En cumprimento das bases reguladoras da “Campaña de Neve 2024” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o MARTES 5 DE DECEMBRO, ÁS 10.00 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 6 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-02 17:30:122023-12-04 17:36:53SORTEO DAS PRAZAS (6) DA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Concello continúa a trabllar no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal. Así, ademais do concurso Tapeando Carral, o Concello porá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral no Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súass compras nos negocios adheridos.
A iniciativa estará en funcionamiento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2024. Durante esos días, as personas que fagan as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 30.000 rascas entre os que se encontrarán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100. O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. En caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa cuantía correspondente.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-02 15:21:532023-12-02 15:33:07O Concello repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio Volve a Carral no Nadal
Carral celebrará hoxe, xoves 30 de novembro, ás 20.00 horas un pleno ordinario. Entre os puntos, o goberno local propoñerá a aprobación inicial da ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello, unha iniciativa coa que o equipo de goberno busca “simplificar e axilizar a relación entre a cidadanía e a Administración local”. Con todo, este documento servirá tamén para facilitar a tramitación con outros organismos públicos, con sociedades mercantís e entidades privadas e cos adxudicatarios dos contratos de xestión de servizos públicos municipais.
Tal e como recolle a ordenanza, o Concello deberá garantir o acceso da cidadanía aos servizos electrónicos. Algo que se cumprirá coa posta en marcha de, polo menos, os seguintes medios: oficinas de atención presencial, puntos de acceso xeral electrónico aos distintos órganos do Concello e servizos de atención telefónica.
O documento está dividido en varios apartados nos que se especifican puntos como o procedemento administrativo electrónico, a sede, a identificación e firma, a difusión e acceso da información administrativa a través de medios electrónicos, o rexistro e as normas sobre organización.
Axente de emprego ADL
A maiores, o equipo de goberno elevará o ditame de ratificación da solicitude conxunta para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local. Grazas a un convenio subscrito cos Concellos de Oza-Cesuras e Coirós, Carral conta, desde o ano 2021, con esta figura. Con esta medida, o goberno busca seguir reforzando as áreas de emprego e promoción económica.
O traballador desempeña, entre outras, as seguintes funcións: promoción do emprendemento, asesoramento na posta en marcha de proxectos de empresa, apoio na xestión empresarial, difusión das diferentes formas de financiamento e subvencións existentes, identificación no territorio de novas oportunidades de negocio e emprego e, ademais, promoción e implantación de políticas activas de traballo.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/laptop-820274_1280.jpg8531280prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-30 18:43:422023-11-30 18:43:59O GOBERNO LOCAL ELEVARÁ A PLENO A APROBACIÓN DUNHA ORDENANZA PARA SIMPLIFICAR TRÁMITES ENTRE A CIDADANÍA E O CONCELLO
O Concello lanza unha nova edición do seu concurso Tapeando Carral, unha iniciativa coa que o goberno local busca un claro obxectivo: impulsar o consumo no tecido hostaleiro e dar a coñecer a ampla oferta do municipio. A iniciativa levarase a cabo entre o mércores, 6 de decembro, e o domingo, día 10, e contará coa participación de 12 locais que farán as delicias do público asistente.
O goberno local confía en que o certame acade unhas cifras de participación similares ás das edicións anteriores: “esperamos que haxa a mesma afluencia que nos últimos anos e que a medida sexa, unha vez máis, un revulsivo para promover o consumo nos establecementos, dándolle así máis vida ao pobo”.
Nesta ocasión, o certame municipal contará coa participación dos seguintes negocios: Boca Grande, Pizzería Centro, Bar Tropezón, Bar Adolfo, Vinoteca A Taberna XXI, Dopincho, Bodega O Alprende, Solpor, Bar Roel, O Lareiras, A Parola e Costa da Egoa.
O concurso levarase a cabo entre o mércores, 6 de decembro, e o domingo, día 10. O mércores, as elaboracións dos participantes poderán degustarse desde as 12.30 horas e o domingo, estarán dispoñibles só ata as 15.30 horas. O resto de días, o público poderá probar as receitas entre as 12.30 e as 15.30 horas e as 20.00 e as 23.00 horas.
Como en anteriores edicións, haberá premios tanto para os locais participantes como para os propios comensais. Por unha banda, os establecementos poderán optar ao premio á Tapa Máis Popular (elixida polos propios clientes) e ao de Mellor Tapa (neste caso, será un xurado profesional o que outorgue o galardón). Pola outra, unha vez que o cliente acade un número mínimo de selos diferentes terá a posibilidade de facerse tamén con agasallos e recompensas. Neste caso, a persoa terá que cumprir o cupón cos diferentes selos e depositalo nas furnas que estarán situadas nos negocios. O sorteo terá lugar o venres, 15 de decembro, a partir das 9.00 horas.
O concurso realízase en colaboración coas empresas Estrella Galicia, Exclusivas Rivas Suarez, Petroni, Eladio Otero e Azpilicueta.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/concurso_tapas_Carral_2022_15-scaled.jpg17092560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-29 17:58:052023-12-05 21:48:00TAPEANDO CARRAL, O CONCURSO PARA IR ABRINDO BOCA E IMPULSAR O CONSUMO NO TECIDO HOSTALEIRO ANTES DO NADAL
Neste 25N, Carral cambiará o silencio polas palabras. O Concello conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cunha lectura do manifesto do 25N por parte do alcalde de Carral, Javier Gestal, e cunha cacerolada. Un ano máis, contarase coa participación do alumnado do IES de Carral e do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel.
O acto terá lugar o venres, 24 de novembro, desde as 11.30 horas no Concello. Ao concluír, levarase a cabo a inauguración do banco da igualdade. Trátase dun elemento de cor violeta que simbolizará o rexeitamento de todo o Concello fronte á violencia machista. En total, o Concello disporá de catro bancos destas características que se repartirán en varios puntos do termo municipal. Así mesmo, o panteón iluminarase tamén con motivo desta xornada.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/Diseno-sin-titulo.jpg18901890prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-22 17:58:192023-11-22 17:58:19CARRAL CONMEMORARÁ O 25N CON LECTURAS POR PARTE DO ALUMNADO DO INSTITUTO E DO COLEXIO E CUNHA ‘CACEROLADA’
Carral está a participar na VI edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na música e nas artes, Elas Son Artistas. Desde as Concellerías de Cultura e Igualdade estase a apostar por realizar estas actividades en colaboración co IES de Carral.
En plena celebración do vinte aniversario da súa carreira, a cantante e compositora, Silvia Penide, está a impartir un obradoiro de creación de cancións nas propias instalacións do centro educativo. Con esta actividade preténdese incentivar a creatividade e dotar ás persoas asistentes de ferramentas para crear cancións e textos, mesmo sen saber música dun xeito regrado.
Como peche do obradoiro, o vindeiro día 20 de novembro, todo o alumnado do centro recibirá a visita doutra artista galega, Leticia Rey. Acompañada do pianista, Iago Mouriño, a cantautora conversará co alumnado sobre o seu proceso creativo e ofrecerá unha actuación musical na que tamén estará Slivia Penide e poderán escoitarse as cancións creadas durante as sesións do obradoiro.
Desde a organización de Elas Son Artistas sinalan que este tipo de actividades diferentes encaixan na filosofía do ciclo, xa que un dos obxectivos e achegar a arte á xente nova e darlle a oportunidade de estar preto de mulleres referentes neste caso no ámbito da música.
As persoas que estean no taller entrarán a participar no sorteo de entradas para o concerto de Alice Wonder no Teatro Colón, o acto co que se pechará esta sexta edición deste ciclo pola igualdade, nun mes no que a loita contra a violencia machista está moi presente e resulta máis necesaria que nunca.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/FOTO-CARRAL-Elas-son-artistas.jpg6751500prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-13 17:30:222023-11-13 17:30:23CARRAL TRANSMITE A CREATIVIDADE Á MOCIDADE DO INSTITUTO DA MAN DO CICLO ELAS SON ARTISTAS
Ante as dúbidas trasladadas, nos últimos días, polos veciños, veciñas e feirantes, o Concello trasladará os postos da feira municipal á súa antiga localización a partir deste sábado, 4 de novembro. O goberno avanza que esta modificación se levará a cabo de forma temporal e que se está traballando xa nunha revisión da ordenanza, de 2011, para regular o lugar de celebración dos mercados e tamén as taxas e características dos postos.
Desta forma, o Concello volverá situar as casetas de venda no propio Campo da Feira, na rúa Belvís de Paleo e na rúa Víctor Velasco. Os de alimentación continuarán centralizados no Campo da Feira e, en concreto, manteranse no sitio que se lles asignou no pasado 29 de outubro.
Como explican desde o equipo de goberno, a disposición nestas tres rúas terá un carácter temporal ata que se conclúa a modificación da ordenanza reguladora de mercados municipais.
O cambio farase seguindo o criterio trasladado pola secretaria municipal e co fin de atender as demandas “dos veciños e veciñas e tamén dos propios feirantes”, apuntan desde o equipo de goberno.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/FEIRA_CARRAL1-scaled.jpeg19202560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-03 11:02:562023-11-03 11:02:57CARRAL REUBICARÁ OS POSTOS DA FEIRA A SÚA ANTIGA LOCALIZACIÓN E XA TRABALLA NUNHA REVISIÓN DA ORDENANZA
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.
O Servizo de Atención Temperá está dirixido a menores de 0 a 6 anos que presenten dificultades no seu desenvolvemento ou estean en risco de presentalas.
O obxectivo é facilitar os medios e recursos precisos para potenciar as súas capacidades, desenvolvemento e benestar.
O servizo presenta:
Asesoramento a consultas relacionadas co desenvolvemento.
Diagnóstico e valoración do nivel de desenvolvemento das nenas e nenos.
Desenvolvemento sensoriomotor e cognitivo.
Desenvolvemento da linguaxe e da comunicación.
Desenvolvemento da autonomía (aseo, vestido, control de esfínteres…) e da área social e afectiva.
Apoio, información e formación da familia.
Para iso, o programa conta cun equipo profesional especializado en:
Terapia ocupacional.
Psicoloxía.
Logopedia.
Deberanse entregar os seguintes documentos:
Díptico do SAT da agrupación de concellos de Abegondo, Bergondo e Carral.
Solicitude de atención temperá.
Formulario de derivación de pediatría a atención temperá.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/10/03-Cartel-Web-2127-v3_page-0001.jpg17542481prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-10-20 16:15:402023-10-20 16:21:42A agrupación dos concellos de Carral, Abegondo e Bergondo foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais para a prestación do Servizo de Atención Temperá
No día de hoxe publicouse no taboleiro de anuncios do Concello de Carral as bases que rexerán a contratación do/a substituto/a do coordinador de emerxencias deste Concello.
Coa publicación do anuncio no taboleiro comezará a contar o prazo de catro días hábiles para que calquera interesado/a se poida presentar. Máis información no departamento de RRHH do Concello.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/10/laptop-3196481_1280.jpg8531280prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-10-20 10:17:212023-10-20 10:22:04CONTRATACIÓN DO/A SUBSTITUTO/A DO COORDINADOR DE EMERXENCIAS DO CONCELLO
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/10/tree-trunk-957817_1280.jpg9601280prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-10-18 16:44:572023-10-18 16:44:59A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL RETOMA OS PERMISOS DE QUEIMA DE RESTOS AGRÍCOLAS
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.