MOSTRA DE TIRO CON ARCO EN CARRAL

Cartel tiro con arco 2Este sábado 29 de agosto, a partir das 18.00 h, o club Adarve de tiro con arco en colaboración do Concello de Carral, levará a cabo unha mostra da súa disciplina na pista polideportiva da piscina municipal.

 

O obxectivo do goberno local e do club Adarve, fundado en decembro de 1992, é o de fomentar e dar a coñecer esta modalidade deportiva entre a poboación carralesa de todas as idades. Dende os cinco anos calquera persoa poderá coñecer e probar de forma gratuíta a experiencia do tiro con arco. Sempre estarán axudados e asesorados polos monitores especialistas do club, que achegará o material didáctico e de seguridade para que a práctica discorra da forma máis lúdica posible.

 

Para máis información os interesados poden informarse no Centro Deportivo de Carral, chamar ao teléfono 981.67.25.80 ou no correo electrónico deportes@concellocarral.com.