O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, e o concelleiro, Óscar Bodelo, mantiveron onte unha reunión co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para renovar a súa tramitación. Como avanza o rexedor, o de onte non será o único encontro, senón que se realizarán outros dous nas próximas semanas cun claro obxectivo: proceder á aprobación provisional deste documento.
O alcalde valorará xunto ao persoal municipal e á empresa redactora se as modificacións introducidas nos últimos anos requiren dunha nova exposición pública antes de promover a aprobación provisional.
Retomar o Plan Xeral foi un dos obxectivos que Fernández Mouriño se marcou cando recuperou a Alcaldía: “pois é un asunto que está pendente dende hai varios anos”. A intención do primeiro edil é continuar avanzando na súa tramitación, entendendo que del depende “o futuro e o crecemento de Carral”.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/10/FOTO-CARRAL-Reunion-PXOM.jpg9801200prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-10-01 13:30:322025-10-01 13:30:32O ALCALDE RETOMA A TRAMITACIÓN DO PLAN XERAL COA VISTA POSTA NA PRÓXIMA APROBACIÓN PROVISIONAL
O teatro será protagonista nos vindeiros meses en Carral. O Concello celebrará unha nova edición do Ciclo de Teatro de Outono ofrecendo nove funcións para públicos de todas as idades. As representacións comezarán esta mesma semana, coa primeira este venres, 3 de outubro. Todas terán lugar no local Xente Nova de Tabeaio ás 20.30 horas.
Teatro de Ningures será a encargada de inaugurar o programa con As gardiás ou o nó do tecelán (3 de outubro). O humilde piso de Rosa é un refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores decididas a preservar a súa independencia: Rosa (que se atopa en cadeira de rodas) e as súas compañeiras Ana, Marga e Susana. Cando a filla da primeira lle propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do que significa envellecer ben.
Unha semana despois, De Ste Xeito Producións tomará a remuda con Neura (10 de outubro). Trátase dunha comedia que aborda o tema da saúde mental a través da historia de amor e desamor de Edu e Sonia, unha relación que rematou, precisamente, a causa deses trastornos.
As damas de Ferrol de Teatro do Noroeste será a seguinte función do Ciclo de Teatro de Outono (17 de outubro). As protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores que contan, entre discusión e discusión, partes das súas vidas. A obra foi recoñecida cos premios Luisa Villalta da Deputación da Coruña por proxectos pola igualdade.
Verdeveras Expresións Artísticas chegará ao municipio con As formas do amor (24 de outubro). Na peza cóntase a historia dun deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida.
Tolóptica, de Código Azul, será a seguinte representación do programa (31 de outubro). Os protagonistas son Leo e Brais, dous empresarios da óptica Tolóptica. Estes asisten á 24ª convención da compañía, na cal van entregar os premios ao mellor vendedor de primeira clase da empresa, entre outros.
Programación de novembro
A programación de novembro arrincará da man do grupo Butacazero e de O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada (7 de novembro). A actriz Esther F. Carrodeguas abordará con sinceridade crúa e humor irónico a súa relación co seu corpo, marcada pola gordofobia da sociedade.
Cortello de amor de Amorodio Teatro será a seguinte proposta no calendario (14 de novembro). Nela cóntase a historia de Jack e Rose, unha parella que ronda a trintena e que levan xuntos dende a adolescencia. Ambos van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, e logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros da banda non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite e durmir eles dous no faiado.
Desexo, de Talia Teatro, será a antepenúltima función do ciclo, e chegará o 21 de novembro ao local social Xente Nova. Nela, a compañía aborda como na sociedade máis sexualizada da historia continúa habendo tabús arredor de cuestións como a educación sexual das novas xeracións, por exemplo.
Compañía, de Xampatito Pato, será a obra de peche do programa o 28 de novembro. Trátase dun espectáculo que fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo onírico.
A entrada será libre ata completar aforo. En todo caso, unha vez que estea iniciada a función, non se permitirá o acceso á sala.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/09/Teatro-de-Outono-de-Carral.jpeg12001600prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-09-30 14:23:592025-10-17 11:13:22NOVE COMPAÑÍAS SUBIRÁN Á ESCENA NO CICLO DE TEATRO DE OUONO DE CARRAL
A partir do vindeiro 1 de outubro arrinca o curso 2025-2026 das escolas deportivas e socio-educativas municipais.
Para outras consultas ou aclaracións, pódense poñer en contacto coa Casa da Cultura (981.67.25.80 – casadacultura@carral.es) ou no departamento de Educación (678.338.872 – educacion@carral.es).
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Interior-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2025-09-26 10:14:012025-09-26 10:14:01PUBLÍCANSE OS HORARIOS E DATAS DE INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E SOCIO-EDUCATIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 2025-2026
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Exterior-1-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2025-09-18 14:56:322025-09-18 15:37:30PUBLÍCANSE AS LISTAXES, GRUPOS E HORARIOS DAS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E SOCIO-EDUCATIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 25-26
O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, marcou xa as súas prioridades e liñas de traballo para as próximas semanas. Nos seus primeiros días no cargo, o rexedor contactou co ANPA do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para preguntar pola situación actual no centro de ensino. Neste sentido, informóuselle de que persoal técnico acudirá, a próxima semana, ao colexio para facer unha avaliación das necesidades en canto a persoal. Fernández Mouriño mostrou o seu apoio á asociación de nais e pais, comprometéndose a dar traslado de todas as súas peticións “para que os alumnos e alumnas reciban a mellor atención posible”.
O alcalde avanza que, proximamente, pedirá reunións coas Consellerías de Sanidade, coa de Presidencia, Xustiza e Deportes, con Augas de Galicia e co SEPES. O obxectivo será abordar “cuestións de calado para ou avance do noso municipio”. Entre elas, abordará temas como o futuro do centro de saúde ante a previsión dun aumento de poboación, o estado da depuradora de O Quenllo ou o proceso de ampliación do polígono industrial.
Primeira reunión co persoal municipal
Fernández Mouriño mantivo, ademais, unha primeira reunión de traballo co persoal municipal. Nela, o rexedor marcou as prioridades para os próximos meses e animou aos traballadores para continuar “remando nunha mesma dirección para que ou noso municipio siga medrando”. No encontro tomaron parte tamén os concelleiros Isabel Pérez, Óscar Bodelo, Cristina Casal e Francisco Bello.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/09/FOTO-CARRAL-Encuentro-personal-municipal-scaled.jpg19202560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-09-12 16:48:412025-09-12 16:48:42O ALCALDE PIDE A COLABORACIÓN DE EDUCACIÓN PARA RESOLVER AS PETICIÓNS DO VICENTE OTERO
En el pleno extraordinario celebrado esta mañana se aprobó la segunda fase del POS+2025 adicional de la Diputación, que se destinará a la ejecución del proyecto.
Las obras permitirán, además, resolver los problemas de infiltraciones de auga y acometer otras actuaciones, como la sustitución de luminarias de la pista.
O Concello celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que a corporación municipal aprobou, por unanimidade, a segunda fase do POS+2025 adicional da Deputación da Coruña. A achega provincial destinarase á execución do proxecto de mellora e ampliación do pavillón do Espiño. Trátase, tal e como explica o alcalde, Javier Gestal, “dunhas obras coas que se acondicionará o estado actual e coas que, ademais, se incrementará a capacidade desta instalación, cun gran uso ao longo de todo o ano”.
As intervencións do Concello contarán cun orzamento total de execución de 395.994,39 euros cos que se mellorarán as condicións e se ampliará a edificación. Por unha banda, proponse un incremento da superficie útil do pavillón cunha nova bancada. Na actualidade, as gradas teñen capacidade para 150 persoas, pero coa solución adoptada haberá espazo para outros 200 espectadores adicionais. Trátase dunha medida que se materializará coa construción dun volume compacto de 218 m² que estará adosado á edificación existente. Por outra banda, o Concello resolverá os problemas de filtracións de auga detectados nalgúns puntos.
As actuacións incluirán tamén outras melloras na dependencia deportiva e na súa contorna, como a substitución da varanda exterior, a colocación dunha valado e dun portal e o cambio das luminarias da cancha polideportiva por unhas novas de tipo LED.
Festivos locais
O pleno apoiou tamén por unanimidade a proposta de festivos locais para o 2026, que serán o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 8 de setembro, coincidindo coas festas do Socorro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/09/CARRAL-PLENO-SEPTIEMBRE-scaled.jpeg19202560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-09-04 12:39:382025-09-04 12:42:14CARRAL MELLORARÁ E AMPLIARÁ O PAVILLÓN DO ESPIÑO CUNHA NOVA BANCADA PARA OUTROS 200 ESPECTADORES
O alcalde de Carral, Javier Gestal, formalizou, esta semana, a compra dunha nova parcela de 4.304 m2 situada en Polígono número 15. A compra deste terreo, correspondente coa parcela 85 de Ponche de A Brexa, despexará o camiño para facer realidade uno dos compromisos do rexedor ao comezo do mandato: a ampliación da área recreativa de A Brexa.
Como explica o primeiro edil, trátase dun paso “fundamental para seguir incrementando o uso e os servizos desta zona”. Na actualidade, o espazo conta cun skatepark, zona de mesas e áreas verdes e acolle, anualmente, a Festa da Familia do Concello.
A adquisición posibilitará a conexión co aparcamento e, ademais, a recuperación dos elementos etnográficos asociados coa auga, como o río de San Amaro e un antigo muíño localizado nesta contorna.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/09/CARRAL-PARCELA-5.jpg10801920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-09-03 13:59:182025-09-03 14:14:37O CONCELLO FORMALIZA A COMPRA DUNHA PARCELA DE 4.304 M2 COA QUE AMPLIARÁ A ÁREA RECREATIVA DE A BREXA
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/empanadas-5134472_960_720.jpg640960prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-08-26 14:36:192025-09-03 14:14:0350ª FESTA DA EMPANADA
• As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 12 de setembro. • Ofertaranse actividades para diferentes idades en distintas categorías: deportes e educación.
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abrirase o luns 25 de agosto ás 09:00 horas e estará activo ata as 14.00 h do 12 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas das modalidades
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros mensuais.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, patinaxe, rítmica, xogos predeportivos e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio durante o horario escolar.
Equitación, baloncesto e pádel serán as opcións para o público xeral.
Pola outra banda, os adultos terán á súa disposición clases de zumba e ximnasia de mantemento en todas as parroquias. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:20 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
O centro acollerá tamén distintas actividades extraescolares entre as que se inclúen: robótica, debuxo e pintura, inglés, informática, baile moderno ou cociña.
Ademais, a escola municipal de música continuará coa súa formación de música e movemento nas mesmas instalacións.
Asociacións As asociacións ofrecerán diferentes opcións deportivas e culturais para os veciños e veciñas das parroquias.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
O programa estpola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Exterior-1-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2025-08-23 17:40:382025-08-23 18:15:13CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2025-2026
Carral celebrará este vindeiro sábado, 23 de agosto, a sexta edición da Festa da Auga para clausurar a tempada de piscina, que pecharán as súas portas o 7 de setembro.
Esta actividade, que será de acceso libre, desenvolverase de 16:00 a 20:00 horas, tempo no que as persoas participantes poderán gozar de inchábeis, haberá para adultos e para rapazada, e dunha festa da escuma para pechar a xornada, que se realizará en horario de 19:00 a 20:00 h.
Durante este tempo, co obxectivo de atender a gran afluencia de xente nas piscinas, reforzarase o servizo de socorrismo. Ademais, estará presente o servizo municipal de emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil, ademais de ambulancia.
En edicións anteriores participaron unhas 400 persoas ao longo de toda a tarde e, desde o goberno local, esperan que este ano a festa volva a ter unha gran acollida entre a veciñanza.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/DSC09338-scaled.jpg17112560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-08-19 12:29:132025-08-19 12:29:13CARRAL CELEBRA ESTE SÁBADO 23 DE AGOSTO A VI FESTA DA AUGA