O xogador de Cambre, con 4 trofeos, convértese no máis laureado desta competición. Read more
Será o martes 27 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 horas, na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.
Dirixidos por monitores especializados, os participantes crearán tanto a letra como os instrumentos necesarios para interpretar a panxoliña.
Como remate da actividade, os nenos interpretarán a canción e levarán unha copia da mesma.
As prazas son limitadas. Inscricións na Casa da Cultura
PARA OS MÁIS PEQUENOS
Ola, adeus.- ilustrado por Delphine Chedru
Un libro interactivo e sorprendente
para xogar coas palabras e cos
seus antónimos.
A historia do toro Ferdinando.- Munro Leaf
Un clásico de 1936, referente do pacifismo a nivel mundial e a prol do naturalismo.
Cinco minutos de paz.- Jill Murphy
Mamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade na súa bañeira
quente chea de burbullas. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía
como sempre. A paz dura moi pouco para Mamá Grande.
La mujer más alta del mundo.- Pablo Albo
É a historia dunha nena que pasou de ser a máis baixiña da súa clase a ser a muller máis alta do mundo. Polo camiño aprenderá a importancia de ser un mesmo.
Mi hermano pequeño invisible.- Ana Pez
Gañadora do premio “Ópera prima” na prestigiosa feira do libro infantil de Bolonia en 2015.
Unha aventura sorprendente oculta entre as páxinas desta fantástica obra chea
de poéticos escenarios e personaxes ocultos a simple vista.
LITERATURA XUVENIL
Os contos de terror do Tío Montagne.- Chris Priestley
Prepárate para que se che poñan os pelos de punta…
A caixiña dos rencores.- Héctor Cajaraville
A xuíza Felpeto, acabada de cegar á localidade de Valdomar, revoluciona a vila coas súas sentencias.
Mentira.- Caré Santos
Premio EDEBÉ de literatura xuvenil. A protagonista, Xenia, namorouse, pero non dun rapaz do seu arredor.
Naruto .- Masashii Kishimoto
Un clásico do manga
LITERATURA ADULTOS
Morena, perigosa e romántica.- Pedro Feijoo Barreiro
Cando a señora Chismes, a veciña do segundo,
chamou á miña porta eu pensei que o que viña buscando
era o meu amor, ou un pouco de sal, pero polo visto
o asunto non ía por aí.
Todo esto te daré.- Dolores Redondo.
Premio Planeta 2016
Unha morte inesperada, un oscuro segredo familiar na Ribeira Sacra.
E os domingos, un croissant…-Úrsula Heinze
Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Úrsula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.
Los abrazo oscuros.- Julia Montejo
Julia Montejo sorpréndenos cunha novela onde o desexo, a intriga e o suspense se instalan na vida dunha muller felizmente casada.
El Libro de los Baltimore.- Joël Dicker
Entusiasmou a máis de tres millóns de lectores con
“ La verdad sobre el caso Harry Quebert”,
Joël Dickers regresa con Marcus Goldmnan nesta nova novela.
Corazón e demais tripas.- Emma Pedreira
Gañador da VII edición do premio Narrativas Quentes. Un conxunto de microrrelatos eróticos.
AUDIOVISUAIS
Juego de tronos (Tempada 1)
Primeira tempada desta exitosa serie baseada na primeira
novela da saga de George R.R Martín
“ Canción de hielo y fuego”.
El viaje de Arlo
Cine de animación para toda a familia.
Que pasaría se aínda existiran os dinosaurios?
La chica danesa
Baseada na novela homónima de David Ebershoff, conta a historia real da pintora danesa Lili Elbe, a primeira muller transxénero .
Dragon Ball.Z.-
E ademáis…
Novas lambetadas dunha larpeira feliz.- Merchi Rodal
O municipio coruñés acolleu o sábado a 9ª edición do Trofeo de tiro con arco “Concello de Carral”. Read more
Dentro do ciclo de Teatro de Outono que organiza o Concello de Carral, a compañía galega Títeres Babaluva presenta no local Xente Nova de Tabeao, a obra O Crebanoces. A función terá lugar o vindeiro domingo ás 19:00 h.
Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.
O Crebanoces é un espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffmann e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky.
O ciclo Teatro de Outono rematará o venres 30 de decembro, ás 21:00 h, co espectáculo de Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego. É a función prevista para o pasado 3 de decembro e que se suspendeu por mor dunha indisposición do actor.
Esta programación teatral organizada pola Concellería de Cultura, conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, temos organizado desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) diversas actividades para as máis novas e novos.
Os nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán realizar diferentes obradoiros, como de cociña ou de adornos de nadal, así coma actividades deportivas. O horario será desde as 10 h. ata as 13 h. e o prezo por participar en estos tres días lúdicos é de 10 €.
As prazas son limitadas así que non tardes en anotarte, e para facelo, pásate pola Casa da Cultura ou chama o teléfono 981.67.25.80.
A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza un obradoiro de postais de nadal para nenos e nenas de entre 3 e 10 anos o próximo venres 23 de decembro, ente as 10:30 e a 13 h. na biblioteca pública municipal.
O obradoiro é gratuito e as prazas son limitadas, así que se queres anotarte debes facelo antes do 21 de decembro na Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981.67.25.80.
O Concello de Carral, en colaboración coas produtoras Mi Valle e Editspin Entertainment, estreará na Casa da Cultura a curtametraxe La dama del tiempo, o vindeiro venres 16 de decembro, ás 20:00 h.
La dama del tiempo foi producida e dirixida por Dino Trincado, xunto co seu fillo Marcos, e gravada en localizacións de Carral, Abegondo e Oleiros. No seu reparto figura a actriz Estíbaliz Veiga, que actualmente participa nas series Fontealba e Pazo de Familia da TVG, e en El final del Camino que emitirá TVE. Completan a lista de actores Manuel Viso, Alberto Martí Villardefrancos, Alberto Casal, Eusebio Álvarez, José Carlos Alonso e Ángel Seoane, entre outros.
Relatan os narradores que no século III, Cosme e Damián, médicos e santos, realizaron milagre tal que habería de constituírse no primeiro transplante da Historia. Tal foi así, que substituíron a perdida perna dun mercador pola dun etíope que falecera o día anterior. Séculos máis tarde, na batalla de Dunkerque, o disparo dun oficial alemán esnaquiza unha perna dun soldado inglés. Coa axuda da Dama do Tempo, o milagre repítese.
Esta película, rica en efectos especiais e elaborada infografía, é unha nova produción do ciruxán Dino Trincado, que reside en Carral, e que se fixo acompañar dun gran equipo técnico, tanto galego como do resto de España.
O acto de estrea estará presentado pola actriz e narradora Érica González Miguel, e contará coa actuación musical de membros do grupo Volando Libre cun repertorio de clásicos do cine.
Para a asistencia a este acto é necesario retirar previamente os convites na Casa da Cultura de Carral, xa que as localidades son limitadas. No caso de esgotarse, a Concellería de Cultura podería ofrecer unha nova proxección despois das 21:00 h, para acoller ás persoas que non tiveron ocasión de gozar da estrea.
O grupo de teatro Valacar, subvencionado pola ONCE, participa no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura, coa representación da obra “Somos tan imbéciles”. A función terá lugar o sábado 10 de decembro, ás 20:30 h., no local Xente Nova de Tabeaio.
“Somos tan imbéciles” é o título dunha obra de teatro, mais ao mesmo tempo é o título dun programa de televisión. Un programa vespertino, ao xeito dun magazine no que inclúen conexións internacionais e nacionais, así como concursos e entrevistas . O programa-obra ten música en directo, o que lle da unha gran axilidade aos textos. A obra está dirixida por Lino Braxe, quen tamén é autor de la obra.
A entrada ao espectáculo é de balde, e prégase puntualidade para non interrumpir a función.
A Concellería de Cultura do Concello de Carral segue desenvolvendo o ciclo teatro de Outono, ofrecendo o escenario agora a Cándido Pazó para a representación de Memorias
dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
A obra presentarase en Tabeaio, no local Xente Nova, o sábado 3 de decembro, ás 20:30 h. A entrada é de balde e as localidades limitadas.
Este espectáculo foi estreado no ano 2011 celebrando o 50 aniversario da primeira publicación en Buenos Aires de Memorias dun neno labrego, o libro máis lido, publicado e traducido da literatura galega, leva acumuladas unhas 200 funcións por Galicia e diversas localidades de Europa e América.
Memorias dun neno labrego é un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como conteiro e monologuista. Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Mistura textos da obra de Neira Vilas con materiais da tradición oral e a memoria colectiva, combinando humor e emoción, evocación e anécdota, elaboración e improvisación.