O Concello de Carral informa sobre as fogueiras de San Xoán:
Non se permite facelas en espazos públicos non habilitados.
Para facer cacharelas ou barbacoas en espazos privados ou en locais de hostalaría débese presentar unha comunicación ao Concello, presencialmente ou nesta ligazón: https://ow.ly/rYAN50OMEGT
A comunicación será válida exclusivamente na noite do 23 ao 24 de xuño.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-13 13:31:352023-06-21 13:31:56FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
A Casa da Cultura acolleu, esta tarde, o acto de entrega do XXVI Premio de Poesía Concello de Carral. Por unha banda, o acto serviu para conceder o galardón desta edición a Ciro Briones (Pobra do Caramiñal, 1996), que conquistou ao xurado con Oídos de espeleóloga. Pola outra, na cita presentouse oficialmente Trono e caléndula, a obra coa que Carlos Penela gañou a vinte e cinco convocatoria do certame.
Á entrega acudiu o alcalde, Javier Gestal, membros do goberno e da corporación municipal do Concello de Carral, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a profesora e representante do xurado, Antía Marante, o responsable de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, e os gañadores desta e da pasada edición, Ciro Briones e Carlos Penela, respectivamente.
Durante a súa intervención, o rexedor aproveitou a ocasión para felicitar aos gañadores da presente e da pasada edición. Gestal sinalou o compromiso do goberno por seguir apostando por este certame “un dos de maior traxectoria a nivel galego e que segue situando a Carral como un referente neste xénero”.
Ademais da propia entrega, o evento contou coa presentación do recital poético e musical Os puntos do impacto, creado por Álex Mene e Margarida Mariño a partir do poemario do mesmo título que se converteu, no 2021, no gañador do certame carralés.
Un cento de obras
Ciro Briones xa conta con galardóns como os de poesía e de ensaio da Universidade de Vigo (2020), o 1º premio de poesía Xuventude Crea (2020 e 2022), e o 2º premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome (2022).
O poemario de Briones foi escollido entre un total de 90 obras presentadas, o cal supón un récord para este certame que tiña a súa mellor cifra de participación en 56 libros.
O xurado salientou do libro gañador a súa coherencia, o ritmo, o coidado da linguaxe e a súa harmonía verbal. É un poemario que explora liricamente espazos da desolación e afonda na reflexión metafísica. O eu poético trasládanos a un espazo de escuridade que moito ten que ver cos cadros do pintor polaco Beksinski, e ofrece un discurso poético que alumea e libera entre tanta desolación.
O premio Concello de Carral está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
Ademais da dotación económica, a obra de Briones pasará a formar parte da colección de Edicións Espiral Maior. O Premio de Poesía de Carral conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Cultura.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-12 13:30:142023-06-21 13:30:31CIRO BRIONES RECIBE O XXVI PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL POLO SEU POEMARIO OÍDOS DE ESPELEÓLOGA
Por decreto da alcaldía resolveuse elevar a definitiva a listaxe provisional de admitidos e excluídos no procedemento de selección dun peón xardineiro perceptor da Risga así como o nomeamento do tribunal cualificador e o día e hora das probas de selección.
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento da achega recibida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2023-06-06 13:30:202023-06-21 13:30:56RISGA: ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROVISIONALEMTE, NOMEAMENTO DE TRIBUNAL E DÍA DAS PROBAS DE SELECCIÓN
O pavillón do Espiño acollerá o sábado 10 de xuño, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o Club de Patinaxe Alquimia, comezará ás 17.30 h e terminará ao redor das 19.00 h.
Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 7 clubs, colexios e escolas deportivas municipais que reunirán a uns 150 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame, o alcalde Javier Gestal, fará entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.
Esta actividade, que pecha a programación deportiva de primavera, dá continuidade ao obxectivo de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2023. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.
Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no mail deportes@carral.es.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-05 13:28:562023-06-21 13:29:15CARRAL CELEBRA A SÚA XXI EXHIBICIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA
A colaboración do Ente Provincial co Concello de Carral remóntase ao ano 2002
O concello de Carral solicitou a primeiros do pasado mes de febreiro a subvención do programa provincial para concellos para o mantemento do persoal técnico no servizo municipal de deportes.
A pasada semana publicouse no boletín provincial a concesión definitiva desta axuda, onde a contía económica que recibirá o Concello de Carral ascende a 15.000 €, ao tratarse o persoal contratado dun graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte a xornada completa. Esta aportación económica destinarase ao pago de parte do salario e os custos de Seguridade Social do técnico municipal de deportes.
Por outra banda, cambe destacar que este é unha axuda que a Deputación ven concedendo aos diferentes concellos da provincia dende hai máis de dúas décadas, no caso de Carral, dende o ano 2002. Con ela preténdese a promoción do deporte, actividades e servizos á cidadanía mediante a promoción da contratación de persoal especialista neste ámbito.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/Diseno-sin-titulo-22.png788940Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-06-05 12:27:002024-05-21 15:31:18A DEPUTACIÓN CONCEDE 15.000 € AO CONCELLO DE CARRAL PARA O MANTEMENTO DO PERSOAL DO SERVIZO DE DEPORTES
Carral abriu hoxe, xoves 1 de xuño, o prazo de solicitude dos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata os 15 de xuño, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nunha das tres quendas que se celebrarán ata o remate da época estival.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 15 anos, terán lugar ao longo de todo o verán en tres quendas e con temáticas diferenciadas: en primeiro lugar irá os Campamento Deportivo (do 26 de xuño ao 14 de xullo), despois os English Sport Camp (17 de xullo ao 4 de agosto) e, por último, o de Deportes e Natureza (do 7 de agosto ao 1 de setembro). Entre as tres, ofertaranse un total de 280 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.
As inscricións poden tramitarse ata o 15 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-01 13:28:302023-06-21 13:28:56CARRAL LANZA A SÚA OFERTA DE CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA FAVORECER A CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-05-31 13:27:332023-06-21 13:27:50REACTIVACIÓN DOS PERMISOS DE QUEIMA
Por resolución da alcaldía do 24 de maio de 2023 aprobáronse as bases que rexerán a contratación dun/ha peón/peoa xardineiro/a perceptor/a da RISGA ao abeiro da Orde do 09 de xaneiro de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo para que os/as interesados/as poidan presentar as solicitudes para participar no procedemento de selección.
Só poderán presentar solicitudes unicamente as persoas que foron remitidas polo Servizo público de emprego de Galicia (SEPEG). Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.Modelo Decreto (16)Descarga
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-05-24 14:25:522023-06-21 13:26:18INICIO DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN/HA PEÓN/PEOA XARDINEIRO/A PERCEPTOR/A DO RISGA
poeta Ciro Fernández Briones vén de facerse co 26º Premio de Poesía Concello de Carral coa súa obra Oídos de espeleóloga.
Ciro Briones, da Pobra do Caramiñal e nado no 1996, xa conta con galardóns como os de poesía e de ensaio da Universidade de Vigo no 2020, o 1º premio de poesía XuventudeCrea nas súas edicións do 2020 e 2022, e o 2º premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome (2022).
O poemario de Briones foi escollido entre un total de 90 obras presentadas, o cal supón un record para este certame que tiña a súa mellor cifra de participación en 56 libros. O xurado salienta do libro gañador a súa coherencia, o ritmo, o coidado da linguaxe e a súa harmonía verbal. É un poemario que desde certas coordenadas da filosofía explora liricamente espazos da desolacíón e afonda na reflexión metafísica. O eu poético trasládanos a un espazo de escuridade que moito ten que ver cos cadros do pintor polaco Beksinski, e ofrece un discurso poético que alumea e libera entre tanta desolación.
O xurado estivo composto por Olga Patiño Nogueira, Carlos Penela e Antía Marante. Como presidente actuou o alcalde de Carral, Javier Gestal, e como secretario o técnico de Cultura e coordinador do certame, Carlos Lorenzo.
O premio Concello de Carral está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
O acto de entrega do premio Concello de Carral está previsto para o venres 9 de xuño na Casa da Cultura e servirá, así mesmo, para presentar o libro Trono e caléndula, co que Carlos Penela gañou a 25ª edición do certame. O evento contará tamén coa presentación do recital poético e musical Os puntos do impacto, creado por Álex Mene e Margarida Mariño a partir do poemario do mesmo título que gañou o certame no ano 2021.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-05-18 13:23:522023-06-21 13:24:12CIRO BRIONES GAÑA O 26º PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL CO SEU POEMARIO ‘OÍDOS DE ESPELÉOLOGA’
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.