LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DOS CANDIDATOS PRESENTADOS PARA CUBRIR O POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL
Por decreto da alcaldía nº 90/2021, do 5 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación dun traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral a xornada completa na modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular do posto. Outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (luns 8 e martes 9 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento. Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.