Na época na que nos atopamos, e tendo en conta os elevados picos de consumo de auga que estamos a ter, para evitar problemas maiores a curto prazo como mesmo problemas de abastecemento á poboación, o Concello de Carral prohibe regar con auga da traída entre as 8.00 e as 24.00 horas.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral ou no teléfono 981 67 00 02.

 

BANDO MUNICIPAL AUGA

 

Grazas ás negociacións entre o goberno local e a Xerencia de Atención Primaria da Coruña, o pediatra pasará consulta dous días á semana no mes de agosto. En concreto, segundo a información proporcionada ao Concello por parte do organismo autonómico, este servizo prestarase os martes e os xoves á primeira hora.

O goberno local celebra que “se vaia seguir prestando este servizo durante os meses de verán, pero seguímolo considerando insuficiente tendo en conta a demanda e as necesidades da veciñanza”. Baixo esta premisa, o Concello mantén a convocatoria de concentración e manifestación prevista para hoxe, mércores 22 de xullo ás 20.00 horas.

Desde o goberno animan aos carraleses e carralesas a sumarse a esta reivindicación para “seguir defendendo os dereitos dos nosos nenos e meniñas”. O acto arrincará ás 20.00 horas fronte á Casa do concello. Desde alí, partirase en dirección rúa dos Mártires, onde se realizará un corte de tráfico da N-550.

Trátase da segunda concentración-manifestación que o equipo de goberno expuxo no mes de xullo. A primeira tivo lugar o pasado día 8, e a ela acudiron decenas de veciños e veciñas do municipio.

A maiores do servizo de pediatría, o goberno local reclamará tamén a instauración dunha segunda quenda de comedor. A Xunta de Galicia fixo público, a semana pasada, a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos no comedor escolar do CEIP Vicente Otero Valcárcel (curso 2020/2021). Atendendo ao protocolo do COVID-19, da cifra total de solicitudes -298-, tan só poderían acceder a este servizo 135 nenos e nenas, deixando fóra aos 163 solicitantes restantes. Ante esta situación, o goberno local instou os pais e nais dos estudantes para reclamar unha segunda quenda de comedor que cubra as necesidades de todos os usuarios e usuarias.

Coa vista posta no impulso de medidas que favorezan a conciliación das familias, Carral xa está preparado para o inicio da 2ª quenda dos campamentos deportivos de verán. Nesta ocasión, o Concello levará a cabo o English Sport Camp, coa que combinarán o deporte e a aprendizaxe dun novo idioma. A proposta terá lugar entre o 27 de xullo e o 14 de agosto.

Ao longo desta segunda quenda, os nenos e nenas -de entre 3 e 15 anos- participarán en actividades multideporte, socioculturais, en excursións e en accións de inmersión lingüística.

O prazo de inscrición rematará este venres, 24 de xullo. As persoas que precisen máis información poderán chamar ao teléfono 981 67 25 80 ou enviar un correo a casadacultura@carral.es.

Protocolo de seguridade

O Concello reforzou, este verán, a súa aposta polas actividades e medidas de conciliación. Como explican desde o goberno local, “considerabamos necesario reforzar as actividades de conciliación pero na situación actual, a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade. Por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.

Estas actividades estanse a levar a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional co fin de cumprir coas distancias de seguridade. Para acceder a estes recintos, os participantes teñen que desinfectar calzado e mans e someterse, así mesmo, á medición da temperatura.

Os cativos e cativas maiores de 6 anos deben empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os presenten algunha patoloxía que impida este uso. No caso das excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, deben levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas están separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.

Boletín de inscrición English Sport Camp

Cartel English Sport Camp

Plan Mobilidade Sostible

A promoción da participación veciñal é, sen dúbida, unha das máximas do goberno local. Baixo esta premisa, e co obxectivo de que os veciños e veciñas puidesen colaborar no próximo Plan de Mobilidade Sostible de Carral, o Concello puxo en marcha unha consulta dixital online. O equipo de goberno destaca “as boas cifras de participación obtidas a través do cuestionario”. En total, recibíronse 150 achegas por parte da cidadanía. A través desta enquisa, buscouse coñecer as demandas, propostas e hábitos de mobilidade dos veciños e veciñas.

Co obxectivo de que a elaboración do Plan de Mobilidade Sostible siga sendo un proceso participativo, as asociacións e particulares poderán participar nun coloquio co equipo redactor. O evento terá lugar o mércores, 22 de xullo ás 20.30 horas, no edificio social Toñito Espiñeira de Carral.

Este coloquio levarase a cabo atendendo ás medidas de prevención e seguridade para evitar posibles contagios por COVID-19.

Planificación estratéxica do territorio

O futuro Plan de Mobilidade Sostible servirá como ferramenta de planificación estratéxica do territorio, permitirá repensar os espazos públicos de Carral e Tabeaio e servirá para fomentar unha mobilidade sostible.

A implantación de formas de desprazamento máis respectuosas co medio ambiente (camiñar, bicicleta, transporte público, etc.) está estreitamente ligada á redución da contaminación, a mellora da contorna urbana e o impulso da inclusión social, especialmente relevante a partir da crise sanitaria do COVID-19. Como explica o equipo de goberno “a elaboración do Plan de Mobilidade xorde a raíz dá crecente preocupación da veciñanza polo medio ambiente e polos medios de transporte máis sostibles”.

O Concello de Carral convocará este mércores, 22 de xullo, unha nova concentración e manifestación para esixir a mellora do servizo de pediatría no centro de saúde. O goberno local expón esta medida para reclamar, así mesmo, a implantación dunha segunda quenda de comedor no CEIP Vicente Otero Valcárcel. O acto arrincará ás 20.00 horas fronte á Casa do Concello. Desde alí, partirase en dirección rúa dos Mártires, onde se realizará un corte de tráfico da N-550.

Trátase da segunda concentración-manifestación que o equipo de goberno expuxo no mes de xullo. A primeira tivo lugar o pasado día 8, e a ela acudiron decenas de veciños e veciñas do municipio. Con todo, ante a falta de solucións satisfactorias por parte da Xerencia de Atención Primaria da Coruña, o goberno decidiu organizar unha nova protesta.

Desde o goberno local animan aos carraleses e carralesas a sumarse a esta nova reivindicación para “seguir defendendo os dereitos dos nenos e nenas de Carral”.

A maiores do servizo de pediatría, o goberno local reclamará tamén a instauración dunha segunda quenda de comedor. A Xunta de Galicia fixo pública, a semana pasada, a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos no comedor escolar do CEIP Vicente Otero Valcárcel (curso 2020/2021). Atendendo ao protocolo do COVID-19, da cifra total de solicitudes -298-, tal só poderían acceder a este servizo 135 nenos e nenas, deixando fóra aos 163 solicitantes restantes. Ante esta situación, o goberno local instou os pais e nais dos estudantes para reclamar unha segunda quenda de comedor que cubra as necesidades de todos os usuarios e usuarias.

O Concello de Carral pretende celebrar un contrato menor para o servizo de avogacía e procuradoría por presuntas irregularidades cometidas con ocasión da execución do proxecto das beirarrúas da rúa Souto de  Castiñeiros e, de ser o caso, representación procesual para interposición de querela por un importe máximo de 14.900 € + I.V.A desagregado da seguinte maneira:
– Estudo de expediente para valoración de posibilidade de interposición de querela
– Representación procesual, no seu caso, para interposición de querela que incluirá os servizos de procurador, e seguimento dos trámites ata a finalización do procedemento tanto sexa en fase de instrución como celebrado en xuízo oral
Co fin de proporcionar a maior publicidade posible á contratación e que poidan presentarse o maior número de candidatos interesados anúnciase a presente contratación para que os correspondentes profesionais poidan presentar as ofertas, cuxo prazo finalizará o próximo día 26 de xullo de 2020 ás 23:59 (hora peninsular), presencialmente (Rexistro municipal) ou ben  telemáticamente ( Sede electrónica: https://sede.carral.es ).
Para máis información en relación ao servizo para prestar e a forma de presentación de ofertas e valoración das mesmas, existe documento redactado respecto diso que se anexa ao presente anuncio (prema aquí para acceder ao documento) ou tamén recibirán información chamando ao nº de teléfono: 981.670002 (preguntar pola concelleira de Réxime Interior: Susana  Guimarey).

A Concellería de Cultura do Concello de Carral está a levar a cabo un proceso minucioso de avaliación do seu premio de poesía en particular e dos certames galegos en xeral.
Ademais das conclusións obtidas coa análise dos datos do premio de Carral e de máis de 250 enquisas, o estudio completarase coas achegas de representantes de diversos colectivos implicados no sistema literario. Estas achegas terán lugar na xornada en liña que terá lugar o martes 14 de xullo ás 17:30 h, co seguinte programa:

Imaxe convite Xornada premios poesía con link.A sesión poderase seguir en directo en https://youtu.be/4a80OCFFANc

 

 

Os departamentos municipais de Normalización Lingüística e de Cultura ofrecerán o espectáculo infantil Voa, voa!, da compañía Talía Teatro.Cartel Voa voa Xoaniña - Carral.

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil (de 4 a 9 anos) pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.

A función, incluída no programa Falaredes de normalización lingüística da Xunta de Galicia, terá lugar o sábado 18 de xullo ás 12:00 h. no local Xente Nova de Tabeaio. É obrigatoria a reserva previa de convites chamando entre as 9:00 a 14:00 h. á Casa da Cultura (tel. 981 672 580) antes do xoves 16 de xullo. Para atender as normas de prevención do Covid-19, o público asistente terá asentos preasignados, só se poderán sentar xuntos membros da mesma unidade de convivencia, será obrigatorio o uso de mascara durante todo o espectáculo, e o acceso e a saída do local será de xeito gradual atendendo ás indicacións dos responsables da actividade. Para que poidan asistir o maior número posible de nenos e nenas, recoméndase que só sexa un adulto o que acompañe aos pequenos da mesma unidade de convivencia.

Desinfección de calzado, mans e medición de temperatura. Esas son as medidas de prevención ás que se someten os nenos e nenas para acceder aos Campamentos Deportivos de Verán que se están a celebrar no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional. A programación arrincou hai unha semana, e fíxoo con numerosas medidas para evitar posibles contaxios por COVID-19.

DSC_2495

Como explica o goberno, “na situación actual, considerabamos necesario manter e reforzar as actividades de conciliación”. Non obstante, como sinalan desde o equipo de goberno, “a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade e, por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.

Co fin de adaptar a organización dos campamentos ás medidas hixiénicas e preventivas fixadas polos organismos sanitarios, o Concello mudou o lugar de celebración. Nesta edición, os campamentos están celebrándose no recinto do CEIP Vicente Otero Valcárcel (pavillón do colexio, pista polideportiva, patio cuberto, etc.) e no local interxeracional, sito a poucos metros do centro de ensinanza. Para acceder ao espazo, teñen que desinfectar as mans e o calzado e os monitores e monitoras encárganse de medirlles a temperatura.

DSC_2514

Adicionalmente, os maiores de 6 anos deben empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os cativos e cativas presenten algunha patoloxía que impida este uso. No caso das excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, deberán levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas están separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.

Un reforzo nas medidas de conciliación

Os campamentos levaranse a cabo en tres quendas. A primeira comezou a pasada semana e prolongarase ata o 24 de xullo. Ao longo das semanas, os e as participantes realizarán actividades como multideportes, baile, xogos tradicionais, actividades culturais, excursións, etc.

Con respecto a outras edicións, o Concello decidiu ampliar o período de realización dos campamentos.

O goberno local segue traballando para mellorar o servizo de pediatría do centro de saúde de Carral. Baixo esta premisa, o Concello convoca para mañá, mércores 8 de xullo ás 20.00 horas, unha concentración e manifestación fronte á Casa do Concello para reclamar esta petición.

Tal e como explican desde o goberno local, o motivo desta solicitude é, precisamente, a ausencia do pediatra desde o pasado 23 de xuño.

O acto arrincará ás 20.00 horas, e despois dunha concentración de 15 minutos, realizarase unha manifestación co seguinte percorrido: partirase en dirección á rúa Víctor Velasco, continuando pola rúa dos Mártires e terminando no panteón. Desde o equipo de goberno animan a todos os veciños e veciñas do municipio para sumarse a esta reivindicación “para defender os dereitos dos nenos e nenas de Carral”.

Se a situación non se reverte, a previsión do goberno é convocar novas concentracións nas próximas semanas.