O CEIP VICENTE OTERO VALCARCEL ACOLLERÁ OS TALLERES PRÁCTICOS ‘EDUCANDO EN REDE’

O CEIP Vicente Otero Valcarcel acollerá os talleres prácticos de ‘Educando en rede’, enfocados a nais, pais e educadores.

Estas clases terán lugar os seguintes luns, de 18:00 a 20:00 horas:

  • O día 26 de febreiro trataranse as violencias, conflitos e acoso nas aulas.
  • O 18 de marzo será a quenda de falar sobre autoestima e límites.
  • Por último, o 15 de abril o taller impartirase arredor da comunicación e a resolución de conflitos.

As persoas interesadas pódense inscribir a través do 659 553 938 ou do ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal.

Estas actividades están organizadas polo departamento de Servizos Sociais e o CEIP Vicente Otero.