Rematando o curso escolar 2014/2015 recibimos a dous grupos realizando o Programa Carral nun día.

Por un lado o alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI Vicente Otero de Carral que disfrutaron do percorrido do roteiro de Costa da Egoa durante todo o día.

E por outro lado, tivemos a visita dun grupo da ESO do IES Miraflores que tiveron a oportunidade de realizar un taller de pan onde se lles explicou a elaboración do pan de Carral. E despois fixeron un tramo do percorrido do roteiro de Costa da Egoa rematando coa visita dos muiños onde se lles explicou o seu funcionamento e os diferentes tipos de muiños existentes neste complexo hidráulico.

c07978ba34c6274aca6c1d76d42f0232 d6700d14669b8f8bd4d300119d4358b4 FullSizeRender (1) FullSizeRender (4) FullSizeRender (5)

A sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira acolle do 16 ao 30 de xuño unha exposición con algúns dos traballos feitos durante o curso que ven de rematar.DSC_9052w

Unhas 40 fotografías son as que presenta o alumnado desta escola cultural, que se desenvolveu desde outubro na Casa da Cultura coa docencia de Fran Martínez.

A escola de fotografía é unha das de maior antigüidade no programa de escolas municipais e pola que teñen pasado uns 230 alumnos. O obxectivo principal deste obradoiro é o de ofrecer formación ampla sobre o mundo da fotografía, para o cal dispón de equipo de estudio que se pon a disposición do alumnado para a realización dos seus traballos.

O novo curso comezará no mes de outubro, dentro da oferta de escolas municipais de Cultura, Deportes e Educación, e para o que será necesario inscribirse no mes de setembro.

O concello de Carral  abrirá ao público o sábado 13 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, se encontran incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo chapuzadura infantil.

Os prezos este ano serán os seguintes:

 

PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS:(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011)
Entrada libre diaria xeral 1,50 €
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos 1,00 €
Abono individual tempada de verán. 13,00 €
Abono familiar tempada de verán. 22,00 €
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos 10,00 €
Aluguer de tumbonas. 1,50 €
Aluguer de calles da piscina. 10 €/calle/sesión
Descontos voluntarios de protección civil. Entrada individual gratuíta
Menores de 3 anos Gratis
Fianza pola tarxeta de acceso dos socios 3,00 €/tarxeta

 

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.

Por outra parte, en breve presentarase a programación de actividades deportivas cara o verán 2015, dentro do cal estarán incluídos os cursos de natación entre outras moitas actividades.

Cruceiro de Paleo 10wA Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Universidade de Santiago, ven de publicar na páxina web municipal unha guía sobre os cruceiros de Carral.

A guía, elaborada por Guillermo Alcalde Souto, Pablo Mosquera García e Carlos Lorenzo Pérez, ofrece información dos cruceiros de Tabeaio, Sergude, Cañás, os dous de San Vicente de Vigo, Paleo, Quembre, Sumio, Rubieiro, Beira e As Travesas. A publicación dá detalles da súa localización e das principais características construtivas e artísticas, engadindo múltiples fotografías. Ademais, a guía ofrece unha descrición xenérica dos cruceiros e do significado que se lles outorgan na cultura galega.

Este documento é produto da colaboración que ven mantendo o departamento municipal de Cultura e a facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, consistente no acollemento de alumnado en prácticas dos últimos cursos dos graos de Historia e Historia do Arte, desenvolvendo proxectos dirixidos polo técnico municipal de Cultura encamiñados á investigación e recuperación do patrimonio inmaterial e histórico.

A guía dos cruceiros de Carral pódese descargar no apartado de Cultura da páxina carral.es.

A páxina web do Concello de Carral, carral.es, ofrece desde o pasado sábado a posibilidade de descargar de balde o libro Fotos para as mil historias de Carral, que foi presentado polo alcalde e o técnico de Cultura municipal nun acto que se desenvolveu no edificio social Toñito Espiñeira.

O libro en formato pdf pódese descargar desde a zona de Cultura da web municipal. Existen tamén exemplares impresos que se distribúen de balde na Casa da Cultura, á que poden acudir as persoas que desexen contar cun exemplar.

A presentación do libro contou con dous actos. No primeiro estiveron convidados as persoas e entidades que cederon fotografías ao arquivo fotográfico municipal para poder confeccionar exposicións e libros; e un segundo acto aberto ao público en xeral.

Os intervenientes salientaron a importancia de salvagardar este patrimonio e de difundilo. Quixeron tamén render homenaxe a José Gestal García “Cardoña”, xa que a meirande parte das fotografías do libro presentado foron tiradas por este fotógrafo de Carral.

Presentación libro Fotos Mil Historias Carral - 21w

Carlos Lorenzo e José Luis Fernández Mouriño

Presentación libro Fotos Mil Historias Carral - 12wPersoas que cederon fotos para o arquivo fotográfico

Programa de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e promovido polo Concello de Abegondo, Bergondo, Carral e Mesía. En breve procederase a seleccionar ao alumnado e docentes para realizar os cursos de Atencion sociosanitaria a persoas no domicilio e o de Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais. Se estades interesados en participar nesta formación tedes esta semana para informarvos no Servizo municipal de emprego de cada un dos concellos mencionados.

Para participar como formadores das accións formativas será necesario ademáis de estar empadronado nun dos concellos promotores cumprir os requisitos dos certificados de profesionalidade:

http://traballo.xunta.es/…/Especia…/Modulos/SSCS0108.pdf

http://traballo.xunta.es/…/Especia…/Modulos/SSCS0208.pdf

Alumnado interesado ten que apuntarse na oficina de emprego no código 340 solicitando participar en Obradoiros de emprego.

Requisitos de participación: ter mínimo a ESO ou o nivel II de Competencias Clave e estar empadronado nun dos concellos promotores

Servizo de emprego de Carral 981613520.

Portada - capa Fotos para as mil historiasO Concello de Carral presentará o libro Fotos para as mil historias de Carral que recompila unhas 300 imaxes antigas do municipio e que formaron parte das exposicións itinerantes do mesmo nome.

O acto terá lugar o sábado 6 de xuño, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h. Nel intervirán o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, e o técnico municipal de Cultura, Carlos Lorenzo Pérez, que coordinou o novo libro. A publicación contou coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, editándose na súa imprenta.

O libro presenta imaxes desde 1879 ata os anos 70, con fotografías nas que se pode comprobar a transformación da paisaxe do municipio así como da súa sociedade. A publicación está dividida por temáticas: pazos, paisaxes, oficios, deportes, actos sociais e retratos. Todas as fotografías forman parte do Arquivo Fotográfico Municipal que se nutre de doazóns por parte de entidades e particulares. Na actualidade xa son unhas 60 persoas as que teñen cedido imaxes para este arquivo.

Ademais do libro en papel, o Concello de Carral porá a disposición a nova publicación nunha versión en pdf na páxina web municipal carral.es.

O libro distribuirase de balde. As persoas que desexen contar cun exemplar poderán solicitalo no acto de presentación ou posteriormente na Casa da Cultura.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral pon en marcha o campamento de tipo urbano chamado Soña, vive, crea! que ten por obxectivo fomentar a capacidade creativa dos participantes, aprendendo as principais técnicas dalgunhas disciplinas de creación cultural.Imaxe Soña Vive Crea.

As características da actividade son:

  • Datas: do 6 ao 17 de xullo
  • Horario: de 10:00 a 14:00 h.
  • Lugares de realización: Casa da Cultura, Centro de Formación Antón Fraguas e zonas exteriores do complexo municipal de Paleo.
  • Resumo do programa: introdución ao graffitti (6 horas), introdución ao modelado e escultura (12 horas), introdución á fotografía (8 horas), introdución á pintura en óleo (8 horas) e montaxe da exposición (4 horas).
  • Visitas ao museo MAC e ao obradoiro do escultor Francisco Escudero.
  • Participantes: entre 15 e 20 persoas nados entre 1999 e 2003.
  • Se contará cun monitor/a que coordinará e asistirá todas as actividades e monitores especializados en cada disciplina do campamento.
  • Prezo por participante: 75 €

As preinscricións realizaranse na Casa da Cultura ata o 20 de xuño, cubrindo a ficha que poden obter nas mesmas dependencias municipais ou descargándoa do blog http://culturacarral.blogaliza.org.

No caso de que o número de inscritos supere ao de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público na Casa do Concello o martes 23 de xuño, ás 10:00 h. Terán prioridade os empadroados en Carral. Os participantes aceptados deberán formalizar o pagamento da cota de inscrición entre o mércores 24 de xuño e o venres 26 de xuño.

Formulario de inscripción 2015

Os departamentos de Cultura, Educación e Deportes están preparando o acto que servirá de remate ao curso 2014-2015 das escolas municipais. O devandito acto consistirá en exhibicións dalgunhas das disciplinas que se impartiron no curso, que remata nun desfile no que tomará parte a totalidade do alumnado deste programa municipal. Será o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, quen entregará os diplomas aos alumnos e alumnas. Xunto ao primeiro edil estarán as concelleiras de Cultura, Isabel López, de Educación, Florinda Duarte, e de Deportes, Diego Otero.

A clausura terá lugar mañá sábado 30 de maio, a partir das 17:00 h.

No curso que remata agora tomaron parte case 600 persoas de todas as idades en modalidades tan diversas como Fotografía, Fútbol, Informática ou Zumba. En total, se puxeron en marcha un total de 19 escolas.

Entre as novidades que comezaron no curso que agora remata, está a de Equitación, na que houbo unha salientable participación.

No eido das escolas deportivas débese destacar o bo papel realizado nas diversas competicións e exhibicións nas que participaron. Entre estas escolas hai que destacar o papel feito polas de Patinaxe, Ximnasia Rítmica, Judo e Fútbol.

Algunha das escolas culturais ofrecerán exposicións dos seus traballos. Entre elas a de Fotografía, que fará unha pequena exposición.

O programa de escolas deportivas, culturais e educativas é un dos máis importantes do Concello de Carral, tanto pola cantidade de persoas que toman parte nel como polos obxectivos que se perseguen ao poñelo en marcha. Entres eses obxectivos pódense salientar os de favorecer a adquisición de novos coñecementos, habilidades e destrezas, fomentar a creatividade e a práctica deportiva e propiciar alternativas para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

A organización do acto de clausura desexa advertir do peche do aparcamento do pavillón do Espiño durante a tarde do sábado e da necesidade de circular con precaución pola rúa de Paleo debido á alta afluencia de público que asiste a este evento.Clausura Escolas 13-14 - 038web

Portada libro O que precede a caída é brancoO alcalde José Luis Fernández Mouriño presidirá o acto de entrega do premio de poesía Concello de Carral, que terá lugar o venres 29 de maio na Casa da Cultura, ás 20:00 h.

No acto, no que tamén está prevista a asistencia do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, farase entrega do premio da 18ª edición do certame a Eva Veiga, que gañou co seu libro Soño e vértice. O premio consiste en 2000 euros e a publicación da obra por parte de Edicións Espiral Maior.

O mesmo acto servirá para presentar o libro que obtivo o premio no 2014, do que é autora Oriana Méndez e que se titula O que precede a caída é branco. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral na edición deste poemario, unha cooperación que se ven mantendo desde anteriores edicións do certame.

Ademais das autoras premiadas tamén estarán presentes o escritor e director de Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e o crítico literario Fran Alonso. O acto pecharase coa actuación musical de Xoán Curiel.

O Concello de Carral agasallará aos asistentes co libro de Oriana Méndez.