Cartel Pan! Pan! carral.A Panadaría presenta no local Xente Nova de Tabeaio, a premiada obra teatral PAN!PAN!, unha comedia con sabor a western protagonizada por Noelia Castro, Areta Bolado e Ailén Keldenman.

A función terá lugar mañá sábado 11 de xuño, ás 21:00 h, con entrada de balde.

PAN!PAN! é unha parodia de xénero nun dobre sentido. O espectáculo, con música vocal en directo, caricaturiza os westerns americanos e cuestiona o binomio home-muller. Harry, un cowboy americano, viaxa no seu cabalo perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller. Unha peza fresca e desenfadada onde tres actrices constrúen toda a música, personaxes e espazos do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU.

Considerada como a revelación do teatro galego no ano 2015, PAN!PAN! obtivo o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015, ademais de recibir unha nominación á Mellor Música Orixinal. Anteriormente foi galardoada co 1º Premio Xuventude crea 2013.

AXENDA DEPORTIVA para a fin de semana en Carral:

CICLISMO – BTT:
Cartel Btt definitivo 1Este domingo, ás 9.30 arranca dende o Campo da Feira a I Ruta BTT de Carral. Máis de 250 corredores participan nesta primeira proba que transcorre polos camiños forestais e estradas do Concello de Carral. Esta proba está organizada polo Btt carral e o Concello de Carral.

 

 

TIRO OLÍMPICO:
Este sábado, temos a 6ª xornada do ‪#‎trofeoconcellodecarral‬ de Tiro Olímpico, organizado polo13240718_1745928522314134_6783429341787729001_n Club De Tiro Olímpico Carral. Esta proba deportiva dispútase na cancha municipal de tiro (na Casa da Cultura) dende as 10.00 ás 13.00 e das 17.00 ás 20.00 h. A entrada é gratuíta.

 

 

PATINAXE:
Tamén este sábado, o Club Patinaxe Alquimia participa na II Fase de Categoría Rexional de Patincartel-cpaomega-campeonato-regional-2016-212x300axe Artística, no pavillón municipal de Milladoiro, organizado polo Club de Patinaxe Artística Omega, de Ames. O torneo comeza ás 9.00 da mañá e prolongarase ata as 21.00 h.

A cantante galego-portuguesa María do Ceo presentará o seu novo disco no edificio social Toñito Espiñeira. O acto terá lugar o venres 10 de xuño, ás 21:00Cartel 34x48 cm [mar] - De Portugal a Galicia, Fado 2web h.

María do Ceo comentará cos asistentes os temas incluídos no disco De Portugal a Galicia Fado, e agasallará coa interpretación dalgunhas cancións en directo.

María do Ceo acumula xa unha extensa carreira musical, na que os fados centran o seu repertorio. O seu estilo e a súa voz lévana a ser considerada a sucesora de Amalia Rodrigues. María do Ceo volve a Carral despois do seu último concerto no 2009 na igrexa de Carral, no que colleitou un gran éxito.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza para o 28 de xuño, martes, unha excursión ó aquapark de Cerceda coma todos os anos por estas datas.

Para esta excursión, a que poderán ir nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos, sairase desde a Casa da Cultura ás 11:15 h. e regresaremos, tamén á Casa da Cultura, ás 19:30 h. O prezo é de 8 €, o prazo de inscrición estará aberto entre o 3 e o 13 de xuño. As prazas son limitadas, así que apresúrate.

Para pasar o día no parque acuático, débese levar a comida, así coma protección solar, gorra e chancletas.

Para anotarse ou se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80 ou pasarte pola Casa da Cultura.

Aquí vos deixamos os resultados deportivos da fin de semana:

PATINAXE.
Enya Rodríguezsta fin de semana Enya Rodríguez acadou o SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA DE SOLO DANZA, categoría CADETE; a primeira medalla na historia do Club Patinaxe Alquimia para esta modalidade.

 

 

MOTOR:
Antón Muíños acadou un sufrido segundo escalón do pódium en Mollerusa (Lleida) no Autocross de Ara 13422296_1755346531372333_167064812923340906_oLleida, quedando a pouco máis de 3 segundos do primeiro clasificado, despois de ter que remontar na final. No campionato de España da modalidade mantense 3º na loita polo campionato. Aquí vos deixamos toda a información:http://www.ivanares.com/…/293-gran-segundo-puesto-para-anto….

 

DEPORTES TRADICIONAIS. CHAVE
Este domingo rematou o III Torneo de Chave por Parellas de Carral, organizado polo Hórreo “A casa do viño con mel”, o club de chave Ans e o #ConcelloCarral. 13416889_1755346421372344_6770492724949134317_o
3º- Quique e Diego
2º- David e Alfonso
1º- José e Jonathan
Máximo Chaveiro- José (Ans)

TIRO OLÍMPICO:
O domingo, Jose Manuel Álvarez Suárez, do Club De Tiro Olímpico Carral, acadou o13164497_1744796799093973_3906750294749645993_n segundo posto este domingo no XVII Trofeo Corpus de 9mm, organizado polo Club de tiro del Real Aeroclub de Lugo.

 

 

 

¡NORABOA A TOD@S!

A Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Fundación Manuel María, a Asociación Cultural Abril de Lume e Ferro e a Deputación Provincial da coruña, organiza unhas xornadas para analizar o teatro escrito por Manuel María, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas neste ano.

O programa inclúe relatorios de Pilar García Negro e Henrique Rabuñal, a presentación dunha nova edición do libro Abril de Lume e Ferro e unha mesa redonda na que participarán directores de teatro que traballaron a dramaturxia de Manuel María.

As xornadas terán lugar na tarde-noite do venres 17 de xuño e na mañá do sábado 18 de xuño. Para asistir as persoas interesadas deberán inscribirse na Casa da Cultura (tel. 981 672 580). A inscrición é de balde.

Pódese descargar o Programa Xornadas O teatro de Manuel María.

Cartel Excursión Casa Musei Manuel María Marcelle.A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza, dentro das súas actividades das Letras Galegas, unha excursión na que se visitará en Outeiro de Rei a Casa Museo de Manuel María e despois do xantar o parque zoolóxico de Marcelle. Realizarase o domingo 19 de xuño.

É unha actividade recomendada para gozar en familia e na que o prezo inclúe as entradas, o xantar e o desprazamento. O importe por persoa é de 30 euros. As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse é ata o 13 de xuño.

Para obter máis información e formalizar a inscrición, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa da Cultura.

FeowebO local Xente Nova de Tabeaio acollerá os días 4, 5 e 10 de xuño dúas obras de teatro e o espectáculo Os Bolechas van ás Olimpiadas.

A premiada como mellor obra teatral infantil galega do 2015, Feo!, de Caramuxo Teatro,  presentarase o sábado 4, ás 21:00 h. Feo! É unha fermosa obra inspirada en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente… Feo! é un canto  á diversidade  e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Os Bolechas chegan o domingo 5 de xuño, ás 18:00 h, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o programa Falaredes. Este ano celébranse Olimpíadas en Río de Xaneiro e Os Bolechas queren participar. Teñen tanta présa que collen o avión antes de tempo. En Brasil aínda non hai nada preparado…excepto Romualdo, un deportista “completísimo” que prepara as Romuolimpíadas. E reta os Bolechas a competir con el para gañar un pase aos verdadeiros xogos olímpicos. Como é habitual, os irmáns van precisar moita axuda para gañar a Romualdo e conseguir unha inscrición nas Olimpíadas de Río 2016. E quen vai axudalos? O público presente na actividade! Todas as nenas e nenos, xunto ás súas familias, deberán demostrar o que saben dos xogos olímpicos e tamén que están en forma para participar nos de Río. E para iso terán que superar unha chea de probas… moi divertidas!.Cartel Os Bolechas Carral.

E este ciclo de espectáculos remata cunha divertida comedia a cargo da compañía viguesa A Panadería, que presenta Pan!Pan!. Será o sábado 11 de xuño ás 21:00 h. Pan!Pan! é unha parodia de xénero nun dobre sentido. O espectáculo, con musica vocal en directo, caricaturiza os westerns americanos e cuestiona o binomio home-muller. Harry, un cowboy americano, viaxa no seu cabalo perseguindo a un indio salvaxe que roubou a súa muller. Unha peza fresca e desenfadada onde tres actrices constrúen toda a musica, personaxes e espazos do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. Considerada como a revelación do teatro galego no ano 2015, Pan!Pan! obtivo o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015, ademais de recibir unha nominación á Mellor Música Orixinal. Anteriormente foi galardoado co 1º Premio Xuventude crea 2013.

Feo!  E Pan!Pan! son dous espectáculo incluídos no programa Cultura no Camiño promovido pola Xunta de Galicia e os concellos polos que transcorren os Camiños de Santiago.

O acceso a todos os espectáculos é libre, e prégase puntualidade para evitar molestias no desenvolvemento das funcións.

PAN!PAN! 1web

MAQUETA DE POESÍA.qxdO alcalde José Luis Fernández Mouriño presidirá o acto de entrega do premio de poesía Concello de Carral, que terá lugar o venres 27 de maio na Casa da Cultura, ás 20:30 h.

No acto, no que tamén está prevista a asistencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, farase entrega do premio da 19ª edición do certame a Modesto Fraga, que gañou co seu libro Devalar sen pel. O premio consiste en 2500 euros e a publicación da obra por parte de Edicións Espiral Maior.

O mesmo acto servirá para presentar o libro que obtivo o premio no 2015, do que é autora Eva Veiga e que se titula Soño e vértice. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral na edición deste poemario, unha cooperación que se ven mantendo desde anteriores edicións do certame.

Ademais dos premiados,  tamén estarán presentes o escritor e director de Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e o crítico literario Armando Requeixo. O acto pecharase coa actuación musical de 2naFronteira.

O Concello de Carral agasallará aos asistentes co libro de Eva Veiga.