XIX TORNEO DE XADREZ DE NADAL EN CARRAL

A concellería de deportes agarda a uns 50 rexistrados para este clásico torneo do 27 de decembro. 

Cartel Torneo Xadrez_Nadal 2019Dentro da programación deportiva do Nadal, o Concello de Carral, organizará este venres 27 de decembro o ” XIX Torneo de Xadrez de Nadal”. Coa súa 19ª edición, esta competición  xadrecística está consolidada xa como un clásico dentro da programación de Nadal do Concello de Carral.

Na anterior edición foron 50 os rexistrados (límite de rexistrados) de toda a comarca; Carral, A Coruña, Cambre,  Arteixo, Ordes, etc., destacando como dato importante o alto número de nenos que tomaron parte neste evento deportivo, e que agardamos repetir ou superar nesta 19ª edición.

O torneo, que se disputará en casa da Cultura de Carral, constará de 7 roldas, en partidas rápidas de 10  min.+2 segundos de cadencia por xogador, divididos en 4 categorías ( sub-10,  sub-14, absoluto e mellor local). Comezará ás 16.30  h e finalizará ao redor das 20.00  h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.

O obxectivo fundamental que se marca o goberno municipal coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte tan “minoritario” como é o xadrez.

Para todos aqueles interesados en participar, o prazo de inscrición terminará o próximo 26 de decembro, e poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, ou no teléfono 981 672 580 ou no e-mail deportes@carral.es.