A Asociación Cultura Aberta de Carral, en colaboración coa Concellería de Cultura, ven de publicar as bases do seu primeiro concurso fotográfico, que leva o nome de Manuel manuel ferrolFerrol, o fotógrafo da emigración que contou con estudio en Carral.

O certame reparte 600 € en premios, e nesta primeira edición está dedicado ao retrato, modalidade na que foi especialista Ferrol. Poden participar fotógrafos afeccionados ou profesionais presentando fotos en papel, cun tamaño de 30×40 cm montadas nunha cartolina de 40×50 cm. Achegará ademais unha copia en formato dixital. O prazo para presentar obras remata o 27 de decembro.

Coas obras gañadoras e unha selección que realice o xurado, Cultura Aberta realizará unha exposición no edificio social Toñito Espiñeira.

Bases do Concurso Fotografía Manuel Ferrol

corredorA película El Corredor del Laberinto. Las Pruebas proxectarase este venres na Casa da Cultura dentro do ciclo Películas para o outono.

Thomas e os demais clarianos terán que buscar pistas sobre a misteriosa e poderosa organización “CRUEL”. Esta aventura levaraos a “A Queimadura”, un apocalíptico lugar cheo de inimaxinables obstáculos. Xunto a  membros da Resistencia, terán que descubrir quen son os dirixentes da seita e cales son os seus plans.

A película comezará ás 20:30 h. e a entrada é de balde. Aconséllase retirar previamente a entrada para garantir dispor de localidade. Este filme non é recomendable para menores de 12 anos.

A seguinte película, Kingsman. Servicio Secreto, ofrécese o venres 4 de novembro.

Este domingo 23 de outubro, 112 afeccionados aos patíns de toda a Comarca, gozaron en Carral de numerosas actividades.  Read more

A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés.  Read more

Un ano máis a Biblioteca Municipal de Carral celebra a festa do Samaín e para elo ten programado unha serie de actividades propias desta data. Samaín

Dirixido ós máis pequenos da casa, o día 26 de outubro, mércores, presentamos unha sesión de contacontos moi especial  para nenos pequenos. Cancións e contos para fomentar o gusto pola lectura a través de experiencias sensoriales básicas.

Esta sesión complementarase cunha pequena charla educativa dirixida aos pais.

Os asistentes terán a oportunidade tamén de participar nun obradoiro de cestiñas para preparar a noite de Samaín.

Esta actividade será na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro) ás 18.00 horas e está dirixida a nenos e nenas entre 0 e 5 anos. A entrada é libre.

O xoves 27, celebraremos unha festa de Samaín. Será no edificio Toñito Espiñeira. Esta actividade inclúe xogos, obradoiro de maquillaxe e por suposto contos de medo cun personaxe misterioso. Os participantes poderán asistir co seu disfraz máis terrorífico. A idade recomendada é a partir dos 5 anos.

4 fantásticosA Casa da Cultura volve programar cinema. Nesta ocasión cun ciclo formado por catro películas que se proxectarán os próximos catro venres ás 20:30 h.

Comeza este venres con Los 4 Fantásticos, un filme de ciencia ficción que narra que catro astronautas convértense en superheroes tras ser contaminados no espazo exterior.

Nas próximas sesións proxectaranse El Corredor del Laberinto – Las Pruebas, Kingsman. Servicio Secreto e Ex Machina. O acceso a todas as sesións é gratuíto.

Por motivos alleos á vontade do Concello de Carral aprázase a Xuntanza de Palilleiras prevista para o sábado 22 de outubro.

En canto se asigne unha nova data para este evento comunicarase polos medios habituais.

A Concellería de Cultura pide desculpas polas molestias que este aprazamento poida provocar.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral rematará o seu programa 20 km Camiño con Cultura de sendeirismo cultural, organizando para o sábado 15 de outubro unha ruta polo Courel.courel

Realizarase o roteiro mítico entre Valdomir e Froxán. Logo de acceder a Valdomir en autobús, ollarase o camiño ata a aldea de Vilar. Este é un sitio moi coñecido pola divulgación dun roteiro marcado que atravesa os seus soutos, a ermida e un castro situado sobre o río Lor, un lugar inesquecible para os que o visitan.

O camiño desde o castro baixa polo monte ata o río, cruzando por unha vella ponte de madeira. Logo de pasalo os participantes atoparanse co sobreiral de magníficos exemplares de corticeiras que se aproveitan para facer trobos de abellas.

Por camiños antigos chegaremos ata Froxán, un dos paraísos do Caurel, unha aldea ben conservada, restaurada e habitada na actualidade. Coma fin do roteiro, antes de emprender a volta, visitaremos a vila de Seoane do Courel.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na Casa da Cultura antes do martes 11 de outubro. O prezo por persoa é de 15 euros, que inclúe o transporte e os monitores e guías durante o percorrido.