Cartel Concerto Panxoliñas 2015.Tres corais da provincia participarán no Festival de Panxoliñas de Carral, que organiza a concellería de Cultura coa colaboración da Asociación Cultural Aires de Carral e da Deputación Provincial da Coruña. As corais polifónicas que participarán son Vía Sacra de Sobrado dos Monxes, San Valentín de Fene e Aires de Carral.

Este evento musical terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio, o domingo 20 de decembro, ás 19:00 h. A entrada será libre.

A coral polifónica San Valentín, dirixida por Miriam Fernández Marín, naceu no ano 1980 e desde entón ten viaxado por diversas cidades españolas e a meirande parte das vilas galegas participando en concertos, festivais e certames. Pola súa banda a agrupación Vía Sacra, creada en 2008, recibe o seu nome en honra ao paseo entre a Casa das Audiencias e o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Comeza con tan só 6 compoñentes, contando na actualidade con 28. Desde o seu comezo está dirixida por Malena Pazos Pintor.

A coral anfitriona, Aires de Carral conta cun longo historial de concertos por localidades galegas e española, acadando distincións en diversos certames. No ano 2013 gravou o seu último disco, Ecos de Carral, e desde 1982 dirixe a coral Juan José Gordillo.

O artista e deseñador gráfico betanceiro, Luis Galán, fixo hoxe entrega de tres obras que formaron parte da exposición As Mariñas de nunca xamais que percorreu os nove concellos do Consorcio das Mariñas. O alcalde José Luis Fernández Mouriño e a concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela foron os encargados de recepcionar os tres cadros que pasarán a formar parte do patrimonio artístico do que dispón o Concello de Carral.

Os cadros, que en breve estarán pendurados no Salón de Plenos e na alcaldía, representan tres lugares emblemáticos do municipio. Son o monumento aos Mártires da Liberdade, os muíños de Costa da Egua e o edificio modernista da depuradora de auga de Cañás. A técnica empregada por Luis Galán nestas obras é a ilustración vectorial e a impresión coa técnica glicée.

Luis Galán - alcalde - concelleira cultura - Carral 2015 web

Este sábado terá lugar unha nova edición deste trofeo carralés de Tiro con Arco. Read more

O xoves 17 de decembrcartel os sete cabritos peqo, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía do Trinketrinke presentará un novo contacontos coa familia Ratoncia como protagonista, nesta ocasión será outro conto tradicional: “Os sete cabritos e o lobo”

Destinado ó público infantil de 3 a 8 anos.

Será o xoves 17 de decembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).

A entrada será libre.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral, dentro do seu programa Teatro de Outono, ofrece o espectáculo infantil Rodarirodari (Contos do tranvía) da compañía galega Foto RodariRodariFantoches Baj, este sábado 12 de decembro, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h.

RodariRodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, manipulación de títeres e acompañamento musical en directo, no que se emprega o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tema do xogo está presente para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que o músico Carlos Quintá, irá acompañándo co seu acordeón diatónico, e o narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.

O espactáculo está recomendado para rapaces de 4 a 12 anos, e o acceso é libre ata completar o aforo. Prégase que o público sexa puntual para que unha vez iniciada a función non existan interrupcións.

A Biblioteca Pública Municipal organiza nestas datas, un obradoiro de decoración de Nadal dirixido a nenos e nenas entre 3 e 11 anos.

Os participantes crearán os seus propios adornos navideños coa axuda de monitores, utilizando diversas técnicas.

Será o día 23 de decembro ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).

As prazas son limitadas polo que é necesario anotarse previamente na Casa da Cultura.

O ciclo de Teatro de Outono que desenvolve o Concello de Carral chega á súa cuarta función coa presentación de OCCIDENTE por parte da compañía Espello Cóncavo.Cartel Teatro de Outono 2015.

OCCIDENTE é un espectáculo conformado por un conxunto de pezas breves da autoría do dramaturgo, actor e director, Lino Braxe. Nelas, o autor pretende afondar no coñecemento da sociedade que nos tocou vivir, procurando unha posta en escena sinxela, uns diálogos directos e un espazo sonoro singular. Trátase dunha comedia ácida, pois o humor permanece en todas as historias que o espectáculo ofrece.

A representación terá lugar no local Xente Nova de Tabeaio, este sábado 5 de decembro, ás 20:00 h. A entrada é libre ata completar o aforo.