Tag Archive for: emprego

Por decreto de alcaldía de 124/2021 do 31 de marzo 2021 resólvese correccións de erros do decreto 123/2021 aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos dos candidatos presentados no procedemento de selección para a contratación laboral temporal dunha traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral a xornada completa na modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular, así como nomear aos membros do tribunal e fixar o día e a hora dá entrevista profesional. Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto noveno das bases que rexen a contratación, publícase o presente anuncio.

Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto noveno das bases que rexen a contratación, publícase o presente anuncio.

DECRETO: Admitidos excluídos definitivos, tribunal, entrevista selección traballador/a social (premer para ver decreto)

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. alcalde dos aspirantes con maior puntuación para cubrir os postos de catro albaneis e un electricista (oficiais de segunda). Outórgaselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles (22 e 23 de marzo) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétima das bases que rexen esta contratación.

Ver a acta

Por decreto da alcaldía do 15 de marzo de 2021 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos dos candidatos presentados no procedemento de selección para a contratación laboral temporal de catro albaneis e un electricista (oficiais de segunda), a xornada parcial, cunha duración (inmediatamente posterior á finalización do proceso de selección) ata o 31 de decembro de 2021,ao abeiro do programa PEL-Concellos 2021, así como nomear aos membros do tribunal e fixar o día e a hora da entrevista profesional.
Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto sétimo das bases que rexen a contratación publícase o presente anuncio.

VER DECRETO: Admitidos excluídos definitivos, tribunal, entrevista selección 5 oficiais PEL REACTIVA 2021

Por decreto da alcaldía nº 101/2021, do 10 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación de cinco traballadores/as (4 albaneis e 1 electricista) para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña, “Programa de Integración Laboral” dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes 2021 ,a xornada parcial, modalidade contractual de obra e servizo.
Outórgaselles aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (xoves 11 e venres 12 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.

Ver lista provisional de persoas admitidas e excluídas

Por decreto da alcaldía nº 90/2021, do 5 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación dun traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral a xornada completa na modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular do posto. Outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (luns 8 e martes 9 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento. Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.

VER LISTA

CURSO PARA APRENDER A BUSCAR EMPREGO
LUGAR: CENTRO FORMACIÓN ANTON FRAGUAS
DATAS: DO 25 DE NOVEMBRO AO 2O DE DECEMBRO
GRATUITO

DESTINATARIOS: PERSOAS DE 16 A 29 ANOS INSCRITAS NO PROGRAMA DE GARANTIA XUVENIL E DESEMPREGADAS
Formación troncal do plan integral de cualificación e emprego Camara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

Contacto para inscricións Cámara de Comercio 9-14h no 981216072-981918135

Máis información no Edif Social Toñito Espiñeira (Formación e Emprego) 981613520

Este curso 2017/2018 temos concedidos dous obradoiros de emprego financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia no que participaráan varios municipios da área metropolitana co obxectivo de favorecer a inserción laboral.

O Obradoiro de emprego “Reserva de Biosfera Emprego Sostible”, levarase a cabo en colaboración Carral, Abegondo, Bergondo, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Betanzos . Este Obradoiro de Emprego, de nove meses de duración, levará a cabo dous cursos: “Froiticultura” e “Produción de sementes e plantas en viveiro”.

O Obradoiro de emprego   “A dependencia: emprego sostible”  será en colaboración Carral, Abegondo, Betanzos, Paderne, e Coirós. Realizaranse tamén dous cursos: “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade” e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións”.

Estes dous obradoiros de nove meses de duración garantiranlles ao alumnado un contrato formativo e de aprendizaxe remunerada co salario mínimo interprofesional (SMI). Requisitos imprescindibles: estar desempregado e apuntarse na oficina de emprego nos obradoiros de emprego. A selección será ao longo do mes de agosto e o comezo está previsto para comezos de setembro e finalizar en maio de 2018.

curso manipulador alimentos novembro 2016

Os mozos e mozas que teñan entre 16 e 30 anos e cumpren os requisitos que  a continuación detallamos, poden achegarse ao Toñito Espiñeira (981613520) ou mandar un correo electrónico a educacion@carral.es  e axudamos no trámite para formar parte do programa de Garantía Xuvenil.

As vantaxes de formar parte deste programa son:

Poder participar en programas propios de formación, subvencións por formar parte do programa se montan a súa propia empresa, ser contratados con empresas porque estas teñen incentivos por facelo…etc.

Máis información no seguinte enlace:

http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/gl/como-me-vai-axudar-a-mina-comunidade-autonoma

Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Ter o empadroamento en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • No ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • No ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolven no marco da Garantía Xuvenil.

Infórmate e Inscríbete no 981613520

Rematando o mes de febreiro, conclúe o Obradoiro de emprego “Atención á dependencia no fogar e nas institucións” realizado en convenio entre os Concellos de Abegondo, Carral, Bergondo e Mesía grazas á financiación da Xunta de Galicia.

Durante seis meses recibiron formación teórica e práctica 20 persoas desempregadas dos diferentes concellos colaboradores.  Acadaron os certificados de profesionalidade de :

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio de 600 horas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais  de 450 horas.

A data actual xa existen insercións laborais de participantes neste obradoiro, unha área na que as ofertas de emprego están presentes na sociedade actual.

Xa se está traballando para solicitar un novo Obradoiro de emprego, esta vez dirixido á mocidade, tamén coa colaboración institucional deste concellos e sumándose un novo concello que é  Oza-Cesuras.

Dende os Concellos trabállase por obter financiación e recursos para a mellora da inserción laboral das persoas  desempregadas.

IMG_8160 IMG_8162 IMG_8166 IMG_8169 IMG_8159