MEDIO CENTENAR DE XADRECISTAS PARTICIPARÁN NO XVIII TORNEO DE NADAL DE CARRAL
Son xa 50 os xogadores inscritos neste clásico torneo do Nadal.
Dentro da programación deportiva do Nadal, o Concello de Carral, organizará este sábado 22 de decembro o ” XVIII Torneo de Xadrez de Nadal”, que terá lugar na Biblioteca Municipal.
Esta nova edición destaca pola mocidade dos participantes inscritos, xa que máis do 50 % dos mesmos son menores de 14 anos. A procedencia é variada, desde as localidades veciñas como Carral, Cambre, A Coruña, Arteixo, Betanzos e Ordes, ata outros puntos xeográficos máis afastados, como Ponteceso, Val do Dubra, Carballo, Santiago, Boiro e Lugo.
O torneo constará de 7 roldas, en partidas rápidas de 10 min.+2 segundos de cadencia por xogador, divididos en 4 categorías ( sub-10, sub-14, absoluto e mellor local). Comezará ás 16.00 h e finalizará ao redor das 20.00 h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.
O obxectivo fundamental que se marca o goberno municipal coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte tan “minoritario” como é o xadrez.
Para todos aqueles interesados en participar, o prazo de inscrición terminará o próximo 21 de decembro, e poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou no teléfono 981 672 580 ou no e-mail deportes@carral.es.