O Concello de Carral abre o terceiro prazo de inscrición das Escolas Municipais para aquelas actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles.
As persoas interesadas poderán inscribirse entre as 9:00 h do 7 de xaneiro ata as 12:00 h do 10 de xaneiro. A matrícula pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura, a través do enlace http://manuelseijas.ddns.net/fmi/webd/MSInscripcionWEB, ou a través da sede electrónica no enlace: https://sede.carral.es/sxc/gl/procedimientosytramites/index.html#actividades_culturales_deportivas
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2025-01-05 23:50:002025-01-08 10:56:41O CONCELLO DE CARRAL ABRE O TERCEIRO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS MUNICIPAIS
Abrirase un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro para as actividades nas que quedaron prazas vacantes.
Rematado o prazo de inscrición no curso 2023/2024 das escolas deportivas, culturais e educativas do Concello de Carral, fanse públicas as listas das solicitudes admitidas e as reservas, así como o lugar e data de inicio de cada unha das actividades.
LISTAS ACTIVDIADES
O mércores 27 publicarase a relación das prazas vacantes nas actividades nas que non se encheu o cupo de inscritos, abríndose un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro.
Para calquera consulta ou aclaración deben de poñerse en contacto coa Casa da Cultura de Carral – casadacultura@carral.es ou 981.67.25.80, entre as 8:30 – 14:30 h e as 17:00-20:00 h.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-25 16:27:212023-09-25 16:36:12PUBLÍCANSE AS LISTAS DE ADMITIDOS E RESERVAS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS – CURSO 2023/2024
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abriuse hoxe, mércores, ás 09:00 horas e estará activo ata o 20 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas da modalidade.
As prazas son limitadas e as solicitudes deberán presentarse preferiblemente a través do correo electrónico casadacultura@carral.es e tamén de forma presencial na Casa da Cultura de Carral.
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros ao mes.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, ioga, patinaxe, rítmica e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio. Por outra banda, deportes como equitación, baloncesto, pádel, tiro con arco e tiro olímpico serán as opcións para o público xeral.
Os adultos terán tamén á súa disposición clases de zoa e ioga. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Cultura O departamento de Cultura ofrecerá diversas actividades destacando unha formación en teares e tapices que se desenvolverá os xoves, de 17:00 a 20:00 horas, no centro de formación Antón Fraguas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:30 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
BOLETÍN DE INSCRICIÓN(non se aceptarán inscricións anteriores ás 9:00 do mércores 6 de setembro)
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-05 17:52:032023-09-06 16:36:49CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2023-2024
O Concello abrirá mañá, luns, 5 de setembro, o prazo de inscrición para as súas Escolas Municipais, ofrecendo unhas 40 actividades. Nesta edición, o programa inclúe propostas deportivas, culturais, educativas, de Servizos Sociais e algunhas organizadas polas asociacións e clubs do municipio. Desde o goberno local sinalan que se trata dunha oferta “completa e que conta con iniciativas para os veciños e veciñas de todas as idades coa que se busca, entre outros obxectivos, promover a conciliación da vida laboral e familiar”.
Como novidade con respecto a outros anos, o Concello inclúe, nesta ocasión, as diversas iniciativas culturais e deportivas que levan a cabo as entidades do municipio. Con isto conséguese, non só ampliar o listado de actividades, senón tamén pór en valor e impulsar o labor que realiza o tecido asociativo de Carral. A maiores, por primeira vez, o centro de formación Antón Fraguas acollerá a Escola Municipal de Música, con clases para aprender a tocar os seguintes instrumentos: piano, guitarra, batería, baixo, contrabaixo, violonchelo, violín, frauta, clarinete, trompeta e saxo.
A convocatoria incorpora as seguintes actividades:
Atletismo escolar: para nenos e nenas a partir de 4 anos
Ximnasia rítmica escolar: para nados no 2018 e anteriores
Patinaxe escolar: a partir dos 4 anos
Judo: a partir dos 4 anos
Judo (Tabeaio): a partir dos 4 anos e tamén para adultos
Baloncesto: a partir dos 6 anos
Tiro con arco: a partir de 6 anos e para adultos
Equitación: a partir de 7 anos e para adultos
Pádel: a partir de 8 anos
Tiro Olímpico: a partir de 8 anos e para adultos
Zumba: a partir de 12 anos
Ioga: a partir de 14 anos
Jumping fítness: a partir de 14 anos
Teares e tapices
Obradoiros culturais
Actividades escolares: servizo de madrugadores e concilia día a día, robótica, debuxo e pintura, fun english, música e movemento, baile moderno, informática, cociña divertida e ciencia divertida.
Escola municipal de música
Ximnasia de mantemento en Carral
Ximnasia de mantemento nas parroquias
Fútbol sala e balonmán coa U.D. Carral
Bailes latinos, cociña e repostería, costura para principiantes e calceta e gancho coa asociación de Mulleres Rurais.
Baile tradicional e pandeireta e teatro coa AA.VV. O Rueiro de Tabeaio.
Escola de música da man da asociación Cultura Aberta de Carral.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cuberta e asinada, preferiblemente, de xeito telemático a través do correo casadacultura@carral.es ou da sede electrónica carral.es. Así mesmo, poderanse presentar de xeito presencial na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo. O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 5 de setembro ás 9.00 horas, ata o día 23. As actividades comezarán na primeira semana de outubro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/09/instrument-4118588_1920.jpg12761920Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2022-09-22 09:55:242022-09-22 09:55:25CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS, OFRECENDO 40 PROPOSTAS PARA TODAS AS IDADES
Como algúns xa sabedes o alumnado do Ceip Vicente Otero Valcárcel dispón de nova directiva na Anpa Ana Lastra López. A directiva reuniuse xa varias veces coa concellería de Educación para realizar as colaboracións que sexan posibles.
Unha delas é difundir esta información:
–Debido á situación na que nos atopamos nesta nova normalidade, as asambleas presenciais non as poden/deben realizar por seguridade.. Para solucionar este obstáculo da mellor maneira, están habilitando tódolos medios que ao seu alcance para que a quen lle interese facerse soci@ poida contactar sen problema. Pode ser tamén para plantexar dúbidas, xestións ou calquera outra información que se necesite.
—O seu número de teléfono é 654103317
—Teñen instagram e facebook Anpa Ana Lastra Lopez @anpanalastralopez
— E o correo electrónico é anpanalastralopez@gmail.com
Tamén dende a Concellería de Educación dispoñemos da ficha de soci@ en caso de que alguén a necesite. Tan só tedes que chamar a Educación 678338872 e se imprime ou tamén podedes descargarla do enlace desta nova:
A nova directiva pide que os que xa son soci@s contactedes por whatsapp ou mail e actualicedes emails, telefonos,..etc se non estades recibindo as notificacións que fan.
Moitas Gracias pola vosa colaboración e atención.
É moi importante ser partícipe activo da educación dos nosos fill@s, por eles por nós, por toda a comunidade educativa.
https://carral.es//wp-content/uploads/2020/10/logo-anpa.jpg999998Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2020-10-16 14:26:082020-10-16 14:26:08NOVA DIRECTIVA NA ANPA ANA LASTRA DO CEIP VICENTE OTERO VALCARCEL
O programa Educando en Valores leva 7 anos levándose a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no IES de Carral. Trátase dunha iniciativa na que se traballan as competencias necesarias para desenvolver a intelixencia emocional das nenas e nenos, non só para poder obter un mellor rendemento académico, senón tamén para favorecer que o clima de convivencia nos centros educativos sexa respectuoso, afectivo e humano.
O curso pasado o programa tamén se estendeu ás familias con moito éxito, e este ano vaise repetir a experiencia a través da organización de obradoiros.
O primeiro será este xoves, 19 de decembro de 17:00 a 19:00 horas, para familias con rapaces do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. O contido do taller será o seguinte:
Necesidades emocionais e sociais dos nenos e nenas. A importancia do vínculo seguro.
Intelixencias múltiples: a intelixencia emocional.
Claves para a educación desde a afectividade consciente.
Estratexias e ferramentas para a educación emocional.
A comunicación positiva.
Normas e límites dende o afecto.
Como axudar as crianzas a manexar as súas emocións.
O aforo é limitado.
Para máis información:
Departamento de orientación do CEIP Vicente Otero Valcárcel.
https://carral.es//wp-content/uploads/2019/12/child-865116_1920.jpg12801920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2019-12-17 15:53:282019-12-17 16:15:58PROGRAMA DE EDUCANDO EN VALORES
O pasado luns, 4 de novembro, dentro das actividades do programa TEI (Titoría Entre Iguais) tivo lugar o acto de nomeamento e entrega de diplomas acreditativos aos alumnos de 3º da ESO , que participan voluntariamente como titores de alumnos de 1º da ESO.
O acto , ademais do Equipo Directivo, profesorado e alumnado (de 1º e 3º) do Instituto, tamén asistiu a Concelleira de Educación do Concello de Carral, Mª Mercedes Caridad López, quen amablemente participou no evento facendo entrega de devanditos diplomas. Posteriormente procedeuse á presentación das parrellas de titores aos seus respectivos titorizados.
O programa TEI , titoria entre iguais é un programa para previr o acoso escolar de tal maneira que o alumnado que comeza no Instituto estea apoiado por alumnado maior en todo o que é a vida escolar diaria.
https://carral.es//wp-content/uploads/2019/11/LOGO_TEI_WEB.png122100Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2019-11-12 09:31:582019-11-12 09:31:58PROGRAMA TITORÍA ENTRE IGUAIS NO IES DE CARRAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2019/09/Captura.jpg726425Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2019-09-09 10:28:212019-09-09 14:42:42CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 19/20 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS
https://carral.es//wp-content/uploads/2015/11/becas.jpg318335Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2019-04-05 14:27:582019-04-05 14:27:58AXUDAS AO ESTUDO PARA ESTUDANTES EMPADROADOS EN CARRAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2018/09/Folleto-18-19.-Contraportada-2.jpg11311600Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2018-09-05 09:00:492018-09-05 16:00:26CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 18/19 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS