A Casa da Cultura acollerá este venres a presentación do libro “O obxecto muller e o xiro ontolóxico” da profesora e crítica literaria Inma Otero Varela, e publicado por Euseino? Editores. O acto, que contará coa participación da autora acompañada do filósofo e poeta Carlos Lema, comezará ás 20:00 h. e é necesario para asistir, como unha das medidas preventivas contra o covid-19, anotarse previamente na Casa da Cultura (tel. 981 672 580).
O acto está organizado pola Asociación Eco Cultural Lacrar, coa colaboración do Concello de Carral.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/12/Inma-Otero-1.jpg372371Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-12-13 13:49:242021-12-13 13:49:24A CARRALESA INMA OTERO PRESENTA O SEU NOVO LIBRO “O OBXECTO MULLER E O XIRO ONTOLÓXICO”
O ciclo de teatro que se desenvolve no Local Xente Nova de Tabeaio, presenta este sábado a Ibuprofeno Teatro con ‘O mel non caduca’.
Sinopse: Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo.
Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.
A función terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio o sábado 20 de novembro ás 20:30 h. Como ven sendo habitual, é necesario reservar as entradas no teléfono 981 672 580.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/11/Cartel-Mel-web_d51d33a91eed9cb0c12e0c74f63925be.jpg1200849Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-11-15 12:21:462021-11-15 12:22:28MARIÁN BAÑOBRE E AVELINO GONZÁLEZ PROTAGONIZAN ESTE SÁBADO A OBRA TEATRAL ‘O MEL NON CADUCA’
O filme norteamericano ‘El rey del barrio’ é a próxima proposta que a Concellería de Cultura fai no seu programa Cine na Casa da Cultura.
Esta película é unha comedia dramática semiautobiográfica sobre os anos que pasou o protagonista Pete Davidson en Staten Island, incluíndo a morte do seu pai no 11-S e a súa entrada no mundo da comedia.
Para asistir á proxección, que terá lugar o venres ás 20:30h, hai que reservar entradas no 981 672 580. Son de balde.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/11/El_rey_del_barrio-728403862-large.jpg522928Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-11-15 12:20:142021-11-15 14:29:41O CICLO DE CINE PRESENTA ESTE VENRES ‘EL REY DEL BARRIO’
O grupo Títeres Cachirulo presenta este xoves un espectáculo especialmente producido para nenas e nenos de entre 1 e 5 anos de idade. Güe-güe é unha obra de marionetas no que o público descubrirá nunha noite de lúa chea o que é un güe-güe.
A actuación terá lugar na sala polivalente do edificio social Toñito Espiñeira de Carral, ás 18:00 h. O aforo para este tipo de actividades é moi limitado. Cada menor deberá estar acompañado dunha única persoa adulta. Para reservar entradas hai que chamar ao 981 672 580.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/11/Cartel-Gue-Gue-Carral-scaled.jpg25601814Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-11-15 12:18:332021-11-15 12:18:33FUNCIÓN DE TÍTERES PARA NENOS DE 1 A 5 ANOS
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/11/Imaxe-Covid.jpg183275Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2021-11-05 19:25:582021-11-05 19:46:47DECRETO DE REAPERTURA DOS LOCAIS SOCIOCULTURAIS E ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO PARA AS ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Co título de Un conto ao revés, Chuches Amil estará no Local Xente Nova ofrecendo un concerto para os máis pequenos da familia. Será ás 18:00 h.
Será un espectáculo de música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos dos cativos, e sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando ritmicamente e bailando arredor da súa prole. Fran Amil instrumentaliza este concerto con voz e guitarra acústica en directo e con bases pregravadas.
Para asistir é necesario que os rapaces estean acompañados de adultos da súa familia e anotarse previamente chamando á Casa da Cultura ao 981 672 580. O aforo é limitado.
Esta é unha proposta musical organizada polo Concello de Carral incluída en Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/09/Fran-Amil-Brais-Fierro.jpg557473Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-09-13 11:37:282021-09-13 11:47:35FRAN AMIL (CHUCHES AMIL) OFRECE ESTE XOVES UN CONCERTO DE MÚSICA INFANTIL
O programa municipal CultuRúa entra na súa recta final con
humor, música, cine e folclore.
O martes volve Pedro Brandariz á Piscina municipal con Contos
e outras andrómenas. Será unha actuación para usuarios da piscina que
comezará ás 18 h.
O xoves, no Campo da Feira ás 18 h, Xabi Longueirón ofrecerá
o seu concerto infantil As cancións creadas na casa da miña avoa. O cine
volve o sábado co éxito español dirixido por Alejandro Amenábar Mientras
dure la guerra. Será no Campo da Feira ás 22 h.
A primeira edición de CultuRúa remata o domingo na feira coa actuación de Xacarandaina ás 12 h. Esta é unha actuación incluída en Danza 3 · Xacobeo 21-22.
CultuRúa naceu este ano para ofrecer no verán unha
programación que se desenvolvera en espazos abertos e públicos.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/08/PedroBrandariz.jpg225225Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-08-23 13:45:122021-08-23 13:48:31CULTURÚA REMATA ESTA SEMANA CON 4 PROPOSTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS
O alcalde Javier Gestal e o concelleiro de Cultura Fran Bello xunto ao panel instalado no Campo da Feira
O departamento municipal de Cultura e o de Normalización Lingüística veñen de instalar en diferentes puntos de Carral paneis que ofrecen datos biográficos e da obra literaria de Xela Arias, a autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Con esta iniciativa, que xa se fixo en anos anteriores, preténdese
difundir a figura da autora e o seu papel na literatura e na defensa da lingua
galega.
Os paneis inclúen tamén o poema Intempériome.
O deseño dos paneis difundirase tamén a través da páxina de Facebook
Cultura Carral e a do Concello de Carral. Tamén se realizaron deseños semellantes
aos paneis para que circulen a través de Whatsapp e Telegram.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/05/Panel-Xela-Arias-con-alcalde-e-concelleiro-de-Cultura-w.jpg6651181Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-05-12 12:07:232021-05-12 12:15:56CARRAL PRESENTA A XELA ARIAS
A Biblioteca Municipal leva a cabo este xoves a sesión mensual de contacontos teatral de animación á lectura. Trinketrinke Teatro, compañía encargada destas actividades, presenta nesta ocasión Os ratiños da caixa.
A sesión, dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos, comezará ás 18:00 h. e é necesario reservar convites chamando ao 981 672 580. As localidades son limitadas atendendo ás medidas de protección contra o Covid19.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/03/Cartel-contacontos-marzo-2021.jpg33762388Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-03-22 09:12:032021-03-22 09:21:37CONTACONTOS TEATRAL DO 25 DE MARZO
O departamento de Cultura do Concello
de Carral ven de facer público o informe de avaliación da súa programación de
actividades do 2020. Evidentemente os índices de asistencia víronse diminuídos
pola pandemia, mais o compromiso adquirido para evitar cancelar actividades
culturais púidose manter con case a totalidade da programación.
O informe
lanza varias conclusións entre as que salientan que a tendencia ascendente dos
niveis xerais de asistencia que se viñan producindo ata o 2019, viuse
modificada pola pandemia do Covid-19, aínda que cunha redución moito menor (31%)
do que podería ser previsible; que a festa do Entroido foi o evento con maior
participación de público; que a metade das actividades ofertadas foron de artes
escénicas e de audiovisuais; que as actividades infantís notaron un gran
descenso de público; e que o último cuadrimestre concentrou tres cuartas partes
da programación.
No pasado
ano fixéronse por primeira vez varias accións de xeito on line, como foi un
contacontos, obradoiros de macramé ou de cabazas de Samaín, un concerto, así
como a emisión da xornada sobre os certames galegos de poesía.
A
avaliación recolle tamén novos indicadores para valorar os obxectivos do
departamento. Así, aplicouse unha clasificación ás actividades segundo o seu
nivel de promoción da igualdade de xénero, obtendo niveis satisfactorios, aínda
que con marxe de mellora.
As limitacións dos aforos impediu obter mellores cifras de espectadores. Aínda así, o departamento de Cultura maniféstase moi satisfeito polos niveis de asistencia de público. O compromiso adquirido no pasado abril polo Concello de Carral coa cultura, supuxo buscar novas fórmulas na oferta local, adoptando en todas as actividades estritas medidas sanitarias que garantisen a seguridade do público ante o Covid-19. A inquedanza sempre foi a saúde das persoas participantes e que o sector cultural se vira afectado o menos posible pola pandemia.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/02/Casa-Cultura-Carral-5w.jpg591787Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2021-02-10 12:32:012021-02-10 12:32:03CULTURA LOGROU MANTER NO 2020 O NIVEL DE PROGRAMACIÓN PREVISTO SEN A PANDEMIA