FeowebO local Xente Nova de Tabeaio acollerá os días 4, 5 e 10 de xuño dúas obras de teatro e o espectáculo Os Bolechas van ás Olimpiadas.

A premiada como mellor obra teatral infantil galega do 2015, Feo!, de Caramuxo Teatro,  presentarase o sábado 4, ás 21:00 h. Feo! É unha fermosa obra inspirada en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente… Feo! é un canto  á diversidade  e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Os Bolechas chegan o domingo 5 de xuño, ás 18:00 h, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o programa Falaredes. Este ano celébranse Olimpíadas en Río de Xaneiro e Os Bolechas queren participar. Teñen tanta présa que collen o avión antes de tempo. En Brasil aínda non hai nada preparado…excepto Romualdo, un deportista “completísimo” que prepara as Romuolimpíadas. E reta os Bolechas a competir con el para gañar un pase aos verdadeiros xogos olímpicos. Como é habitual, os irmáns van precisar moita axuda para gañar a Romualdo e conseguir unha inscrición nas Olimpíadas de Río 2016. E quen vai axudalos? O público presente na actividade! Todas as nenas e nenos, xunto ás súas familias, deberán demostrar o que saben dos xogos olímpicos e tamén que están en forma para participar nos de Río. E para iso terán que superar unha chea de probas… moi divertidas!.Cartel Os Bolechas Carral.

E este ciclo de espectáculos remata cunha divertida comedia a cargo da compañía viguesa A Panadería, que presenta Pan!Pan!. Será o sábado 11 de xuño ás 21:00 h. Pan!Pan! é unha parodia de xénero nun dobre sentido. O espectáculo, con musica vocal en directo, caricaturiza os westerns americanos e cuestiona o binomio home-muller. Harry, un cowboy americano, viaxa no seu cabalo perseguindo a un indio salvaxe que roubou a súa muller. Unha peza fresca e desenfadada onde tres actrices constrúen toda a musica, personaxes e espazos do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. Considerada como a revelación do teatro galego no ano 2015, Pan!Pan! obtivo o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015, ademais de recibir unha nominación á Mellor Música Orixinal. Anteriormente foi galardoado co 1º Premio Xuventude crea 2013.

Feo!  E Pan!Pan! son dous espectáculo incluídos no programa Cultura no Camiño promovido pola Xunta de Galicia e os concellos polos que transcorren os Camiños de Santiago.

O acceso a todos os espectáculos é libre, e prégase puntualidade para evitar molestias no desenvolvemento das funcións.

PAN!PAN! 1web

MAQUETA DE POESÍA.qxdO alcalde José Luis Fernández Mouriño presidirá o acto de entrega do premio de poesía Concello de Carral, que terá lugar o venres 27 de maio na Casa da Cultura, ás 20:30 h.

No acto, no que tamén está prevista a asistencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, farase entrega do premio da 19ª edición do certame a Modesto Fraga, que gañou co seu libro Devalar sen pel. O premio consiste en 2500 euros e a publicación da obra por parte de Edicións Espiral Maior.

O mesmo acto servirá para presentar o libro que obtivo o premio no 2015, do que é autora Eva Veiga e que se titula Soño e vértice. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral na edición deste poemario, unha cooperación que se ven mantendo desde anteriores edicións do certame.

Ademais dos premiados,  tamén estarán presentes o escritor e director de Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e o crítico literario Armando Requeixo. O acto pecharase coa actuación musical de 2naFronteira.

O Concello de Carral agasallará aos asistentes co libro de Eva Veiga.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) viaxou cun grupo de 50 personas o pasado fin de semana a Madrid. Alí gozamos dun día no parque de atraccións da Warner, onde os máis novos, e non tan novos, aproveitaron todo o día do sábado para pasalo en grande nas múltiples atraccións e espectáculos das que dispón o parque. Despois dun necesario descanso, o domingo partimos cara a casa non sen antes facer unha parada en Segovia, onde puidemos ver o espectacular acueducto e a zona historica da cidade. Foi un finde breve pero intenso, e sobre todo moi divertido. Esperamos que todos/as os participantes o pasaran en grande, e velos na próxima actividade organizada pola OMIX

WB. Parque

O concello de Carral e o IES de Carral organizarán o próximo 5 de xuño a 1ª edición da carreira na que se espera xuntar a máis de 350 corredores. Read more

un nacemento especial (1)O xoves 26 de maio, na Biblioteca Municipal teremos un novo contacontos coa familia dos Ratiños de Biblioteca.

A función deste xoves titúlase “Un nacemento especial” e será a Ratiña Carolina a encargada de acompañarnos e de contarnos moitas historias como: “Contos por teléfono”  de G. Rodari,  “Historia de Uno” de Rosa Osuna e “Cuentos  1,2,3,4” de  Eugene Ionesco

Como ven sendo habitual, será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:30 horas, e con esta sesión remataremos a tempada de contacontos ata o inicio do novo curso.

Aquí tedes as participacións deportivas desta fin de semana:

FÚTBOL:
– Achegamos o cartel dos partidos da Unión Deportiva Carral. tamén podedes acceder á súa páxin13221387_1747331818840471_7501587677603210041_oa: http://www.udcarral.com/#!news/cjg9

 

13254177_1747331775507142_2680204915329682175_nRÍTMICA:
– Este sábado a categoría Babie do Club de Ximnasia Rítmica de Carral desprazarase a Pontedeume; na mentres que as infantís (mazas) acudiran a Pontevedra ao X torneo de As Triscas & Vila de Pontevedra.

 

 

 

 

TIRO OLÍMPICO:
– O domingo, os tiradores do Club De Tiro Olímpico Carral participarán a partir das 11.00 h, na Fase Clasificatoria do torneo autonómico de Pistola Estándar, organizado polo C.T.O. O Castro (Narón).

 

TIRO CON ARCO:
Este sábado, no pavillón da Sardiñeira (Coruña) terá lugar a Final da V Liga de Equipos de Tiro con Arco, na que participan e organizan os tiradores do Arqueiros Do Adarve

¡¡¡Moita sorte para @s nos@s deportistas!!!

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de instalar por diversos lugares de Carral e Tabeaio, paneis divulgativos sobre Manuel María, autor ao que se lle está a dedicar Paneis Manuel María - Carral-2016- 02webo Día das Letras Galegas deste ano.

Os paneis ofrecen unha breve biografía do escritor da Terra Cha, así como a lembranza dalgúns momentos que Manuel María compartiu coas xentes de Carral, entre eles o acto de presentación da publicación da súa obra Abril de Lume e Ferro, ao que asistía tamén cando se comezou a representarse por parte dos veciños. Outro momento que se recolle nos paneis é cando recibiu un dos premios da Cultura e o Deporte concedido polo Concello de Carral.

A información complétase con dous poemas. O primeiro é o dedicado a Miguel Solís en Abril de Lume e Ferro, e o segundo é A Fala, no que chama a atención sobre a necesaria defensa do noso idioma.

O programa das Letras Galegas continuará a semana vindeira cunha sesión de contacontos na Biblioteca municipal coa Ratiña Carolina, e o acto central do Certame de Poesía Concello de Carral, o venres 27 de maio, no que se entregará o premio a Modesto Fraga e se presentará a publicación do libro gañador na pasada edición, Soño e vértice de Eva Veiga.

Esta fin de semana houbo sorte dispar nos resultados deportivos dos deportistas carraleses.

MOTOR:
– Por un lado, Antón Muíños acadou unha meritoria 4ª praza no AUTOCROSS 13221720_1745928502314136_5386014142047866856_nCASTELO BRANCO (Portugal). http://ivanares.net/…/286-anton-muinos-se-quedo-a-los-pies-….
Iván Ares acadou o 2º posto na Subida Internacional al Fito, puntuable para o campionato de Europa e de España de Montaña. http://ivanares.net/…/285-gran-actuacion-de-ivan-ares-en-la…

 

 

– Tamén esta pasada fin de semana celebr13266073_1746706625569657_1103953995038783968_nouse o Rally Terras do Mando no Concello de Curtis no que os carraleses Francisco Garcia Caridad e Oscar Souto acadaron o 1º posto na categoría de propulsión traseira, proba puntuable para o campeonato de España de rallyes de terra.

 

PATINAXE:
– En canto ao patinaxe, 6 nenas do Club Patinaxe Alquimia acadaron o pase de nivel esta fin de semana no Concello de Malpica.

 

RÍTMICA:
13255905_1745926795647640_5849002844290383663_n– As nenas de rítmica acadaron un magnífico resultado no II Torneo Ximnasia Oroso:
As categorías alevíns escolar e infantil de promoción acadaron o 2º posto do caixón.
A categoría infantil escolar proclamáronse campioas.
En canto ás actuacións individuais, Iria Maroño e Carmela Villamarín acadaron cadansúa medalla de prata.

 

 

 

CHAVE
13177774_1745937082313278_8730750127350404930_nPor outra parte o fin de semana do 7 e 8 de maio o club de chave o pazo de Quembre foi campión da copa de segunda división e o club de chave Ans campión da copa da primeira división

 

TIRO OLÍMPICO:
– Por último, este sábado tivo lugar a 5ª xornada da Copa “Concello de Carral” de Tiro Olímpico, na que os tiradores carraleses do Club De Tiro Olímpico Carral fixeron un espléndido papel.

¡¡Parabéns a tod@s estes deportistas!!

Mañá xoves, áGaiteiro Cabezudos 18:30 horas na Biblioteca Pública Municipal, o grupo Os Viqueiras presentará un concerto didáctico de música tradicional para nenos e nenas.

O Gaiteiro Cabezudo, que así se chama o espectáculo,  tenta chegar ós máis cativos a música tradicional galega,. Os asistentes participan tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas. Esta actividade inclúese dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de  Cultura da Xunta de Galicia

Modesto_Fraga_(AELG)-3Modesto Fraga, coa súa obra Devalar sen pel resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.

O xurado salienta a alta calidade dos traballos presentados, preseleccionando unha decena de orixinais, dos que calquera podería ser premiado. Da obra seleccionada, salienta o xurado, que é un traballo redondo, que xoga coas tradicións, tensionando moi ben o texto e sabendo darlle aire nos momentos oportunos. Citando a Lezama Lima, o xurado indica que este poemario “ten a abundancia xusta”.

O xurado do concurso estivo formado por Carmen Caramés, Armando Requeixo e Luciano Rodríguez, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 54 poemarios.

O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

Modesto Fraga (Fisterra, 27/02/1974) escribe poesía e contos. No xénero lírico acadou certames literarios diversos como o Avelina Valladares, O Grelo-Amigos de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Añón, Francisco Fernández del Riego, Faustino Rey Romero e Ramón Cabanillas entre outros.

Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da AELG e do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.

Poemas da súa autoría aparecen nos libros colectivos Coroa Literaria para Roberto Blanco Torres (Edicións do Castro), A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Rumbo ás illas (A.C. Monte Branco), Mar por medio (Toxosoutos), Nós (Batallón Literario Costa da Morte), De mar e vento (Espiral Maior), e no terceiro tomo da antoloxía 25 anos de poesía galega (1975-2000) que o profesor Luciano Rodríguez elaborou para a Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia. Nos últimos anos publicou Fisterra, a derradeira perla de occidente (2014), Atlántica luz. Poesía mareira 1995-2015 (2015), e ten no prelo Adagio por outono.

O acto de entrega do premio terá lugar o 27 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2016. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, Soño e vértice de Eva Veiga. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.