Abrirase un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro para as actividades nas que quedaron prazas vacantes.
Rematado o prazo de inscrición no curso 2023/2024 das escolas deportivas, culturais e educativas do Concello de Carral, fanse públicas as listas das solicitudes admitidas e as reservas, así como o lugar e data de inicio de cada unha das actividades.
LISTAS ACTIVDIADES
O mércores 27 publicarase a relación das prazas vacantes nas actividades nas que non se encheu o cupo de inscritos, abríndose un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro.
Para calquera consulta ou aclaración deben de poñerse en contacto coa Casa da Cultura de Carral – casadacultura@carral.es ou 981.67.25.80, entre as 8:30 – 14:30 h e as 17:00-20:00 h.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-25 16:27:212023-09-25 16:36:12PUBLÍCANSE AS LISTAS DE ADMITIDOS E RESERVAS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS – CURSO 2023/2024
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abriuse hoxe, mércores, ás 09:00 horas e estará activo ata o 20 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas da modalidade.
As prazas son limitadas e as solicitudes deberán presentarse preferiblemente a través do correo electrónico casadacultura@carral.es e tamén de forma presencial na Casa da Cultura de Carral.
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros ao mes.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, ioga, patinaxe, rítmica e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio. Por outra banda, deportes como equitación, baloncesto, pádel, tiro con arco e tiro olímpico serán as opcións para o público xeral.
Os adultos terán tamén á súa disposición clases de zoa e ioga. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Cultura O departamento de Cultura ofrecerá diversas actividades destacando unha formación en teares e tapices que se desenvolverá os xoves, de 17:00 a 20:00 horas, no centro de formación Antón Fraguas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:30 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
BOLETÍN DE INSCRICIÓN(non se aceptarán inscricións anteriores ás 9:00 do mércores 6 de setembro)
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-05 17:52:032023-09-06 16:36:49CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2023-2024
Datas e horario: do 1 ao 31 de agosto. (Gr.1=> martes/xoves de 18:30 a 19:30 h // Gr.2=> martes/xoves de 19:30 a 20:30 h) Lugar: Complexo Deportivo de Carral (Sala de actividades) Destinatarios: A partir de 14 anos (preferencia empadroados/as ou matriculados na actividade durante o curso 2022-2023). Prezo: 14 € todo o mes Observacións para a inscrición:
Prazas limitadas / adxudicaranse por orde de inscrición
Publicación das listas de admitidos: 27 de xullo.
Prazo de pago: entre o 27e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.
Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/Cartel-Ioga.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-07-27 09:00:002023-07-26 19:12:12LISTAS DE ADMITIDOS NOS CURSOS DE IOGA DO MES DE AGOSTO
Datas e horario: do 1 ao 31 de agosto / (Gr.1. martes/xoves de 19:30 a 20:30 h // Gr2. martes/xoves de 20.30 a 21.30 h)
Lugar: Complexo Deportivo de Carral Destinatarios: A partir de 6 anos (preferencia empadroados/as). Prezo: 22 € curso completo Publicación das listas de admitidos: 27 de xullo.
Prazo de pago: entre o 27e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.
Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/Cartel-clases-padel-2023-scaled.jpg25601810Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-07-27 09:00:002023-07-26 19:20:48LISTAS DE ADMITIDOS NOS CURSOS DE PÁDEL DO MES DE AGOSTO
Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor, os empadroados.
Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
Grupo 1: nados do 2014 ao 2007, de 11:45 a 12:30 h.
Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
Grupo 3: nados do 2020 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta / segundo os grupos
Preferencia aos empadroados/as.
Publicación das listas de admitidos: 26 de xullo.
Prazo de pago: entre o 26 e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.
Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/Cursos_Natacion_Agosto2023-scaled.jpg25601804Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-07-26 09:00:002023-07-24 14:52:39LISTAS DE ADMITIDOS NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO
O Concello abrirá mañá, luns, 5 de setembro, o prazo de inscrición para as súas Escolas Municipais, ofrecendo unhas 40 actividades. Nesta edición, o programa inclúe propostas deportivas, culturais, educativas, de Servizos Sociais e algunhas organizadas polas asociacións e clubs do municipio. Desde o goberno local sinalan que se trata dunha oferta “completa e que conta con iniciativas para os veciños e veciñas de todas as idades coa que se busca, entre outros obxectivos, promover a conciliación da vida laboral e familiar”.
Como novidade con respecto a outros anos, o Concello inclúe, nesta ocasión, as diversas iniciativas culturais e deportivas que levan a cabo as entidades do municipio. Con isto conséguese, non só ampliar o listado de actividades, senón tamén pór en valor e impulsar o labor que realiza o tecido asociativo de Carral. A maiores, por primeira vez, o centro de formación Antón Fraguas acollerá a Escola Municipal de Música, con clases para aprender a tocar os seguintes instrumentos: piano, guitarra, batería, baixo, contrabaixo, violonchelo, violín, frauta, clarinete, trompeta e saxo.
A convocatoria incorpora as seguintes actividades:
Atletismo escolar: para nenos e nenas a partir de 4 anos
Ximnasia rítmica escolar: para nados no 2018 e anteriores
Patinaxe escolar: a partir dos 4 anos
Judo: a partir dos 4 anos
Judo (Tabeaio): a partir dos 4 anos e tamén para adultos
Baloncesto: a partir dos 6 anos
Tiro con arco: a partir de 6 anos e para adultos
Equitación: a partir de 7 anos e para adultos
Pádel: a partir de 8 anos
Tiro Olímpico: a partir de 8 anos e para adultos
Zumba: a partir de 12 anos
Ioga: a partir de 14 anos
Jumping fítness: a partir de 14 anos
Teares e tapices
Obradoiros culturais
Actividades escolares: servizo de madrugadores e concilia día a día, robótica, debuxo e pintura, fun english, música e movemento, baile moderno, informática, cociña divertida e ciencia divertida.
Escola municipal de música
Ximnasia de mantemento en Carral
Ximnasia de mantemento nas parroquias
Fútbol sala e balonmán coa U.D. Carral
Bailes latinos, cociña e repostería, costura para principiantes e calceta e gancho coa asociación de Mulleres Rurais.
Baile tradicional e pandeireta e teatro coa AA.VV. O Rueiro de Tabeaio.
Escola de música da man da asociación Cultura Aberta de Carral.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cuberta e asinada, preferiblemente, de xeito telemático a través do correo casadacultura@carral.es ou da sede electrónica carral.es. Así mesmo, poderanse presentar de xeito presencial na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo. O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 5 de setembro ás 9.00 horas, ata o día 23. As actividades comezarán na primeira semana de outubro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/09/instrument-4118588_1920.jpg12761920Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2022-09-22 09:55:242022-09-22 09:55:25CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS, OFRECENDO 40 PROPOSTAS PARA TODAS AS IDADES
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/07/pngegg.png1200922Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2022-07-29 10:08:152022-07-29 13:39:29LISTAXES DE ADMITIDOS NOS CAMPAMENTOS DE MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE (8 de agosto ao 2 de setembro)
Rematado o prazo de inscrición nos CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO que se impartirán entre o 1 e o 31 de agosto, publícanse as LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E AS RESERVAS: Read more
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/07/pngegg.png1200922Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2022-07-28 15:46:472022-07-29 10:10:14LISTAXES DE ADMITIDOS E RESERVAS NOS CURSOS DE NATACIÓN DURANTE O MES DE AGOSTO
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/07/pngegg.png1200922Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2022-07-07 19:42:552022-07-07 19:53:17LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO ENGLISH SPORT CAMP (18 DE XULLO – 5 AGOSTO)
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/05/Campamentos-deportivos-1.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2022-06-23 13:51:092022-06-23 13:51:09INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DOS NENOS/AS DOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.