O Concello leva semanas traballando para paliar o impacto da crise sanitaria polo COVID-19 no municipio. Entre a batería de medidas, o goberno local está a centrar parte dos seus esforzos en axudar ás compañías que forman parte do tecido empresarial de Carral. O Concello acaba de poñer en marcha dúas vías de asesoramento para persoas autónomas e negocios: unha dirixida ás vinculadas ao sector do turismo en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e outra para compañías que pertenzan a outros ámbitos económicos.

Por unha banda, o Concello e a Reserva acaban de arrincar un servizo de asesoramento destinado aos empresarios do sector turístico de Carral. Como sinala o goberno local, “o turismo é un sectores en desenvolvemento máis importantes do noso municipio e un dous que máis vai sufrir o impacto da crise do COVID-19”.

Por medio desta prestación, que se realizará de forma telemática e individual, informarase sobre as seguintes cuestións: liñas de axuda, vantaxes de formar parte da Marca de Calidade da Reserva de Biosfera, recomendacións e medidas hixiénico-sanitarias que se están anunciando desde o Goberno Central, etc.

Doutra banda, o Concello tamén puxo en marcha a Axencia de Desenvolvemento Local. Desde este departamento, ofrecerase orientación e consello ás persoas emprendedoras e ás empresas que non estean vinculadas co turismo. En concreto, a persoa encargada de executar este servizo ofrecerá información en materia fiscal, laboral e contable. Ademais, explicará ás persoas usuarias as distintas subvencións e liñas de axuda.

Para acceder a calquera das dúas iniciativas, os veciños e veciñas deberán contactar co Concello a través do teléfono 678 338 872 ou do correo comercioeturismo@carral.es. En función de se se trata dunha empresa do sector turístico ou doutro tipo de empresa, a súa solicitude redirixirase a unha ou outra vía.

Servizo de Atención Temperá do Concello de Carral continúa coa súa actividade e habilitou un blog no que se recompilan as actividades realizadas desde que comezou esta prestación, así como novas iniciativas.

 

Mensaxe do equipo do Servizo de Atención Temperá do Concello de Carral

O pasado sábado, a Xunta de Galicia acordou levantar a suspensión do prazo legal para cumprir co deber de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias, que estaba fixado para o 31 de maio. Agora haberá dous meses máis correspondentes aos días transcorridos durante o estado de alarma.
Máis aló desta ampliación, Medio Rural remarca que as empresas forestais “poden traballar con normalidade”, polo que “calquera particular lles pode encargar estes labores”. “É algo que non se está vendo condicionado”, asegura.

CARRAL MEDIDAS

 

Concello de Carral informa sobre as restricións para o coidado da horta:

  • As persoas propietarias de terreos, hortas ou viñedos para o autoconsumo poderán realizar desprazamentos imprescindibles para atender ás súas fincas dentro do mesmo termo municipal ao da residencia habitual.
  • Se estes terreos se atopan noutro concello, o desprazamento debe ser autorizado baixo declaración responsable, sempre e cando non diste máis de 5 quilómetros do domicilio.

 

CARRAL MEDIDAS

Monumento Mártires de Carral -  16 webO estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus, coas recomendacións e restricións que supón, obrigan ao Concello de Carral a non levar a cabo ningún tipo de acto o 26 de abril para homenaxear o cabodano do fusilamento dos Mártires de Carral, tal e como se veu facendo desde sempre.
O Concello, en representación da cidadanía carralesa, sen ningún tipo de protocolo depositará flores no monumento que honra aos oficiais executados na Revolución de 1846.

O confinamento está sacando o lado máis solidario dos veciños e veciñas e das empresas afincadas no municipio. Estes días, o Concello de Carral recibiu numerosas doazóns por parte das compañías carralesas e de particulares, que lles entregaron alimentos para a despensa municipal, produtos de limpeza e mesmo electrodomésticos. O goberno local agradécelle a todas as persoas “que estean doando produtos de forma desinteresada para axudar a quen o necesite durante o illamento”.

Ao longo das últimas semanas, o Concello recibiu as seguintes doazóns: do bar O’ Lareiras de Carral, que entregou alimentos para surtir a despensa municipal; do CEIP Vicente Otero Valcárcel, que lles entregou produtos de limpeza –guantes, lixivia e desinfectantes-; da empresa Bermúdez Solutions, que aportou fundas de asentos para garantir unha maior protección nos vehículos municipais; da Pizzería Centro de Tabeaio, que doou tamén alimentos e de Croquetas San Vicente, que mandou un surtido do seu produto estrela. A escola infantil A Galiña Azul, a Unión Deportiva Carral, a empresa Demaría Horeca e o Bar Betanceiro doaron tamén alimentos, mentres que Autoservicio Chas entregou ao Concello produtos de limpeza. Ademais, o Concello conseguiu unha neveira da man dun almacén de distribución do municipio, o que lle permitirá almacenar produtos que requiran frío. Así mesmo, unha cooperativa galega fixo entrega de pantallas de protección facial.

Á súa vez, algúns veciños e veciñas decidiron tamén pór o seu gran de area doando, fundamentalmente, produtos de alimentación que serviron para surtir a despensa municipal.

O equipo de goberno sinala que a “colaboración de todos é crucial para saír, canto antes desta situación”. Así mesmo, os concelleiros e concelleiras agradecen “a responsabilidade dos veciños e veciñas, que están a cumprir coas directrices dos organismos oficiais”. Por último, o goberno dálles as grazas aos traballadores e traballadoras “que aínda estando en estado de alarma, seguen traballando”.

O próximo martes, 28 de abril ás 9.30 horas, comezaranse a facer os primeiros test epidemiolóxicos do COVID-19 no centro de saúde do Concello de Carral. O Instituto Galego de Estatística elaborou o listado de 93 veciños e veciñas elixidos para as probas, que son voluntarias. Polo outro lado, o Sergas encargarase de facer estes tests. O ambulatorio citará, individualmente, ás persoas asignadas.

Os carraleses e carralesas someteranse ás probas sen saír dos seus vehículos. En caso de que haxa algunha persoa que non poida desprazarse ata o centro médico, existe a posibilidade de que o test se lles realice no seu domicilio.

Desde o Sergas infórmannos de que os resultados se darán por vía telefónica.

 

Dentro de todas as actuacións acometidas polo Concello de Carral para paliar e intentar frear a expansión da pandemia COVID-19, o goberno local promoveu o reparto de 4.329 máscaras entre os veciños e veciñas do municipio.

Para poder facer este reparto, o Concello contou coa colaboración de:

  • Xunta de Galicia: 1.050 máscaras cirúrxicas
  • Deputación Provincial da Coruña: 920 máscaras cirúrxicas
  • Abanca: 15 máscaras hixiénicas
  • Fabricación por encargo do propio Concello de Carral: 1.480 máscaras hixiénicas
  • Voluntarias: 864 máscaras hixiénicas

En total, 4.329 máscaras (datos 20/04/20)

As voluntarias foron tres mulleres do municipio ás que o Concello agradece, especialmente, o seu labor de xeito anónimo e desinteresado. Ata o de agora, estas voluntarias fabricaron case 900 máscaras.

Este material de protección foi e está sendo repartido entre os carraleses e carralesas seguindo os criterios establecidos:

  • Persoas con alto risco de contaxio (persoas maiores ou con patoloxías, persoas en confinamento, etc.)
  • Polos establecementos do Concello abertos ao público (tendas de alimentos, panaderías, ferreterías, taxis…)

Na Casa do Concello que permanece aberta ao público en horario de mañá de 9h a 14 h, entregaranse persoalmente a todos os veciños que as demanden.

Servizo de Atención Temperá do Concello de Carral propón unha nova actividade para facer na casa cos nenos e nenas. Velaí tedes o listado de materiais que precisaredes para levar a cabo esta nova proposta:

  • Bol con auga
  • Pano de mesa
  • Rotulador permanente
  • Rotuladores de cores

 

As persoas beneficiarias das axudas dos Programas do Bono Alugueiro Social e do Bono Alugueiro para vítimas de violencia de xénero non teñen que realizar ningún pago no mes de abril ás persoas propietarias das vivendas.

A Xunta de Galicia pagará, íntegramente, o importe da renda de alugueiro durante o mes de abril. En consecuencia, quedan eximidos da obriga de presentar o recibo correpondente ao citado mes.

As persoas que precisen máis información poden chamar ao teléfono 678338896.

 

BONO ALUGUEIRO SOCIAL