Mañá xoves, áGaiteiro Cabezudos 18:30 horas na Biblioteca Pública Municipal, o grupo Os Viqueiras presentará un concerto didáctico de música tradicional para nenos e nenas.

O Gaiteiro Cabezudo, que así se chama o espectáculo,  tenta chegar ós máis cativos a música tradicional galega,. Os asistentes participan tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas. Esta actividade inclúese dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de  Cultura da Xunta de Galicia

Modesto_Fraga_(AELG)-3Modesto Fraga, coa súa obra Devalar sen pel resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.

O xurado salienta a alta calidade dos traballos presentados, preseleccionando unha decena de orixinais, dos que calquera podería ser premiado. Da obra seleccionada, salienta o xurado, que é un traballo redondo, que xoga coas tradicións, tensionando moi ben o texto e sabendo darlle aire nos momentos oportunos. Citando a Lezama Lima, o xurado indica que este poemario “ten a abundancia xusta”.

O xurado do concurso estivo formado por Carmen Caramés, Armando Requeixo e Luciano Rodríguez, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 54 poemarios.

O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

Modesto Fraga (Fisterra, 27/02/1974) escribe poesía e contos. No xénero lírico acadou certames literarios diversos como o Avelina Valladares, O Grelo-Amigos de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Añón, Francisco Fernández del Riego, Faustino Rey Romero e Ramón Cabanillas entre outros.

Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da AELG e do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.

Poemas da súa autoría aparecen nos libros colectivos Coroa Literaria para Roberto Blanco Torres (Edicións do Castro), A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Rumbo ás illas (A.C. Monte Branco), Mar por medio (Toxosoutos), Nós (Batallón Literario Costa da Morte), De mar e vento (Espiral Maior), e no terceiro tomo da antoloxía 25 anos de poesía galega (1975-2000) que o profesor Luciano Rodríguez elaborou para a Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia. Nos últimos anos publicou Fisterra, a derradeira perla de occidente (2014), Atlántica luz. Poesía mareira 1995-2015 (2015), e ten no prelo Adagio por outono.

O acto de entrega do premio terá lugar o 27 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2016. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, Soño e vértice de Eva Veiga. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Aquí vos deixamos as participacións deportivas desta fin de semana:

FÚTBOL:
– Achegamos o cartel dos partidos da Unión Deportiva Carral. Tamén podedes acceder á súa páxina: http://www.udcarral.com/#!news/cjg9.
– Os veteranos de Carral, xogan este sábado ás 17.00 h no campo Borja Rodríguez Ans.

13237791_1744789462428040_4379491577447045367_nMOTOR:
-Trala última vitoria no campionato galego de autocross, Antón Muíños tratará de voltar esta fin de semana ao máis alto do campionato de España no AUTOCROSS CASTELO BRANCO (Portugal).
Iván Ares pola súa banda participa na Subida Internacional al Fito (Arriondas-Asturias), proba puntuable para campionato de España e de Europa de Montaña. Nesta ocasión, Iván si poderá correr sen ningunha limitación no seu Porsche 997 GT3 Rallye 2010.

JUDO:
– Este sábado a partir das 11.00, os nenos e nenas da escola de Tabeaio teñen o pase de grado no Colegio Rías Altas de Culleredo.

PATINAXE:
– As nenas do Club Patinaxe Alquimia e das ‪#‎escolasmunicipais‬ participan esta fin de semana no Concello de Malpica na competición “2ª Fase de Niveis”, nas que 20 patinadoras de Carral e Cambre amosarán as súas habilidades. A competición desenvolverase entre as 10.00 e a 19.30 horas.

RÍTMICA:
– As nenas do Club de Ximnasia Rítmica de Carral, participan este sábado no II Torneo Ximnasia Oroso.

TIRO OLÍMPICO:
– T13164497_1744796799093973_3906750294749645993_namén este sábado, na galería de tiro da Casa da Cultura, o Club De Tiro Olímpico Carral disputa a 5ª xornada da Copa “Concello de Carral” de Tiro Olímpico.

E por último, aínda que non é deporte, gustaríanos invitarvos a todos/as á 14-15 maio Festa Do Pan De Carral.

¡¡¡¡MOITA SORTE A TODOS OS DEPORTISTAS CARRALESES!!!

Manuel María bnAlumnos de 1º a 4º do colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral, puideron gozar na mañá de hoxe a obra teatral “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, que a Concellería de Cultura do Concello de Carral programou no local Xente Nova de Tabeaio.

Esta representación de Trinketrinke Teatro da obra de Manuel María é un dos actos que o Concello de Carral ten previsto para conmemorar as Letras Galegas, que este ano se lle dedican ao escritor de Outeiro de Rei. As celebracións das nosas letras seguirán con obradoiros, contacontos, exposicións, o acto central do certame “Concello de Carral” de poesía, unhas xornadas sobre o teatro de Manuel María e unha excursión á casa natal do escritor chairego.

A semana pasada uns 200 alumnos do mesmo centro tiveron ocasión de ver a compañía Os Quinquilláns que representaron “O espantallo amigo” de Xosé Neira Vilas. Meses antes os nenos puideron ler este libro, que lles foi agasallado polo Concello de Carral.

O torneo disputarase en horario de mañá mentres que a exhibición será de tarde. Read more

Unha vez aprobado inicialmente o “Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carral” e coa finalidade de proporcionar a maior difusión e información deste no período de exposición ao público é polo que se realizarán as seguintes charlas informativas nas distintas parroquias:

PALEO: 2 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de uso administrativo “Toñito Espiñeira”.
TABEAIO: 4 de maio de 2016, ás 20 horas, no local Xente Nova.
CAÑÁS: 6 de maio de 2016, ás 18 horas, no local social de Cañás.
SAN VICENTE DE VIGO: 6 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de San Vicente.
QUEMBRE: 9 de maio de 2016, ás 18 horas, no local social de Quembre.
SUMIO: 9 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de Sumio.
BEIRA: 11 de maio de 2016, ás 18 horas, no local social de Beira.
SERGUDE: 11 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de Sergude.

Prégase a maior difusión entre todos/as os/as veciños/as. Así mesmo, o documento íntegro publicarase na páxina web do Concello (carral.es).

Para máis información, pode ver o Plan na Casa do Concello con atención de persoal técnico ao día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Corporación municipIMG_2527al de Carral, co seu alcalde, José Luis Fernández Mouriño á cabeza, rendiu na mañá de hoxe homenaxe aos coñecidos na historia galega como os Mártires da Liberdade. Tamén tomaron parte nos actos o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, e o presidente do Consorcio das Mariñas e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, representantes de asociacións locais e alumnos do Instituto de Secundario de Carral.

Os actos comezaron cunha ofrenda floral ante o monumento aos Mártires de Carral para despois dirixirse ao edificio social Toñito Espiñeira onde despois de que os estudantes recitaran poemas en lembranza dos oficiais fusilados en Carral hai hoxe 170 anos, se proxectou o documental A última páxina escribiuse con sangue.

No seu discurso o alcalde lembrou aos doce oficiais axustizados nesta vila e o respecto e admiración que as xentes de Carral sempre tiveron por aqueles protagonistas da Revolución de 1846.

O alcalde José Luis Fernández Mouriño encabezará a comitiva oficial que renderá homenaxe aos Mártires de Carral o vindeiro martes 26 de abril, cando se cumpren 170 anos daqueles acontecementos.

O acto consistirá nunha ofrenda floral ante o monumento aos Mártires da Liberdade ás 11:30 h, á que se convida a toda poboación de Carral. Logo, a comitiva oficial reunirase co alumnado do instituto de secundaria na proxección do documental “A última páxina escribiuse con sangue”.

A estes actos está de momento confirmada a asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e do presidente do Consorcio das Mariñas, José Antonio Santiso Miramontes. Tomarán parte ademais membros da Corporación local así como representantes de asociacións do municipio.

O fusilamento de Miguel Solís e os seus oficiais o 26 de abril de 1846 constitúe o feito histórico de maior relevancia en Carral. O monumento que se ergue no centro urbano e que lembra a quen protagonizou o levantamento contra o Xeneral Narváez, foi inaugurado en 1904 e construído co deseño do arquitecto lucense Javier Álvarez Mendoza.

Con este acto oficial rematarán as homenaxes que comezan mañá coa representación teatral Abril de Lume e Ferro no Campo da Feira e protagonzada por veciños e veciñas de Carral.

bibliotecas-bibliotecas-4850O día 23 de abril conmemórase en todo o mundo o día do libro.

Dende a biblioteca municipal queremos rendirlle unha homenaxe ó libro, ós lectores, ós escritores, ós editores… e a todas as persoas que están relacionadas dunha maneira ou doutra  con este mundo máxico que nos abre portas á imaginaxión, que nos informa, que nos instrúe e que forma parte das nosas vidas dende que somos moi pequenos.

A biblioteca ten programadas ó longo deste mes unha serie de actividades que intentarán achegar un pouco máis o mundo do libro ós nosos veciños.

A partir do día 15 de abril e ata o 10 de maio, comeza cunha nova campaña de Libros Solidarios, na que se fai unha recollida de libros usados para logo intercambialos por productos de primeira necesidade  durante a Festa do Pan. Os libros depositaranse na Bibliteca Municipal.

O 21 de abril na Biblioteca municipal da Casa da Cultura, os compoñentes de Viravolta Títeres impartirán un obradoiro de  marionetas de papel dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Será ás 18:30

O día 28 de abril, teremos na biblioteca a un contacontos xa coñecido por todos, Pablísimo, que nos presentará nesta ocasión o seu espectáculo Mans, unha sesión de teatro e narración oral onde as historias se  contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.

Serà na biblioteca municipal ás 6 e media  da tarde.

Os nenos máis pequeños de Carral tamén nos visitarán esta semana. O día 20 os alumnos de infantil  terán a oportunidade de  ver a Trinke Trinke Teatro. Será na Biblioteca Municipal.

 

A OMIX de Carral, organiza unha excursión á Warner (Madrid), os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio.

A saida realizaráse desde a Casa da Cultura o venres día 20, ás 22:00 h. e o regreso sería o mesmo lugar o domingo arredor das 19:30 h.

A viaxe inclúe o transporte, aloxamento con media pensión para o sábado, a entrada ó parque temático, así coma a comida do domingo e os monitores.

Os prezos varian segundo a idade do participante. Para os nenos e as nenas de entre 5 e 12 anos (que deberán ir acompañados/as dun adulto) o prezo é de 70 €, para os rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos o prezo é de 80 €, e de 18 en adiante de 122 €.

As prazas son limitadas e o prazo de incrición remata o 2 de maio. Apresúrate!

Para inscricións e máis información na OMIX (primeiro andar da Casa da Cultura, e no teléfono 981.67.25.80)

 

Cartel