MARÍA DO CEO PRESENTA O SEU NOVO DISCO EN CARRAL
A cantante galego-portuguesa María do Ceo presentará o seu novo disco no edificio social Toñito Espiñeira. O acto terá lugar o venres 10 de xuño, ás 21:00 h.
María do Ceo comentará cos asistentes os temas incluídos no disco De Portugal a Galicia Fado, e agasallará coa interpretación dalgunhas cancións en directo.
María do Ceo acumula xa unha extensa carreira musical, na que os fados centran o seu repertorio. O seu estilo e a súa voz lévana a ser considerada a sucesora de Amalia Rodrigues. María do Ceo volve a Carral despois do seu último concerto no 2009 na igrexa de Carral, no que colleitou un gran éxito.