O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHA FESTA DE SAMAÍN
O sábado 28 de outubro a partir das 17:00 horas, o concello de Carral celebrará unha festa do Samaín para nenos e nenas.
Será no pavillón do Espiño: maquillaxe, globoflexia, música, xogos e inchables para unha tarde de diversión.
Os participantes deberán achegarse co seu disfraz máis terrorífico.