O pasado día 28 de xuño un grupo de 50 nenos e nenas de Carral, pasaron un diferente e divertido día no Aquapark do veciño concello de Cerceda, a pesar de que o día non foi todo o bo que nos houbese gustado, os/as particpantes pasárono en grande nesta excursión organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil).
O kamikaze, o multipistas, a “uve”, a piscina de olas ou incluso o jacuzzi, foron algunhas das atraccións das que os máis novos poideron gozar ao longo de todo o día.
Esta actividade é unha das que máis aceptación ten por parte dos nenos e nenas de Carral, polo que ben seguro seguirase organizando en mais ocasións.

Esta é a axenda deportiva desta fin de semana:

MOTOR:13510892_1764328503807469_558299649408070600_n
Esta fin de semana Iván Ares e Antón Muíños disputaran o Autocross de Carballo sendo a quinta proba puntuable do Campeonato de España desta especialidade no circuito de Bertoa. Os pilotos do equipo Ares Racing lograron un doblete na cita do campeonato rexional; algo que será difícil repetir, dado o gran nivel de pilotos que disputarán a proba. Sen embargo, ambos loitarán por repetir o resultado e sumar uns puntos que poden ser moi importantes no certamen nacional.

 

FÚTBOL:13581898_1764329863807333_2647674911944803518_o
A Unión Deportiva Carral dende as 12 do mediodía realiza o peche das escolas deportivas no campo do Castro cun partido de pais vs entrenadores e unha gran comida con música e animadores para os nenos

O verán pasado, máis de 200 nenos e nenas participaron nestes cursos entre os meses de xullo e agosto. Read more

Cartel exposición óleos Chechela.A pintora Chechela (Mª José García Martín) exporá unhas vinte obras no edificio social Toñito Espiñeira ata o 30 de xuño.
Natural de Mugardos, Chechela é unha artista autodidacta que centra a súa produción pictórica no óleo sobre lienzo. As súas creacións nacen da necesidade de transmitir as sensacións que sinte dun xeito espontáneo cando ten o lenzo branco diante dela. Busca que cada cadro transmita a quen o mira as mesmas sensacións que ela sentiu cando o pintou.
As obras de Chechela son habituais en diversos certames galegos, obtendo o segundo premio no concurso de Pintura Cidade de Narón. Tamén ten realizado varias exposicións, sendo habituais nas principais salas da comarca de Ferrol.
E exposición de óleos de Chechela está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Carral.

Cartel Pan! Pan! carral.A Panadaría presenta no local Xente Nova de Tabeaio, a premiada obra teatral PAN!PAN!, unha comedia con sabor a western protagonizada por Noelia Castro, Areta Bolado e Ailén Keldenman.

A función terá lugar mañá sábado 11 de xuño, ás 21:00 h, con entrada de balde.

PAN!PAN! é unha parodia de xénero nun dobre sentido. O espectáculo, con música vocal en directo, caricaturiza os westerns americanos e cuestiona o binomio home-muller. Harry, un cowboy americano, viaxa no seu cabalo perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller. Unha peza fresca e desenfadada onde tres actrices constrúen toda a música, personaxes e espazos do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU.

Considerada como a revelación do teatro galego no ano 2015, PAN!PAN! obtivo o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015, ademais de recibir unha nominación á Mellor Música Orixinal. Anteriormente foi galardoada co 1º Premio Xuventude crea 2013.

AXENDA DEPORTIVA para a fin de semana en Carral:

CICLISMO – BTT:
Cartel Btt definitivo 1Este domingo, ás 9.30 arranca dende o Campo da Feira a I Ruta BTT de Carral. Máis de 250 corredores participan nesta primeira proba que transcorre polos camiños forestais e estradas do Concello de Carral. Esta proba está organizada polo Btt carral e o Concello de Carral.

 

 

TIRO OLÍMPICO:
Este sábado, temos a 6ª xornada do ‪#‎trofeoconcellodecarral‬ de Tiro Olímpico, organizado polo13240718_1745928522314134_6783429341787729001_n Club De Tiro Olímpico Carral. Esta proba deportiva dispútase na cancha municipal de tiro (na Casa da Cultura) dende as 10.00 ás 13.00 e das 17.00 ás 20.00 h. A entrada é gratuíta.

 

 

PATINAXE:
Tamén este sábado, o Club Patinaxe Alquimia participa na II Fase de Categoría Rexional de Patincartel-cpaomega-campeonato-regional-2016-212x300axe Artística, no pavillón municipal de Milladoiro, organizado polo Club de Patinaxe Artística Omega, de Ames. O torneo comeza ás 9.00 da mañá e prolongarase ata as 21.00 h.

A cantante galego-portuguesa María do Ceo presentará o seu novo disco no edificio social Toñito Espiñeira. O acto terá lugar o venres 10 de xuño, ás 21:00Cartel 34x48 cm [mar] - De Portugal a Galicia, Fado 2web h.

María do Ceo comentará cos asistentes os temas incluídos no disco De Portugal a Galicia Fado, e agasallará coa interpretación dalgunhas cancións en directo.

María do Ceo acumula xa unha extensa carreira musical, na que os fados centran o seu repertorio. O seu estilo e a súa voz lévana a ser considerada a sucesora de Amalia Rodrigues. María do Ceo volve a Carral despois do seu último concerto no 2009 na igrexa de Carral, no que colleitou un gran éxito.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza para o 28 de xuño, martes, unha excursión ó aquapark de Cerceda coma todos os anos por estas datas.

Para esta excursión, a que poderán ir nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos, sairase desde a Casa da Cultura ás 11:15 h. e regresaremos, tamén á Casa da Cultura, ás 19:30 h. O prezo é de 8 €, o prazo de inscrición estará aberto entre o 3 e o 13 de xuño. As prazas son limitadas, así que apresúrate.

Para pasar o día no parque acuático, débese levar a comida, así coma protección solar, gorra e chancletas.

Para anotarse ou se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80 ou pasarte pola Casa da Cultura.

Aquí vos deixamos os resultados deportivos da fin de semana:

PATINAXE.
Enya Rodríguezsta fin de semana Enya Rodríguez acadou o SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA DE SOLO DANZA, categoría CADETE; a primeira medalla na historia do Club Patinaxe Alquimia para esta modalidade.

 

 

MOTOR:
Antón Muíños acadou un sufrido segundo escalón do pódium en Mollerusa (Lleida) no Autocross de Ara 13422296_1755346531372333_167064812923340906_oLleida, quedando a pouco máis de 3 segundos do primeiro clasificado, despois de ter que remontar na final. No campionato de España da modalidade mantense 3º na loita polo campionato. Aquí vos deixamos toda a información:http://www.ivanares.com/…/293-gran-segundo-puesto-para-anto….

 

DEPORTES TRADICIONAIS. CHAVE
Este domingo rematou o III Torneo de Chave por Parellas de Carral, organizado polo Hórreo “A casa do viño con mel”, o club de chave Ans e o #ConcelloCarral. 13416889_1755346421372344_6770492724949134317_o
3º- Quique e Diego
2º- David e Alfonso
1º- José e Jonathan
Máximo Chaveiro- José (Ans)

TIRO OLÍMPICO:
O domingo, Jose Manuel Álvarez Suárez, do Club De Tiro Olímpico Carral, acadou o13164497_1744796799093973_3906750294749645993_n segundo posto este domingo no XVII Trofeo Corpus de 9mm, organizado polo Club de tiro del Real Aeroclub de Lugo.

 

 

 

¡NORABOA A TOD@S!