A productora galega Findaterra, formada por Cristina González e a veciña de Quembre, Noemia Moar, en colaboración co concello de Carral, presenta o documental A última páxina escribiuse con sangue.

A proxección terá lugar o día 15 de abril, no edificio social Toñito Espiñeira en Carral, ás 21.30 h. e contará ademais coa actuación do músico Miro Casabella.

A última páxina escribiuse con sangue é un documental histórico sobre o levantamento de 1846, unha parte da nosa historia esquecida e ata descoñecida, ainda que foi o único golpe de estado iniciado en Galicia.

Tras unha exhaustiva labor de documentación, A última páxina escribiuse con sangue trata de dar a coñecer como sucederon realmente os feitos dunha maneira obxectiva e rigorosa. Uns feitos que puideron cambiar a historia política e monárquica de España, nos que Galicia tería o papel fundamental.

A entrada á estrea é libre ata completar o aforo.

Cartel documental sobre os Mártires.

A Concellería de Deportes contou coa participación de 9 clubs/escolas e un total de 205 patinadores. Read more

O próximo 14 e 15 de maio de 2016  se celebrará a XIV Festa do Pan de Carral, con venda de pan, de bocadillo quente con xamón, tomate e aceite de oliva, obradoiros de pan para os máis pequenos, feira medieval, exposición de comercio, verbena e xuntanza de moteiros,  ademáis de outros moitos atractivos.

Se queres participar poñendo un posto na Feira medieval estos son os enlaces da documentación necesaria:

BASES PARTICIPACIÓN FEIRA MEDIEVAL2016

DECLARACIÓN RESPONSABLE

INSCRICION FERIAMEDIEVAL 2016

Se queres participar poñendo un posto como comercio local ou de outro concello podes apuntarte no Edif Social Toñito Espiñeira 981613520 ou por correo electrónico a través da dirección educacion@carral.es

 

A Concellería de Deportes conta con 11 clubs/escolas inscritos e ao redor de 220 deportistas.   Read more

A ConcellerImaxe sendeirismoía de Cultura presenta un novo programa chamado 20 km Camiño con Cultura, consistente en catro roteiros cos que gozar do patrimonio cultural e natural de Galicia.

O primeiro roteiro, Betanzos polo Camiño Inglés, terá lugar o 16 de abril. O seguinte, que se fará polo Val de Loureda de Arteixo, será o 21 de maio. Despois das festas do Socorro, o 17 de setembro, realizarase un percorrido por Marcelle e a Reserva da Biosfera Río Miño; rematando o programa o 15 de outubro cun roteiro polo Courel.

As prazas para cada xornada son limitadas, e as persoas interesadas deberán inscribirse na Casa da Cultura antes do martes anterior a cada roteiro. O prezo por persoa é de 15 euros, que inclúe o transporte e os monitores e guías durante o percorrido.

 

Folleto sendeirismo cultural 2016

Cartel 12º ciclo cine.A Concellería de Cultura proxectará os venres 1 e 8 de abril, dúas películas que acadaron gran éxitos nos pasados meses. Trátase de “Marte”, protagonizada por Matt Damon e dirixida por Ridley Scott, que se programa para este venres; e de “Everest”, un filme que narra as peripecias reais de dúas expedicións que queren acadar o cumio, sufrindo unha terrible tormenta de neve, e que se proxectará o venres 8 de abril.

Ámbalas dúas películas comezarán ás 20:30 h. A entrada é de balde, mais como as localidades son limitadas, deberanse recoller previamente as entradas na Casa da Cultura, desde o mércores anterior a cada proxección.

O servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral organiza un ano máis unha viaxe á Casa dos Peixes para o 23 de abril de 2016.

A visita, programada para pais, nais e fillos, é gratuíta e ten prevista a súa saída ás 10:30 horas e a volta ás 13:30.

O prazo para poder inscribirse remata o 14 de abril.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no 981670002.

 

 

A bibliotec3a municipal da Casa da Cultura acollerá o vindeiro xoves 31 de marzo, ás 18:00 h, “OS CONTOS DO CHUPETE” de Migallas Teatro. É unha función para bebés (0 a 3 anos) incluída no programa “Ler conta moito”.

Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

As localidades para asistir a esta sesión de contos son limitadas. Será necesario retirar previamente un convite de balde na Casa da Cultura a partir do martes 29 de marzo.

O  equipo de investigación do castro das Travesas está a presentar algunhas novas conclusións . No blog castrodastravesas.wordpress.com, posto en marcha polo grupo investigador, ofrece información sobre as novidades das súas pescudas, que se realizan como actividade propia do museo do castro.

Isto ten dado como resultado a reaparición dun importante castro en Carral (Vista Real na parroquia de Cañás), relevante polas súas dimensións e por estar próximo a outro moi coñecido (castro de Ameás).  Constátase a relación do Camiño Inglés cos castros, o cal apunta a que esta vía puido ter tido unha orixe moi antiga. Analizando o treito entre Gosende (Carral) e Figueroa (Abegondo) constátase a relación dos castros co Camiño Inglés pola súa proximidade. Non é a primeira vez que se ten documentado esta asociación, que se ten verificado arqueoloxicamente nas proximidades do castro das Travesas, e que se repite no val do río Mero.Peza 6 - 1ª

Outra novidade publicada é a aplicación dos criterios de simetría e proporcionalidade na configuración do castro das Travesas. No blog, o equipo científico detalla estas conclusións.

Cabe lembrar que no pasado mes de setembro se fixeron as últimas intervencións nas Travesas, coa participación de voluntarios europeos, que tomaban parte no programa Working Holidays de Tesouros de Galicia e a británica International National Trusts Organisation.

A Colección Visitable do Castro das Travesas, que está na Casa da Cultura de Carral, ofrece ao visitante unha excelente interpretación do que supuxo este castro, un dos máis grandes da provincia. Ademais son visitables os castros das Travesas e de Tabeaio. No devandito blog ofrécese completa información sobre como chegar, os horarios da sala expositiva ou como poder solicitar unha visita organizada.

A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Carral. organiza un curso de monitor/a de tempo libre.

Este curso homologado pola Xunta, que impartirá a Escola de Tempo Libre Aldebarán, desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño, todos os sábados de 9:00 a 14:00, e de 16:00 a 21:00, así coma os domingos de 9:00 a 14:00 h.

O curso consta de 200 horas teórico-prácticas, que se impartirán no centro de formación Antón Fráguas e 150 h. prácticas. Ademais farase unha saída de 10 horas, e unha acampada de 20 horas.

O prezo do curso é de 215 euros, as prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 28 de marzo.

Para poder realizar o curso, é necesario ter cumpridos 18 anos e estar en posesión do titulo de Graduado Escolar, de Graduado en Educación Secundaria, ou Técnico Auxiliar en Formación Profesional.

Para ter mais información ou para facer a inscrición débese pasar pola Casa da Cultura ou chamar ó 981.67.25.80.

 

Cartel