UNHA RUTA POR MARCELLE E O RÍO MIÑO RETOMA O PROGRAMA DE SENDEIRISMO CULTURAL

Xa está aberto o prazo para inscribirse na terceira ruta do programa 20km Camiño con Cultura, que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral. O próximo Cartel 20KM CAMIÑO CON CULTURA abril maio 2016.percorrido terá lugar o sábado 17 de setembro por Marcelle e a Reserva da Biosfera Río Miño, na provincia de Lugo. Ao igual que nas anteriores rutas, o prezo é de 15 € que inclúe o transporte e a asistencia técnica de monitores e guías especializados.

Os participantes comezarán o roteiro por pistas, preto da máxica “Reserva de Marcelle”, onde habitan animais salvaxes que viven en semiliberdade. Unha vez cheguen á ribeira do Río Miño, iniciarán unha subida ata o salto e as fervenzas do Piago, un lugar dunha grande beleza que é pouco coñecido e que asombrará aos participantes. Desde alí, subindo, atoparán o monumental Castiñeiro de Martul. Por pistas que atravesan zonas de monte chegarán ao Miño, e cruzando o río na localidade de Ombreiro voltarán por vellos camiños e chousas, hoxe convertidas en auténticos bosques dominados por carballos. Antes do remate pasarán pola ribeira do Miño ao carón das chamadas “ínsuas”, espazos que forman parte do corazón da Reserva da Biosfera das Terras do Miño.

O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o 13 de setembro. A información sobre o programa de sendeirismo cultural ofrécese na Casa da Cultura.

Folleto sendeirismo cultural 2016