Tag Archive for: contratación

Por decreto da alcaldía nº 101/2021, do 10 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación de cinco traballadores/as (4 albaneis e 1 electricista) para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña, “Programa de Integración Laboral” dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes 2021 ,a xornada parcial, modalidade contractual de obra e servizo.
Outórgaselles aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (xoves 11 e venres 12 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.

Ver lista provisional de persoas admitidas e excluídas

No decreto 58/2021, do 10 de febreiro de 2021, o sr. alcalde resolve aprobar as bases e iniciar o procedemento de contratación dun/ha traballador/a para o departamento de servizos sociais do Concello de Carral: categoría profesional de traballador/a social, xornada completa, modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular do posto.

Para participar no procedemento, ao abeiro do recollido no punto 4 das bases, os/as interesados/ as poderán facelo segundo o modelo que se adxunta coas bases no prazo de cinco días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios e na web do Concello; isto é, desde o 15 de febreiro ao 22 de febreiro (5 días hábiles).

Máis información no servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de 9 a 14 horas.

Ver DECRETO

Ver BASES DE CONTRATACIÓN TRABALLADOR/A SOCIAL

O Concello de Carral pretende celebrar un contrato menor para o servizo de avogacía e procuradoría por presuntas irregularidades cometidas con ocasión da execución do proxecto das beirarrúas da rúa Souto de  Castiñeiros e, de ser o caso, representación procesual para interposición de querela por un importe máximo de 14.900 € + I.V.A desagregado da seguinte maneira:
– Estudo de expediente para valoración de posibilidade de interposición de querela
– Representación procesual, no seu caso, para interposición de querela que incluirá os servizos de procurador, e seguimento dos trámites ata a finalización do procedemento tanto sexa en fase de instrución como celebrado en xuízo oral
Co fin de proporcionar a maior publicidade posible á contratación e que poidan presentarse o maior número de candidatos interesados anúnciase a presente contratación para que os correspondentes profesionais poidan presentar as ofertas, cuxo prazo finalizará o próximo día 26 de xullo de 2020 ás 23:59 (hora peninsular), presencialmente (Rexistro municipal) ou ben  telemáticamente ( Sede electrónica: https://sede.carral.es ).
Para máis información en relación ao servizo para prestar e a forma de presentación de ofertas e valoración das mesmas, existe documento redactado respecto diso que se anexa ao presente anuncio (prema aquí para acceder ao documento) ou tamén recibirán información chamando ao nº de teléfono: 981.670002 (preguntar pola concelleira de Réxime Interior: Susana  Guimarey).