Tag Archive for: Concello Carral

Presentación oficial Festa da Empanada de Carral

A Festa da Empanada de Carral achégase ao medio século de vida, e faio cunha saúde de ferro: afianzándose como unha cita gastronómica de referencia en toda a comarca e coa previsión de que este xoves véndanse máis de 12.000 racións desta delicatessen con selo carralés.

Hoxe, martes 4 de setembro, o Concello de Carral e as panaderías participantes presentaron a nova edición da festa, que cumpre corenta e cinco anos de vida. Ao acto asistiron o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, e representantes dos catro obradoiros: Panadería Da Cunha, Panadería Cañás, Panadería Manuel Rodríguez e Panadería Pedro Fernández.

PRESENTACIÓN FESTA DA EMPANADA DE CARRAL

O Concello de Carral e os panadeiros organizaron hoxe, martes 4 de setembro, a presentación oficial da Festa da Empanada

O rexedor, José Luis Fernández Mouriño, animou aos veciños de toda a comarca a achegarse a Carral para degustar un dos seus produtos máis emblemáticos. Así mesmo, destacou o traballo que leva para os panadeiros, quen recoñeceu que esta semana traballarán “ as 24 horas do día”.
Pouco haberá que esperar xa para degustar as deliciosas empanadas artesanais que se cocen nos fornos carraleses. A Festa da Empanada celebrarase este xoves 6 de setembro a partir das 17.00 horas, aínda que se espera que as horas de maior afluencia sexan as 19.00 e as 20.00 horas. O prezo da ración estará unificado: as variedades de bacallau, bacallau con pasas, bonito, pito con champiñóns e carne terán un prezo de 3 euros, mentres que as de polbo e zamburiñas serán de 4,5 euros a ración. O custo do resto de empanadas estará marcado por cada un dos obradoiros. Este prezo incluirá viño de forma gratuíta por cortesía das panaderías.
Ambientación musical
Boa comida, pero tamén boa música. A partir das 17.30 horas están previstas varias actuacións de música e baile a cargo das seguintes agrupacións: da Banda de Gaitas Ferreñas de Vilarmaior, dos Grupos de Baile Tradicionais “Son d’aquí” da Coruña, do Grupo de Gaitas Xebre da AAVV Oza Gaiteira Os Castros da Coruña e do Grupo de Gaiteiros e Cabezudos de Ordes.
FOTO CARRAL- Vicente Otero Valcárcel

Coa vista posta no inicio do próximo curso escolar, o Concello de Carral leva traballando, desde principios de mes, nalgúns dos centros educativos do termo municipal. En concreto, na escola unitaria de Tabeaio, na escola infantil A Galiña Azul e no Vicente Otero Valcárcel.
O Concello está a acometer estes traballos de mantemento atendendo ás demandas do equipo directivo de cada centro. Segundo indicou a tenente de alcalde, Florinda Duarte Gerpe, “o obxectivo é que a meirande parte destes labores se rematen antes de que comecen as clases”.
Traballos de axardinamento en Tabeaio
Na escola unitaria de Tabeaio proxéctanse varias actuacións. Non só se realizarán diversos traballos no exterior do centro como a mellora da zona axardinada, o arranxo de varios canlóns e o remache das paredes externas da escola, senón que se acometerán varias intervencións no interior. Entre elas destaca o pintado de varias paredes das aulas, corredores e do baño, así como a colocación de estores nas xanelas. O prezo total destas cortinas ascende a 1.000 euros. Ademais, o goberno local estuda a posibilidade de dotar ao centro cun arcón exterior para que os alumnos poidan gardar os xoguetes.
Novo peche para a pista polideportiva no Vicente Otero
Pola súa banda, no Vicente Otero Valcárcel os traballos foron máis numerosos. Unha das actuacións máis importantes será a renovación do peche actual da pista polideportiva. Esta instalación é unha das máis frecuentadas polo alumnado, polo que o Concello ve esta intervención como prioritaria.
Así mesmo, a colocación dunha fonte nas inmediacións do pavillón será, sen dúbida, outra das novidades máis importantes. Esta fonte, que custou ao redor de 400 euros, será instalada nas próximas semanas.
A colocación dos mastros para as bandeiras (por importe de 630 euros), a revisión e arranxo dos baños, a instalación de luces nalgúns servizos e o pintado das aulas de 5º e 6º de primaria son só outros dos traballos que se están levando a cabo no colexio. Igualmente importantes son outros traballos de mantemento como a substitución do mobiliario que se atopa en peores condicións. A colocación de persianas venecianas e estores (cuxa adquisición valeu sobre 1.500 euros) é outra das melloras que o Concello implementará no Vicente Otero.
Un lavado de cara para A Galiña Azul
Na escola infantil A Galiña Azul están a realizarse tamén diversos labores de mantemento. Dentro da lista de actuacións, destaca a pintado da aula Azul, da aula Vermella, da aula Lila e do corredor de acceso a esas clases. Así mesmo, instalarase unha varanda na escaleira do centro.
Segundo sinalou Duarte, ” estanse atendendo a meirande parte dás demandas solicitadas polos centros, dándolle máxima prioridade ás máis urxentes”.

Pintado das aulas na Galiña Azul

Pintado das aulas na Galiña Azul

Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more

FOTO CARRAL- CAMINO PARROQUIA TABEAIO
O Concello de Carral vén de iniciar o plan de mellora de viarias nas parroquias de San Vicente de Vigo e Tabeaio. Este proxecto, dotado con preto de 40.000 euros, financiarase a través dunha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
En concreto serán dous os camiños que se acondicionarán: o primeiro, situado na parroquia de San Vicente de Vigo, conecta o lugar de Abrigosa co lugar de Balbén, mentres que o segundo une os lugares de Esperón e Cambela ( Tabeaio). No de San Vicente, os traballos consistirán na extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente sobre a estrada, así como na limpeza de cunetas para permitir unha mellor drenaxe.
En paralelo, no viario de Tabeaio ampliarase a anchura do viario, incluíndo a formación de noiros e cunetas para a correcta evacuación de auga. Así mesmo, colocarase unha capa de rodaxe formada por tripla rega asfáltico.
FOTO CARRAL- PARROQUIA SAN VICENTE DE VIGO

Imaxe da vía que une os lugares de Abrigosa e Balbén na parroquia de San Vicente de Vigo

O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, sinalou a importancia destas obras, e a intención do Concello de “mellorar a seguridade viaria non municipio atendendoáspeticións dous veciños”.

A fibra óptica aterrará en Carral a través do Plan de Banda Longa 2020 (PDBL2020) da Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado. En concreto, grazas á axuda concedida por ambos os organismos, os núcleos de Coiro, Esperón, Gosende, Tarroeira ( Tabeaio), Canedo, Ameás, Taramuño e a parroquia de Cañás dispoñerán de banda ancha ultrarrápida de máis de 100 Mbps.

Así mesmo, a través do programa Escolas Conectadas, o CEIP de Tabeaio contará tamén con máis de 100 Mbps. Pola súa banda, o PDBL non contempla intervencións no polígono industrial Os Capelos, posto que este xa conta con cobertura de 100 Mbps de R.

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, xa anunciara no pleno de maio que o servizo de telecomunicación melloraríase notablemente en todo o municipio. Agora, o obxectivo é que as actuacións se acometan no prazo fixado para “que todos vos veciños poidan gozar dá conexión que solicitaron e que merecen”, sinalou.

Así, grazas ás accións da Xunta realizadas no Plan de Banda Ancha de 2010-2013 e as do Plan de Banda Ancha 2020, alcanzarase o 84% da poboación do concello con despregamentos de banda ancha ultrarrápida de máis de 100 Mbps.

A Casa da Cultura de Carral estrea unha nova vitrina en honor a Cardoña, o fotógrafo do municipio durante décadas

A Casa da Cultura de Carral loce, desde esta mañá, un novo espazo para o recordo. En concreto, trátase dunha vitrina dedicada a José Gestal, popularmente coñecido como Cardoña, o fotógrafo do municipio durante décadas. O Concello organizou hoxe o acto inaugural deste escaparate que alberga parte do equipo fotográfico co que Cardoña retratou ao concello e aos seus veciños. Este espazo recolle, ademais, unha breve biografía de José Gestal.

A CASA DA CULTURA DE CARRAL ESTREA UNHA NOVA VITRINA EN HONRA A CARDOÑA, O FOTÓGRAFO DO MUNICIPIO

A vitrina contén material fotográfico de José Gestal

 

Ao acto acudiron o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Cultura, Participación e Voluntariado, Margarita Ramilo Varela, e familiares de Gestal.

A CASA DA CULTURA DE CARRAL ESTREA UNHA NOVA VITRINA EN HONRA A CARDOÑA, O FOTÓGRAFO DO MUNICIPIO

No acto estiveron presentes o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, a concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e a filla de José Gestal, Matilde Gestal

 

Durante a inauguración, Fernández Mouriño apuntou o papel que as instantáneas de Cardoña xogaron no día a día dos carraleses: “Todos vos veciños coñecen a Cardoña, e seguro que a maioría ten algunha dás súas fotos gardada”. De feito, o arquivo fotográfico de José Gestal impulsou o nacemento do proxecto Fotos para as mil historias de Carral, que forma parte do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural.

A filla de Cardoña, Matilde Gestal, agradeceu a intención do Concello por manter vivo o legado do seu pai: ” Síntome moi orgullosa de poder gozar desta fermosa vitrina. Ver todo este material tráeme moi bos recordos”, comentou con emoción durante o acto.