O CICLO DE CINE DA CASA DA CULTURA CONTINÚA CUNHA COMEDIA DE ACCIÓN
Kingsman. Servicio Secreto é a terceira película que a Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece no ciclo de cine de outono na Casa da Cultura.
Esta comedia de acción conta como un veterano axente espía inglés (Colin Firth) ten que adestrar a un rapaz da rúa (Taron Egerton) para convertelo nun competitivo membro da organización de espías e enfrontarse á ameaza global que lidera un peculiar e perigoso xenio da tecnoloxía (Samuel L. Jackson).
Esta é unha entretida película dirixida por Matthew Vaughn, na que hai aparicións de celebridades como Elton John ou David Beckham.
A proxección comezará ás 20:30 h. de mañá venres, 4 de novembro, con entrada de balde. É aconsellable retirar previamente as entradas, xa que as localidades son limitadas. Este é un filme calificado como non recomendado para menores de 16 anos.