INICIO DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN/HA PEÓN/PEOA XARDINEIRO/A PERCEPTOR/A DO RISGA
Por resolución da alcaldía do 24 de maio de 2023 aprobáronse as bases que rexerán a contratación dun/ha peón/peoa xardineiro/a perceptor/a da RISGA ao abeiro da Orde do 09 de xaneiro de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo para que os/as interesados/as poidan presentar as solicitudes para participar no procedemento de selección.
Só poderán presentar solicitudes unicamente as persoas que foron remitidas polo Servizo público de emprego de Galicia (SEPEG). Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.Modelo Decreto (16)Descarga