O Concello de Carral solicitou unha subvención da @Deputación da Coruña no marco do FOEAC-2 Programa II de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025.

Así, no BOP de hoxe publícase a concesión provisional desta axuda, que destinará a Carral o importe máximo da subvención: 7.000 euros. Consulta a orde aquí.

Dita axuda servirá para que a entidade provincial financie os obradoiros de memoria para persoas adultas que se realizarán no noso municipio.

Estes obradoiros teñen como obxectivo fortalecer a memoria, a atención e outras capacidades mentais que se poden ver afectadas co paso dos anos. Este tipo de actividades non só teñen beneficios a nivel individual, senón que tamén contribúen a combater a soidade non desexada.

Dende o equipo de goberno local seguiremos traballando por novas axudas e subvencións que melloren a vida da nosa veciñanza.

O Concello de Carral solicitou unha subvención para entidades locais para a promoción da igualdade e como resultado obtivemos uns fondos por importe de 51.760,50 euros.

Dita axuda servirá para que a Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade financien os campamentos de verán, o concilia e os campamentos de Nadal.

Estas actividades de conciliación laboral e familiar son fundamentais para as familias do municipio.

Como mostra, neste momento estase a celebrar o campamento de verán, no que preto de 200 rapaces e rapazas de Carral participan nesta actividade de conciliación que ofrece aos máis pequenos e pequenas as distintas modalidades deportivas que se practican no municipio.

Dende o equipo de goberno local seguiremos traballando por novas axudas e continuaremos apoiando a conciliación laboral e familiar.

O Concello celebrará o xoves, 14 de agosto, e o venres, día 15, a décima edición do seu ciclo Músicas Íntimas. O programa volve con varias novidades, a primeira en relación ao formato dos espectáculos e a segunda encanto á localización dos mesmos. Por un lado, ademais de música, esta convocatoria incluirá tamén espectáculos de danza previos aos concertos, ofrecendo así ao público asistente unha experiencia máis completa. Pola outra banda, as actividades levaranse a cabo no Campo da Feira de Carral.


A primeira proposta terá lugar o xoves, 14 de agosto, ás 20.30 horas. Compañía de Danza será a encargada de inaugurar o ciclo
con Un baile ceibe. Trátase dunha adaptación coreográfica de Ceibe, unha peza contemporánea de baile e música tradicional que afondará na relación entre o xénero e a nosa tradición. Ao longo do espectáculo, os bailadores convidarán ao público a reflexionar sobre as categorías de xénero e os estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.


Ese mesmo día, ás 21.00 horas, chegará Abril, un proxecto integrado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente
(violín e voz). Ambas as dúas interpretarán distintas melodías tradicionais galegas e ibéricas, adaptándoas ás sonoridades actuais
e cunha personalidade e frescura propias. No concerto soarán instrumentos como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk, dando
como resultado un repertorio que combinará a tradición e a modernidade.

Programa do venres

Analepsis, de Paula Quintas será a función de danza que inaugurará a xornada do venres, 15 de agosto (ás 20.30 horas).
Neste caso, trátase dun actuación de danza e circo na que se exporá unha historia de acción e reacción entre o corpo e o obxecto. Durante a mesma, o corpo verase sometido a diferentes experiencias acrobáticas e de funambulismo dirixidas polo obxecto.

O peche de Músicas Íntimas virá da man de SeKadra, un dúo galego-brasileiro formado a principios de 2022 e composto por
Arturo Rúa (teclados e sintetizadores) e Paulo Silva (batería, percusión e sintetizadores). O dueto ofrecerá un recital baseado na
música tradicional galega e con influencias da tradición escandinava, o jazz, a música flamenca e a brasileira. A pesar da
súa curta traxectoria, SeKadra actuou xa en numerosos escenarios, salas e teatros de España e participou tamén no festival alternativo de recente creación “Sons D’Ardora”. O seu concerto arrincará ás 21.00 horas.

A entrada é gratuíta. As persoas interesadas en asistir poderán obter máis información sobre as distintas propostas na páxina web
do Concello de Carral.

Durante este mes de xullo foron máis de 50 os nenos e nenas participantes nestes cursos municipais.

A concellería de Deportes clausurou este xoves 31 de xullo os cursos de natación que se viñeron impartindo nas piscinas municipais durante todo o mes.

Foron un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos,  os que participaron nestes cursos estivais que se impartiron en horario de mañá de luns a venres.

Os participantes dividíronse en 3 quendas en función das súas idades, empezando a primeira quenda ás 11:45 h e terminando a última ás 14:00 h. As clases foron impartidos por monitores especialistas tendo unha duración de 45 minutos e sempre en presenza dun socorrista.

Cursos mes de agosto

Cabe destacar que este venres, dan comezo os cursos de natación do mes de agosto, nos que están inscritos un total de 63 nenos e nenas. Do mesmo xeito que no mes anterior os participantes divídense en 3 quendas en función da súa idade, establecéndose dentro de cada quenda un grupo de iniciación e outro de perfeccionamento en función do nivel de cada 1 dos alumnos.

Este curso impartirase entre o 1 e o 29 de agosto, de luns a venres e nos mesmos horarios que no mes de xullo.

Un total de 25 parellas dividas en 2 niveis participan a 9ª edición deste torneo estival.

Este xoves dará comezo o IX Torneo de Pádel de verán de Carral que se prolongará ata o próximo 27 de setembro.

En total foron 52 xogadores (26 parellas) os rexistrados nesta competición con formato de parellas e mixto. As parellas organízanse en función do seu nivel de xogo. Así no nivel A (medio-alto) inscribíronse 8 parellas, mentres no nivel B (medio-baixo) foron un total de 17 as parellas rexistradas.

A competición dará comezo o próximo o xoves 31 de xullo e prolongarase ata o 27 de setembro. Durante as primeiras semanas (ata o 13 de setembro) disputarase unha primeira fase de liguiña por grupos, dos que se clasificarán os mellores para a fase eliminatoria de cada categoría (cuartos de final, semifinais e final), que terá lugar entre o 15 e o 27 de setembro.

Os partidos, un total de 70, disputaranse en horario de serán, a partir das 19.30 h, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

As idades dos xogadores abarcan desde os 16 ata os 56 anos, sendo maioritariamente veciños de Carral.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un carácter gratuíto.

O verán pasado, máis de 50 nenos e nenas participaron nestes cursos durante o mes de xullo.

.

INDICACIÓNS:

  • As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 29 de agosto.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2008, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • O prazo de pago será dende o 29 de xullo e o 4 de agosto.
  • Formas de pago: (28 €/alumno/a)
    • Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será IMPRESCINDIBLE enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
    • Con Tarxeta bancaria nas dependencias do Complexo Deportivo

INDICACIÓNS:

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).

O goberno local continúa apostando pola conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas durante as épocas non lectivas e tamén durante o período escolar. O Concello abrirá o vindeiro luns, 28 de xullo, o prazo de solicitude do servizo municipal de Madrugadores, xestionado directamente desde o departamento de Educación. A prestación estará dispoñible desde o 9 de setembro, primeiro día do curso académico 2025-2026, no CEIPP Vicente Otero Valcárcel.

Por medio deste servizo, os nenos e nenas poderán acceder ao centro de ensino ás 7.30 horas. Desde ese momento e ata o inicio das clases, os alumnos e alumnas estarán atendidos por un equipo de monitores.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. A ficha de inscrición está dispoñible xa na sede electrónica do Concello e deberá presentarse, xunto co resto de documentación, a través da sede ou presencialmente no rexistro municipal. O período de solicitude estará dispoñible entre o luns, 28 de xullo (9.00 horas) e o venres, 8 de agosto (ás 14.00 horas).

Un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos inauguraron, esta semana, os cursos de natación do mes de xullo de Carral. Trátase dunha das actividades estrela do verán e que congrega, ano tras ano, a unha gran cantidade de participantes que aprenden a nadar ou que perfeccionan a súa técnica na auga. O Concello está a preparar xa os cursos de agosto, cuxo prazo de inscrición arrincará o luns, 14 de xullo, podendo tramitarse as solicitudes no rexistro municipal e em a sede electrónica.

Os mozos e mozas inscritos nos de xullo están divididos en tres quendas en función das súas idades. As sesións de natación son de 45 minutos e realízanse entre as 11.45 e as 14.00 horas. Así mesmo, en cada quenda organízanse grupos de iniciación e perfeccionamento en función do nivel dos participantes.

Carral despediu, esta semana, a súa terceira Liga de Pádel, na que se enfrontaron un total de 24 parellas divididas en dúas categorías: a A, para os xogadores máis avanzados, e a B, para os de nivel intermedio. Tras unha dura contenda, a parella formada por Marcos Sande e Samuel Ferreiro proclamouse campioa na clase A, mentres que Rodrigo Fuentes e Alejandro Sánchez fixeron o propio na B. O alcalde, Javier Gestal, fixo entrega dos trofeos aos campións e subcampións, aos que felicitou por “o esforzo realizado durante a competición”.

Na primeira fase da liga, disputada entre febreiro e maio, celebráronse un total de 62 encontros. A continuación, comezou a fase eliminatoria, na que se clasificaron as catro mellores parellas de cada grupo. A gran final tivo lugar o pasado xoves, saíndo dela dous campións e dous subcampións en cada categoría. Nas segundas posicións quedaron Santiago Rivera e David Lameiro (A) e Manuel Cortés e Raúl Varela (B).

O Concello abrirá, proximamente, o prazo de inscrición para o Torneo de Pádel de Verán. A actividade dará comezo a mediados de xullo e prolongarase ata a metade de setembro.

O Concello de Carral súmase, un ano máis, á campaña Liberdade de Ser e Sentir da Deputación da Coruña. A iniciativa ponse en marcha co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.