Fanse públicas as listaxes de admitidos e reservas no ENGLISH SPORT CAMP (18 de xullo – 5 de agosto)
Read more
Co DOG 124 do xoves 30 de xuño de 2022 o IGVS publica:
Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas para o alugueiro.
Prazo: hasta 31/10/2022
Máis información, no servizo de medio ambiente do concello ou no teléfono 981 670 002.
O alcalde de Carral, Javier Gestal, asinou, onte, un convenio co presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Por medio deste acordo, o ente provincial financiará preto do 80% do proxecto para reformar as pistas deportivas de Paleo. Isto é, a achega da Deputación será de 146.432,26 euros, mentres que a contía restante (36.608,49 euros) procederá das arcas municipais. Trátase dunhas obras que o rexedor considera “fundamentais” na medida en que permitirán ao Concello dispor dun espazo cuberto para albergar actos culturais e deportivos, entre outros.
O proxecto suporá a execución das seguintes actuacións: construción dun muro de contención na parte traseira das pistas e dunha soleira de formigón armado en toda a superficie, disposición dun peche perimetral de 4 metros de altura de malla electrolosada, entre outras. A contía servirá, así mesmo, para crear unha cuberta de 700 m2 sobre as pistas. Deste xeito, unha vez concluídos estes traballos, o Concello disporá dunha dependencia de grandes dimensións que poderá acoller todo tipo de eventos.
Depuradora do Quenllo
Durante a reunión co presidente provincial, a Deputación comprometeuse, ademais, a sufragar os gastos da redacción do proxecto para a futura depuradora do Quenllo. A través dunha subvención nominativa, a achega provincial neste caso será de 120.000 euros.
A infraestrutura actual sofre deficiencias no tratamento de auga. Estas carencias xorden, fundamentalmente, polo tipo de carga de augas residuais urbanas e industriais que recibe, así como polo excesivo volume de auga entrante que se rexistra en certos momentos.
Gestal sinalou que a disposición dunha nova depuradora “é, sen lugar a dúbidas, unha das máximas prioridades do goberno local”, e apunta que seguirá recabando apoios doutros organismos para a súa creación.
Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral organizamos unha excursión ó Galipark para o mércores 20 de xullo.
Tiro con arco, tiralinas, rocódromo, piscina, deslizador acuático ou circuítos multiaventuras, durante todo a día.
Esta actividade para nenas e nenos a partir de 10 anos, ten un prezo de 17 euros, e a saída está programada para as 9:30 h. desde o Local Interxeracional e a chegaremos ás 19:30 h. ó mesmo lugar.
Tedes de prazo ata o 18 de xullo para anotarvos. Enviándonos a folla de autorización/inscrición, que tamén atoparedes no Facebook e no Instagram da OMIX de Carral, a omix@carral.es, por whatsapp ó 674.793.475 ou entregándoa na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).
Non facer o pago ata que se confirme a praza!
Publícase a acta do tribunal cualificador do procedemento de selección para a contratación dun/ha operario de limpeza de montes subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL 2022).
Con esta publicación outórgaselles aos/ás interesados o prazo dun día hábil (dada a urxencia da contratación) para reclamacións ou alegacións.
O que se publica aos efectos oportunos.
Por decreto da alcaldía do 30 de xuño de 2022 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a contratación dun operario de limpeza de montes así como nomear ao tribunal cualificador e fixar o día e a data da proba práctica e da entrevista profesional.
No mesmo decreto acordouse comunicarlle vía telefónica a todos/as os/as interesados o día e a hora da realización das mesmas.
O que se publica aos efectos oportunos.
Por decreto da alcaldía do 27 de xuño de 2022 resolveuse aprobar a listaxe provisional de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as presentados/as ao procedemento de selección para a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural 2022).
Coa publicación deste anuncio outórgaselle aos/ás interesados/as un prazo de dous días hábiles ( o 28 e o 29 de xuño de 2022) para correccións ou reclamacións.
A xornada Os certames de poesía como motores dunha literatura propia, que levou a cabo a Deputación da Coruña na Casa da Cultura o pasado 9 de xuño, foi a primeira ocasión que en Galicia se fixo unha análise sobre os premios poéticos. Foi unha xornada de reflexión e propostas para mellorar os concursos que fomentan a creación poética que contou coa colaboración do Concello de Carral e que estivo enmarcada nos eventos que conmemoran os 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral. O alcalde Javier Gestal abriu as sesións xunto a Carlos Lorenzo, técnico municipal de Cultura e comisario da xornada, e pechounas acompañado do deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.
Da xornada emanan dous documentos. O primeiro é o estudo OS CERTAMES GALEGOS DE POESÍA Unha análise de como contribúen a dinamizar a literatura no s. XXI. O segundo documento é o Decálogo para os certames galegos de poesía do segundo cuarto do s. XXI.
Con este tipo de actividades, estudos e propostas, Carral estase a converter na capital galega da poesía.
O Concello de Carral súmase, un ano máis, á campaña Liberdade de ser e sentir da Deputación da Coruña. Como parte da iniciativa levaranse a cabo obradoiros infantís e unha palestra a cargo da sexóloga Martina González Veiga.
O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e da súa identidade de xénero. Así mesmo, búscase normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.
Achégase a información básica para os o inicio dos campamentos deportivos o luns 27 de xuño. Tamén un teléfono de contacto.
Teléfonos de interese
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186
Outras formas de contacto: