O Concello de Carral iniciou a execución do saneamento nos lugares de Balbén, Ameás e A Ramalleira, na parroquia de San Vicente de Vigo. Estas actuacións, englobadas dentro dunha primeira fase, están a realizarse con cargo ao POS+ adicional 2019 da Deputación da Coruña.
O proxecto do Concello servirá para instalar preto de 2.000 metros lineais de colector, dotando aos lugares de Balbén, Ameás e A Ramalleira deste servizo. A intención do goberno local é deixar todo preparado para arrincar a segunda fase, que abarcará outros lugares da parroquia.
O alcalde de Carral, Javier Gestal, supervisou o inicio das obras e informou as persoas residentes sobre as mesmas, así como sobre o procedemento que se seguirá para as conexións á rede.
Co inicio destas obras, o equipo de goberno dá un primeiro paso para cumprir unha vella demanda dos veciños e veciñas da parroquia. Así, a pesar de que nesta parroquia está situada a depuradora do municipio, San Vicente de Vigo non dispón deste servizo.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/FOTO-CARRAL-Inicio-ejecución-saneamiento-en-San-Vicente.jpg8051459prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-06-29 13:54:292021-06-29 13:56:28O CONCELLO INICIA A EXECUCIÓN DO SANEAMENTO NOS LUGARES DE BALBÉN, AMEÁS E A RAMALLEIRA, NA PARROQUIA DE SAN VICENTE DE VIGO
O pasado martes
rematou a exposición “9 meses, 9 causas”, que se organizou desde o CEIP Vicente
Otero Valcarcel, e coa que colaborou o Concello de Carral, a través da OMIX (oficina
municipal de información xuvenil).
Durante unha semana,
entre o 15 e o 22 de xuño, preto de 250 persoas pasaron polo Local
Interxeracional para ver os traballos que as rapazas e rapaces de Carral fixeron
para esta exposición sobre o medio ambiente.
Os micro plásticos, as abellas, a contaminación do mar ou incluso os xabóns artesanais, foron algunhas das temáticas que o alumnado do CEIP Vicente Otero Valcarcel tratou nesta exposición que se puido ver no local e que esperamos que, pola gran acollida que tivo, póidase repetir no vindeiro curso escolar.
Despois de que o ano pasado fora a primeira vez que non imos o Aquapark de
Cerceda despois de moitos anos seguidos, este ano retomamos esta actividade que
tan boa acollida ten entre a nosa xuventude.
O mércores día 7 de xullo será o día no que, nenas e nenos de entre 8 e 17 anos, acudan ó parque acuático, nesta actividade organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil)
A saída farémola ás 11:00 h. desde a Casa da Cultura e estaremos de regreso
ás 19:30 h. no mesmo lugar.
O prezo é de 8 euros e o pago farase na conta municipal ES21-2100-5781-3102-0000-1826
(CAIXABANK). Non pagar ata a confirmación da praza!
Os/as participantes teñen que levar mascarilla, toalla, comida, bebida,
viseira, protección solar e sandalias.
Tes ata o 5 de xullo para anotarte e enviarnos a autorización e o resgardo de pago a omix@carral.es.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/20190627_123635.jpg30964128Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-06-24 18:44:552021-06-24 18:44:58EXCURSIÓN Ó AQUAPARK DE CERCEDA COA OMIX
A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza para o vindeiro 3 de xullo, unha actividade de sendeirismo. Nesta ocasión, faremos o roteiro PR-G 101, que percorre parte do noso Concello, pasando por Quembre, a capela de San Pedro de Rubieiro, ou a Costa da Égoa entre outros lugares.
E un roteiro con una
dificultade media, de uns 12 km. de lonxitude e que nos pode levar arredor de 5
horas. A idade mínima é de 15 anos.
Sairemos desde o Campo da Feira ás 9:30 h. e estaremos de regreso no mesmo lugar ás 14:30 h.
Para anotarte tes ata o 1 de xullo para enviarnos a folla de participación ou a autorización (para menores de idade que non veñan acompañados/as) a omix@carral.es ou por whatsapp ó 674.793.475. É totalmente gratuíta.
Recomendamos levar auga, algo de comida, calzado axeitado e viseira.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/descarga.png225225Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2021-06-23 16:30:162021-06-23 17:22:40VEN A FACER O ROTEIRO PR-G 101 COA OMIX
Carral inaugura hoxe, venres 18 de xuño, a nova tempada de verán coa apertura da piscina municipal. O Concello abre a instalación despois de realizar as seguintes melloras: arranxo da soleira da piscina, poda das árbores para garantir unha maior claridade, encintado do vaso da piscina, limpeza da beirarrúa perimetral, cambio do material filtrante por nova tecnoloxía de cristal de vidro, arranxo das bombas de filtración, pintura do peche perimetral, etc. A piscina funcionará ata o 3 de setembro de 12.00 a 21.00 horas.
Como todos os anos, o Concello ofrecerá diferentes modalidades de abono. Ademais da entrada individual diaria –que contará con bonificacións para a 3ª idade e para as persoas menores de 18-, haberá abonos familiares. Os menores de 3 anos poderán acceder de xeito gratuíto.
A piscina funcionará cun protocolo de seguridade para previr contaxios pola covid-19. O aforo máximo da zona da praia será de 75 persoas, mentres que na propia piscina poderán estar 45 á vez. Co fin de garantir a distancia social, o Concello habilitou parcelas para os usuarios e usuarias. A desinfección das mans será obrigatorio, así como o emprego da máscara para circular pola instalación. Desde o Concello pregan aos usuarios e usuarias que eviten tocar barandas, obxectos e superficies.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/FOTO-CARRAL-Apertura-piscina-municipal.jpg8591519prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-06-18 11:31:592021-06-18 11:32:03CARRAL INAUGURA A TEMPADA DE VERÁN COA APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/cursos-de-natacin_28364921280_o.jpg9071355Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2021-06-18 08:24:342021-06-18 13:33:39CURSOS DE NATACIÓN PARA O MES DE XULLO
O Concello de Carral prepárase para un verán cheo de actividades culturais, deportivas e xuvenís para todos os públicos. A oferta conta con preto de 40 propostas que se levarán a cabo ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto. Con este amplo abano, o goberno local reforza, aínda máis, a súa aposta pola promoción da cultura e o deporte, organizando propostas adaptadas á nova normalidade e nas que se cumpre, de xeito estrito, cos protocolos sanitarios pola covid-19.
A programación arrincará esta mesma fin de semana coas actividades
do ciclo ‘Elas son artistas’. Este programa incluirá a realización dun obradoiro
de arte urbano (12 e 13 de xuño), dun espectáculo de danza a cargo da compañía
Cía. Entremáns e dun concerto de Pauliña. Estas tres propostas celebraranse
na piscina municipal. Esta fin de semana
está a ter lugar, ademais, o XVII Torneo de Tiro Olímpico (12 e 13 de xuño),
organizado polo Club de Tiro Olímpico de Carral.
En xuño retomaranse, así mesmo, os cursos de pilates no
Complexo Deportivo (entre o 14 de xuño e o 31 de agosto) e a actividade na
piscina municipal (aberta desde o 18 de xuño e ata o 3 de setembro). A través
da OMIX, levarase a cabo un obradoiro de arte urbana os días 25 e 26 de xuño. A
última actividade deste mes chegará o 29 de xuño, ás 18.00 horas, cando Pedro
Brandariz aterrará na contorna da piscina.
O mes de xullo suporá o inicio dun novo programa
cultural, “Culturúa”, con proxeccións de películas ao aire libre, espectáculos na
rúa e música. A iniciativa arrincará o 1 de xullo, ás 18.00 horas, no Campo da Feira
co espectáculo ‘Mere Clown’. Ao día seguinte, o 2 de xullo ás 22.30 horas, as
persoas interesadas poderán gozar da película “A illa das mentiras”, que se
proxectará no Campo da Feira. ‘Culturúa’ continuará o 22 de xullo (ás 18.00
horas no Campo da Feira) cunha actuación musical para os nenos e nenas da man
de Paco Nogueira. O 24 de xullo, o Mago Antón tomará o relevo e realizará
varios pases do seu espectáculo de maxia no Campo da Feira. O cine volverá
inundar o núcleo urbano o 30 de xullo, ás 22.00 horas, con “Érase una vez…
Hollywood”. No mes de agosto, ‘Culturúa’ ofrecerá outras tres actividades: un
concerto de Xavi Longueirón para os cativos e cativas (26 de agosto, ás 18.00
horas, no Campo da Feira), proxección da película “Mientras dure la guerra” (28
de agosto, ás 22.00 horas, no Campo da Feira) e unha actuación de Xaracandaina
(domingo, 29 de agosto, coincidindo coa feira municipal).
O mes de xullo suporá o inicio dos cursillos de natación
(que se prolongarán tamén en agosto), a celebración do ciclo ‘Músicas Íntimas’
(con actuacións de Lulavai e MJ Pérez), e o arranque dos cursos de Doma Clásica
(3 e 4 de xullo no Centro Ecuestre Finca Abrigosa) e de Pádel (do 5 ao 30 de
xullo). O Concello organiza, ademais, unha excursión ao Aquapark de Cerceda (7
de xullo) e unha ruta de sendeirismo (3 de xullo), entre outras propostas.
Os amantes do pádel terán a súa propia cita coa organización
do Torneo de Pádel x Parellas. A competición disputarase entre o 15 de xullo e
o 4 de setembro, e as persoas interesadas poderán anotarse ata o 12 de xullo.
Agosto virá tamén cargado de actividade. Para este mes, o
Concello prevé a organización dunha ruta de sendeirismo (14 de agosto) e de
rutas a cabalo (21 de agosto). A piscina volverá converterse no epicentro da
actividade cultural e a instalación converterase no escenario no que Pedro
Brandariz chegará cos seus ‘Contos e outras andrómenas’ (24 de agosto). O mes
de agosto incluirá a celebración do IX Torneo de Xadrez de Verán (28 de
agosto). O Concello concluirá a programación estival coa II Festa da Auga
(domingo, 29 de agosto, de 16.00 a 20.00 horas, na piscina municipal).
Actividades de
conciliación
Ao longo de toda a época
estival levaranse a cabo tamén os campamentos urbanos de verán en diferentes
quendas: 1º irán os campamentos deportivos (28 de xuño ao
16 de xullo), a continuación os English sport camp (19 de xullo ao 6 de agosto)
e, por último, os campamentos sobre Medio Ambiente (do 9 de agosto ao 3 de
setembro). Nesta primeira quenda, a rapaza coñecerá a vida deportiva de Carral,
así como as modalidades que practican os deportistas do municipio.
Protocolo covid-19
Todas as actividades celebraranse tendo en conta as medidas fixadas polos organismos sanitarios en cada momento. As persoas interesadas en recibir máis información ou en anotarse poderán chamar aos seguintes teléfonos: 981 67 25 80, 678 33 88 47 e 674 793 475 (dispoñible para o envío de WhatsApps).
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/DIPTICO-VERÁN-2021_reducido_page-0001.jpg17551241prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-06-12 14:12:592021-06-24 11:04:19O CONCELLO ANUNCIA A SÚA OFERTA CULTURAL E DEPORTIVA DE VERÁN, CON PRETO DE 40 ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS
CARRAL DOBRA A SÚA APOSTA POLA CONCILIACIÓN AMPLIANDO OS HORARIOS DOS SEUS CAMPAMENTOS DE VERÁN
O Concello acaba de dobrar a súa aposta pola conciliación a través do lanzamento dunha nova convocatoria dos campamentos de verán que, este ano, se levarán a cabo con dúas importantes novidades. Por un lado, a ampliación de horarios ata as 16.00 horas. Polo outro, brindándolles ás familias a opción de que poidan anotar aos pequenos e pequenas por semanas. Tal e como sinalan desde o goberno local, ambas as dúas medidas buscan cumprir un mesmo obxectivo: “darlles aos veciños e veciñas máis facilidades a prol da conciliación da vida familiar e laboral durante a época estival”.
Os campamentos, dirixidos a nenos e nenas de 3 a 15 anos, celebraranse ao longo de todo o verán en tres quendas coas seguintes temáticas: 1º irán os campamentos deportivos (28 de xuño ao 16 de xullo), a continuación os English sport camp (19 de xullo ao 6 de agosto) e, por último, os campamentos sobre Medio Ambiente (do 9 de agosto ao 3 de setembro). Nesta primeira quenda, a rapazada coñecerá a vida deportiva de Carral, así como as modalidades que practican os deportistas do municipio.
Co fin de axustar á organización da actividade ás medidas hixiénicas e preventivas fixadas pola Xunta de Galicia, o Concello celebrará os campamentos no recinto do CEIP Vicente Otero Valcárcel (pavillón do colexio, pista polideportiva, patio cuberto, etc.) e no local interxeracional, sito a poucos metros do centro de ensinanza.
Os nenos e nenas terán a posibilidade de entrar no recinto desde as 8.00 horas. Así, entre a hora de entrada e as 10.00 horas terá lugar o programa Madrugadores, entre as 10.00 e as 14.00 horas realizaranse as propias actividades e, de 14.00 a 16.00 horas, será a hora da comida. En caso de solicitalo, os cativos e cativas deberán traer o seu propio xantar da casa e poderán tomalo no comedor do colexio baixo a supervisión dos monitores e monitoras.
Medidas covid-19
Os rapaces e rapazas estarán separados en grupos burbulla. Antes de entrar no recinto, os usuarios e usuarias deberán desinfectar as mans. Ademais, os maiores de 6 anos deberán empregar a máscara de xeito obrigatorio. A maiores, o Concello establecerá quendas nas saídas e entradas dos campamentos co fin de evitar aglomeracións.
O período de inscrición acaba de abrir, e as persoas interesadas poderán presentar a solicitude ata o 21 de xuño. A documentación deberá achegarse a través do correo electrónico casadacultura@carral.es.
O Concello levará a cabo, ao longo de toda a fin de semana, varias actividades nas que a música, a pintura e a danza serán as grandes protagonistas. Como parte do programa Elas son artistas, a piscina municipal de Carral converterase no lenzo dun obradoiro de pintura mural co que se busca concienciará mocidade sobre as desigualdades de xénero neste eido creativo.
Este obradoiro terá lugar o sábado, 12 de xuño de 11.00 a 14.00 horas, e o domingo, 13 de xuño, de 10.00 a 19.00 horas –cunha pausa para comer-. O sábado impartirase a parte teórica da actividade, mentres que o domingo será a quenda da parte práctica, coa que se dará continuidade ao mural iniciado o ano pasado, tamén como parte de Elas son Artistas.
A programación da fin de semana incluirá, ademais, unha actuación a cargo da cantante Pauliña, tamén na piscina municipal (domingo, 13 de xuño ás 19.30 horas). Este acto será de entrada libre e ata completar aforo. Así mesmo, e como broche final do obradoiro, terá lugar a actuación da agrupación Entremáns, que interpretará a peza Amparo, baseada na novela “La Tribuna”, de Emilia Pardo Bazán.
Atendendo ás restricións sanitarias pola covid-19, as persoas interesadas deberán anotarse chamando previamente ao 981 67 25 80.
https://carral.es//wp-content/uploads/2021/06/paint-2849987_1920.jpg14011920prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2021-06-09 12:09:402021-06-09 12:09:43A CONTORNA DA PISCINA DE CARRAL CONVERTERASE NO LENZO DUN MURAL PARA CONCIENCIAR SOBRE AS DESIGUALDADES DE XÉNERO
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.