Reis Magos e que atendan os seus desexos.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/01/photo_6035259311464236425_y.jpg9601280prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-01-03 13:28:002025-01-05 13:44:14CARRAL VOLVERÁ A VIVIR A SÚA TRADICIONAL TARDE DE REIS, CON CABALGATA E FESTA INFANTIL
A rapazada que o desexe poderá acudir ao rexistro do Concello a recoller a súa carta (en horario de mañá ata as 15:00 h, agás 31 de decembro e 1 de xaneiro) ou DESCARGALA AQUÍ e imprimila directamente na casa.
O Buzón Real está xa instalado diante do Concello durante todo o día para que a rapazada de Carral poida entregar a súas cartas de Reis.
https://carral.es//wp-content/uploads/2016/01/los-reyes-magos.jpg10621600prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-27 14:35:492024-12-27 14:40:27BUZÓN REAL EN CARRAL
O Concello de Carral fixo entrega hoxe, na Casa do Concello, dos premios do Concurso ‘Tapeando Carral’ 2024.
O Velo de volandeira do Pacífico, do local Terra, proclamouse vencedor por partida dobre ao facerse co galardón ao mellor petisco tanto na votación popular como na de xurado. Os premios para o establecemento gañador consistiu en trofeos e agasallos proporcionados por diferentes entidades colaboradoras.
O certame tivo lugar do 5 ao 8 de decembro e no reconto da votación do público, a receita proposta por Terra obtivo un total de 90 votos, seguido polos 67 que acadou O bebedeiro sen fin, do Pincho, e os 59 da Filloa Rechea, do Bar Tropezón.
O podio do xurado profesional mantivo a mesma orde sendo o petisco de Terra o máis votado, 78 votos; o do Pincho, con 74; e o do Bar Tropezón, con 72.
En canto ao público participante, o primeiro premio recibiu o seu peso en cervexa, 1 pack de chorizo e lacón de Vilalba e visita e comida en Bodegas As Laxas. O segundo e o terceiro premio tamén foron cortesía de Estrella Galicia, Jamones y Embutidos Elote e Exclusivas Rivas Suárez, entidades colaboradoras do certame.
Desde o Concello celebran o éxito acadado nesta edición do Tapeando Carral, e sinalan a importancia destas iniciativas para “impulsar o consumo nos establecementos hostaleiros da vila e dar a coñecer a magnífica oferta gastronómica do municipio”.
O alcalde, Javier Gestal, e a concelleira de Comercio e Turismo, Natalia Patiño, foron as autoridades encargadas de entregar os premios ás persoas gañadoras en cada categoría, ás que felicitaron polo seu enorme talento e por participar nesta iniciativa.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/DSC4371-scaled.jpg17112560prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-20 21:02:512024-12-20 21:03:25ENTREGA DE PREMIOS DE TAPEANDO CARRAL 2024
O edificio social Toñito Espiñeira de Carral acollerá, desde hoxe e ata o 21 de xaneiro, a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’, da colección Afundación.
No día de hoxe tivo lugar a visita de presentación da mostra, á que acudiron o alcalde de Carral, Javier Gestal; así como Vanessa Sende Cardoso, da Área de Cultura de Afundación; José Manuel Vilariño Orgeira, coordinador Institucional ABANCA; Begoña Caamaño Ferrio, directora de zona ABANCA e Jose Freire Cofreces, director da oficina del ABANCA de Carral.
Esta exposición recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. A exposición estará aberta de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h. O 24 e 30 de decembro permanecerá pechada.
As persoas que visiten esta selección fotográfica poderán visualizar as circunstancias vitais das pasadas xeracións, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.
Ademais, desde a organización animan a doar alimentos no momento da entrada, un xesto solidario para axudar ás persoas que máis o necesitan. Esta iniciativa de Obra Social ABANCA ofrece acceso a eventos culturais a cambio da contribución solidaria de alimentos non perecedoiros ou produtos de primeira necesidade.
A mostra que agora chega a Carral englóbase dentro de CORRENTE CULTURAL, a aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia. O proxecto nace coma un contedor de arte que vai rotando polos concellos, e contando coas colaboración municipais, para construír canda eles unha rede de calidade. As iniciativas do ciclo contan cunha coidada produción e cunha querenza pola tradición galega.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/DSC07120.jpg11522048prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-20 16:17:082024-12-20 16:18:33O EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA ACOLLE A EXPOSICIÓN ‘NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES’, DE AFUNDACIÓN
O pasado 13 de decembro, entregáronse no departamento de Servizos Sociais máis de 800 kg de alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza e de hixiene, a través da campaña solidaria organizada no polígono industrial do municipio.
Aplicaciones de Bombeo Industrial S.L e Obras Civiles Del Atlántico S.L. foron as empresas que organizaron esta iniciativa solidaria, que xa se leva realizando durante varios anos consecutivos nesta época do Nadal, e que colabora con Concello para axudar ás familias do municipio que están en situación de vulnerabilidade.
Desde o Concello de Carral agradecemos toda a solidaridade prestada.
No día de onte, a delegada territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Belén Docampo, xunto a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e a directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio climático, Pilar Arias, visitaron o Concello de Carral, acompañadas polo alcalde, Javier Gestal, onde supervisaron a actuación realizada nos distintos puntos polos cales discorre a Ruta da Auga.
O goberno local obtivo esta axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) destinada aos estudos e investimentos vinculadas á conservación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural, así como á sensibilización ecolóxica na Rede de Reservas de Biosfera de Galicia.
Esta actuación, baixo o marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, ten o obxectivo de sinalizar este roteiro, de 9,3 km de lonxitude, para dar valor á conservación e recuperación das zonas naturais do municipio, que nesta ocasión afectan as parroquias de San Vicente e Cañás, na contorna do río Barcés.
Entre as funcións ambientais desta actuación destacan a sensibilización do espazo natural das persoas visitantes, o fomento do lecer responsable coa natureza, a axuda ao mantemento e conservación das especies e os seus hábitats ou axudar a coñecer os valores naturais e culturais máis relevantes do río Barcés no Concello de Carral.
A instalación destes elementos realizarase en dous tramos, un nesta anualidade 2024 na que se instalarán catro mesas informativas con códigos QR e outra durante o próximo ano, con diversas pezas informativas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/11/10.jpg10801080prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-11-13 11:00:442024-11-13 11:00:45VISITA AO DISTINTOS PUNTOS DA RUTA DA AUGA DE CARRAL
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.