CLASES DE PÁDEL EN CARRAL

Estes cursos, xunto co 3º torneo de parellas de pádel, completan a oferta municipal de pádel para este verán.

Cartel clases pádelO concello de Carral oferta, desde mediados de xullo ata mediados de agosto, cursos de iniciación ao pádel, que se desenvolverán nas pistas municipais. Estas clases, que se enmarcan na proposta deportiva municipal para este verán, teñen como obxecto achegar unha práctica deportiva atractiva aos cidadáns de Carral, permitíndolles iniciarse nas habilidades coa pa.

A idade dos participantes arrincará nos 6 anos. De ser posible estableceranse grupos segundo a idade, para que todos os afeccionados teñan a opción de penetrase neste deporte.

En cada grupo, as prazas estarán limitadas a 8 alumnos/ as, de forma que proceso de ensino e aprendizaxe sexa máis efectivo. Ademais, as clases serán impartidas por monitores titulados, e o custo dos cursos será de 22 € por alumno e mes.

Aqueles que desexen informarse ou inscribirse, poden facelo ata o 13 de xullo no Complexo Deportivo de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no correo deportes@carral.es