Acércase a XIII Festa do Pan de Carral 2015 que serán o próximo 9-10 de maio de 2015, polo tanto ábrese o prazo para solicitar un lugar para formar parte da Feira medieval que se celebra no evento.

Quen estea interesado pode pode descargar a documentación necesaria nos enlaces de información ou chamar ao departamento de comercio ao 981613520 a partir do luns 6 de abril ata o 7 de maio de 2015.

Descargar bases para participar na Feira Medieval da XIII Festa do Pan de Carral

Logo de realizadas as entrevistas persoais, segundo a base 8ª das aprobadas para rexer a selección dun/ha traballador/a, publícase a puntuación das mesmas así como a puntuación total resultante da suma da fase de concurso e da fase de entrevista.

 

 

acta puntuación global

Logo de realizadas as entrevistas persoais, segundo a base 8ª das aprobadas para rexer a selección dun/ha educador/a social, publícase a puntuación das mesmas así como a puntuación total resultante da suma da fase de concurso e da fase de entrevista.

 

 

acta puntuación global

Cartel Mártires de Carral 2015A Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levará cabo os actos de recordo aos Mártires da Liberdade.

O sábado 25 de abril, ás 21:00 h, a asociación representará a obra Abril de Lume e Ferro, que escribiu en memoria dos Mártires de Carral o poeta Manuel María. A función terá lugar nunha carpa no Campo da Feira, e rematará cun concerto de Joandome que presentará o seu disco “Love as universal right avaliable”. A obra de teatro quere dedicarlla a asociación ao seu membro e actor Santiago Pardo, que finou recentemente.

O 26 de abril realizarase unha ofrenda floral no monumento aos Mártires de Carral, coa intervención do mestre David Otero e coa música do grupo de gaitas “Catalmibre Tradicional”.

A Asociación Cultural Aires de Carral, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, levan a cabo unha nova Mostra de Música Coral, que terá lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira, o sábado 25 de abril ás 20:00 h.

Na Mostra deste ano participarán, ademais de Aires de Carral, as corais polifónicas de Barreiros e Entenza de Salceda de Caselas.

A entrada ao concerto é libre.

Cartel Mostra Música Coral 2015.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ten programado durante o mes de abril unha serie de actos para conmemorar o mes do libro. Novas lecturas, contacontos, música , cine e teatro

Pablo Díaz estará en Carral bibliotecas-bibliotecas-4850co seu espectáculo “Cantacontos para bebés”, actividade encadrada dentro do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura. Será o 25 de abril ás 5 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) Esta actividade ten aforo limitado e é necesario recoller as entradas na Casa da Cultura, a partir do 20 de abril.

O 22 e 23 de abril os nenos e nenas de infantil do CPI Vicente Otero e da escola Unitaria de Tabeaio virán a visitar a biblioteca onde os agardará o contacontos Caxoto. 

Os nenos e nenos da escola infantil A Galiña Azul tamén están a facer visitas á biblioteca infantil.

O venres 24 de abril levarase a cabo o obradoiro “O pequeno artesán do libro”, na biblioteca pública municipal ás 18:00 horas.

Os usuarios poden gozar xa dun novo rincón de lectura, un lugar axeitado para ler a prensa e para relaxarse gozando dos libros. Ademáis terán á súa disposición as últimas novidades tanto en literatura para adultos como para nenos e nenas e o mellor cine, na nosa sección de audiovisuais. Son un importante número de obras as que acaban de chegar ó noso fondo.

 

Relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a contratación laboral temporal de un/ha traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello así como a puntuación da fase de concurso e o lugar, día e hora para a entrevista persoal prevista na base 8ª.

Ao amparo da base 9. par 1º das bases que rexen a convocatoria os/as candidatos/as terán un prazo de dous días hábiles para efectuar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.

 

anuncio tribunal traballadora

 

Relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a contratación laboral temporal de un/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello así como a puntuación da fase de concurso e o lugar, día e hora para a entrevista persoal prevista na base 8ª.

Ao amparo da base 9. par 1º das bases que rexen a convocatoria os/as candidatos/as terán un prazo de dous días hábiles para efectuar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.

 

anuncio tribunal educadora

Relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a contratación laboral temporal de un/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello.

Ao amparo das bases que rexen a convocatoria os/as candidatos/as provisoriamente excluídos/as terán un prazo de dous días hábiles para os efectos de reclamacións ou subsanacións de erros.

 

 

provisional admitidos e excluídos

 

 

O pavillón municipal de Carral acolleu o domingo 12 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe “Alquimia”, deu comezo ás 17.05 h para rematar sobre as 18.45 h.

Nesta cita deportiva, puidemos contar coa presenza de 9 clubs de patinaxe, colexios e escolas deportivas municipais de diversos puntos da xeografía galega – o club Anca (Lugo), o club Conxuro (Laracha), o club Raiola (Ferrol), o CEIP Emilio González López de Brexo Lema (Cambre), o CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás (Cambre), a escola Lubiáns (Carballo), o club Patiart (Coristanco), o club Alquimia e a Escola Deportiva Municipal de Carral-. En total reuníronse 212 patinadores de idades comprendidas entre os 4 e 17 anos e moitos máis acompañantes (ao redor de 350 espectadores). Conseguiuse así reunir unha gran mostra representativa da patinaxe coruñesa, que nos mostraron as súas habilidades sobre as oito rodas o longo das 19 actuacións das que constou o certame. En primeiro lugar foron as máis pequenas as que nos mostraron as súas aprendizaxes nestes primeiros meses de adestramento. Tomoulles o relevo as patinadoras infantís e por último mostraron as súas destrezas as “veteranas” da especialidade.

Tamén temos destacar e agradecer, por parte do C.P. Alquimia de Carral, a presenza da parella de danza, formada por Irene Fernández e David Salido (Campións galegos xuvenís en 2012, 2013 e 2014 e subcampións de España no 2012 e 4º en 2013). Estes deportistas de talle nacional mostráronnos unha pequena parte da súa mestría no deporte do patín, para motivar e alentar os novos patinadores, actuacións que ao mesmo tempo entusiasmaron ao público asistente.

Ao rematar as actuacións o edil responsable da área deportiva municipal, Diego Otero, fixo entrega dunhas medallas conmemorativas a todos os participantes e, ás adestradoras invitadas, duns ramos de flores como agradecemento ao enorme esforzo mostrado na preparación destes grupos.

Por outro lado, a concellaría de deportes, está a ultimar os preparativos para a realización dos seguintes eventos deportivos; o I Torneo de ximnasia rítmica de Carral e o Certame anual da modalidade, que terán lugar o próximo 2 de maio ao longo de todo o día tamén no pavillón de “O Espiño” e na que se espera contar coa presenza de ao redor de 170 nenas.

 

FOTOS DO ACONTECEMENTO