Mozos/ as da localidade  carralesa participan neste xa clásica viaxe deportiva.  Read more

Acto presentación Premio Poesía Carral - 2018 -07-wO alcalde de Carral presentou esta mañá as bases da vixésima primeira edición do premio poético “Concello de Carral”.

José Luis Fernández Mouriño, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou na Casa da Cultura unha nova edición do certame poético, que continúa co obxectivo de contribuír ao descubrimento e consolidación dos autores en lingua galega.

Na súa intervención o alcalde destacou o prestixio que vai gañando este certame e o recoñecemento que ten no ámbito literario e cultural galego. A finais do pasado ano, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural escolleu este premio como un dos mellores proxectos exemplo de boas prácticas de xestión cultural. Fernández Mouriño lembrou tamén como se celebraron os 20 anos do premio, coa realización dun documental presente en internet, unha exposición que repasaba os autores, autoras e libros premiados nestas dúas décadas, así como as actividades iniciadas nos centros educativos de Carral relacionadas coa poesía.

O alcalde salientou a colaboración que ofrece a Consellería de Cultura e Educación, a través das súas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, que serve para que a Editorial Espiral Maior publique na súa colección de poesía o libro Das árbores tropicais e do amor de Xosé Luís Mosquera Camba que obtivo o premio na pasada edición. O libro presentarase no acto de entrega do premio deste ano, previsto para o 25 de maio.

Ademais do premio e da publicación do libro, o Concello de Carral segue coas actividades escolares relacionadas coa poesía, consistentes en obradoiros de escrita poética e en concursos de poemas.

Pola súa banda Valentín García incidiu que o apoio que a Xunta de Galicia lle dá a este premio resulta xa inexcusable, dado o valor que xa ten dentro do ámbito da cultura en Galicia e pola defensa que supón para a lingua e a creación literaria. Salientou a importante nómina de autores e autoras premiadas que xa están na primeira liña da literatura galega. Para algúns deles foi o trampolín na súa carreira literaria e para outros supuxo un mérito máis co que consolidar a súa traxectoria.

Esta nova edición do certame contempla un prazo para presentar exemplares aberto ata o 7 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 25 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación do libro gañador da vixésima edición do concurso, titulado Das árbores tropicais e do amor de Xosé Luís Mosquera Camba

Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580 ou a través da web carral.es.

Bases XXI Concurso de Poesía Concello de Carral

Castro As Travesas - webO museo do castro das Travesas vai levar a cabo unha serie de visitas guiadas entre os días 26 e 29 de decembro, co obxecto de ofrecer á poboación local e visitantes a posibilidade de coñecer as características e pezas extraídas deste castro carralés.

As visitas comezarán ás 11:30 h. e terán unha duración dunha hora. Correrán a cargo da técnica responsable da sala, que está a prestar os seus servizos durante estes meses grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.

Nos comentarios da visita guiada, os participantes poderán coñecer aspectos históricos do mundo castrexo, das singularidades do castro das Travesas e ver algúns interesantes obxectos extraídos nas dúas escavacións que se fixeron neste xacemento arqueolóxico.

As visitas serán de balde e non é necesario reservar praza. O museo está na Casa da Cultura.

Películas para todos os públicos proxectaranse na Casa da Cultura nun novo ciclo de cine, que nesta ocasión presenta oito producións. O programa é o seguinte:Cartel 2017 Cine Nadal.

Martes 26 de decembro:

17:00 h: VAIANA

20: 30 h: LA LA LAND, LA CIUDAD DE LAS ESTRELLAS

Xoves 28 de decembro:

17:00 h: ¡CANTA!

20:30 h: ROGUE ONE. UNA HISTORIA DE STAR WARS

Martes 2 de xaneiro:

17:00 h: MASCOTAS

20:30 h: LA GRAN APUESTA

Xoves 4 de xaneiro:

17:00 h: ICE AGE 5. EL GRAN CATACLISMO

20:30 h: INDEPENDENCE DAY. CONTRAATAQUE

A entrada é de balde e as localidades limitadas. As persoas interesadas deberán retirar previamente as entradas na Casa da Cultura.

poster_cartel_Artistinha_p_Galego-2wAlumnado do Instituto de Secundaria de Carral visitaron a Casa da Cultura onde puideron ver o documental Artistiña sobre a vida dos novos creadores das artes plásticas, e puideron coñecer da man do produtor e director Manolo Gómez cales son os procesos do cine de animación.

Foron dúas actividades que deron a coñecer as interioridades destes dous ámbitos da creación cultural, animando aos xoves a participar deles. Forman parte dunha programación da Concellería de Cultura que pretende ofrecer unha visión diferente dos detalles das múltiples expresións culturais.

A concellería de deportes espera uns 50 inscritos para o torneo do 23 de decembro. Read more

Máis de medio centenar de arqueiros acudirán este sábado unha nova edición deste clásico torneo do Nadal. Read more