O Concello de Carral, a través do Servizo Público de Emprego, vai proceder a contratar dous peóns/albaneis e un oficial de 2ª/albanel ao abeiro da axuda concedida por Resolución da Presidencia 2015/7609 da Excma. Deputación Provincial da Coruña.

A contratación deste persoal SÓ SE PODERÁ REALIZAR A TRAVÉS DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO, oficina de Monelos (A Coruña), segundo o punto 7 das bases do programa de financiamento da Excma. Deputación da Coruña.

Son xa 15 os tenistas inscritos para esta XIII edición desta competición de verán.

 Cartel Torneo de tenis 2015

Ata o próximo 22 de xullo teñen de prazo os interesados para anotarse neste clásico torneo estival. Un ano máis o concello de Carral e o club Marineda convocan este torneo de tenis de verán, que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro nas pistas de municipais.

A falta de 12 días para que se peche a inscrición, son xa 15 os tenistas anotados para disputar esta competición que dará comezo o día 24 de xullo. Os inscritos serán divididos en dúas categorías; menores de 17 anos e maiores de 18. En cada unha delas conformaranse grupos para a disputa dunha liguilla na que se enfrontarán todos contra todos e que durará dende o 24 de xullo ata o día 29 de agosto. Delas formarase o cadro dos oitavos de final para cada unha das categorías, disputándose dende o 29 de agosto e o 10 de setembro as fases finais (oitavos, cuartos e semifinais). Para rematar, o domingo 13 de disputaranse os partidos polo 3º-4 º e a final en ambas as dúas categorías, a partir das 16.30 h nas pistas municipais de tenis (complexo polideportivo de Paleo).

Para máis información poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ao teléfono 981.67.25.80 ou no correo electrónico deportes@concellocarral.com

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrecerá un novo ciclo de cine para que as tardes de tres venres de xullo poidan compartir piscina e películas. Cartel 10º ciclo cine.

O programa deste ciclo comprende tres películas pensadas para os máis pequenos e que se proxectarán ás 6 da tarde, e outras tres producións de éxito para un público maior de 12 anos ou 16 anos que se ofrecen a partir das 20:30 h.

Todas as películas ofreceranse na sala de audiovisuais da Casa da Cultura de Carral.

As entradas son de balde, e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terán vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.

Case 40 chaveiros participan nesta segunda edición.  Read more

Esta fin de semana tivo lugar en Carral o I Campionato de Agility “Cousadecans” organizado polo club co mesmo nome e coa colaboración do Concello de Carral. Esta proba, puntuable para o campionato de España 2016 de RSCE, contou coa presenza do xuíz internacional Domingos Carneiro (Portugal)

 

Os cans participantes na competición son distribuídos en 3 categorías segundo a altura do can: mini, midi e Estándar; así como en 4 niveis segundo o grao de dificultade: Grao 0 ou pre-agility (cans e guías recén iniciados ou moi novos), Grao 1 (cans e guías que realizan todos os elementos e fan percorridos sinxelos), Grao 2 (cans e guías de nivel avanzado que compiten para conseguir clasificarse para o campionato de España) e Grao 3 (cans e guías de alta competición que buscan clasificarse para o campionato do mundo). Os tipos de percorridos son o Jumping e Agility. O Jumping é un tipo de competición no que só se executan saltos, túneles e slálom, mentres que o Agility é un tipo de competición no que se executan todos os elementos.

 

O torneo disputouse ao longo dos dous días do fin de semana. Así, o sábado foron 40 os cans que tomaron parte na competición que comezou sobre as 16.30 para rematar en torno ás 21.00 h. Aquí estiveron presentes oito equipos de diversas procedencias (Montegatto de Oza-Cesuras, Teocan de Teo, Agility Cantabria, Xanastur de Asturias, ACADE de Santiago, Canedupo de Lugo, Caoporta de Portugal, Cousadecans de Carral). O domingo foron 42 os cans participantes procedentes dos mesmos 8 equipos. A competición comezou sobre as 10.00 da mañá para concluír coa entrega de premios sobre as 14.00 h da tarde a cargo do alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño e o árbitro Domingos Carneiro. Os gañadores en cada unha das categorías foron os seguintes:

CATEGORÍA NOME DO CAN NOME DO GUÍA CLUB
Gr. 1, Standard Onza Inés Freire Montegatto (Oza-Cesuras)
Gr. 1, Midi + Mini Guinda Clara Rodríguez ACADE (Santiago)
Gr. 2, Stardard Daxa Jorge Ramos Teocan (Teo)
Gr. 2, Midi + Mini Chispa José Manuel Montero Teocan (Teo)
Gr.3, Standard Neco Sara Gutiérrez Agility Cantabria
Gr.3 Midi + Mini King Juan Muñiz ACADE (Santiago)
Pre-agility Aiss Marta Solar Cousadecans (Carral)

 

FOTOS DO TORNEO

Un ano máis, con motivo da apertura das piscinas estivais, o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. Read more

O 20 e 21 de xuño terá lugar en Carral o 1º Campionato de Agility “CousadeCans”, proba puntuable para o Campionato de España 2016 de RSCE, que contará ademais coa presenza do xuíz internacional Domingos Carneiro (Portugal). Esta proba está organizada polo club de agility CousadeCans, coa colaboración do Concello de Carral.   Read more