CONTINÚAN OS CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA DE CARRAL, NOS QUE PARTICIPAN 22 RAPACES DE ENTRE 3 E 15 ANOS

Carral continúa cos seus cursos de natación, que se están levando a cabo na piscina municipal. O Concello deu onte o pistoletazo de saída aos cursillos do mes de agosto, nos que están a participar 22 rapaces de entre 3 e 15 anos.

Trátase dunha das propostas deportivas e de lecer que o Concello ofrece, ano tras ano, e que forma parte xa da axenda estival do municipio.

Os usuarios e usuarias inscritos están divididos en tres grupos. As sesións lévanse a cabo de luns a venres (entre as 11.45 e as 14.00 horas), e cada clase ten unha duración de 45 minutos.