A instalación deportiva celebra o seu oitavo aniversario con promocións e melloras no equipamento. Read more
O Concello de Carral celebrou o xoves 31 de xaneiro unha sesión ordinaria de pleno na que os orzamentos do 2019 aprobáronse de forma definitiva. Este documento mantén a tendencia de crecemento dos últimos anos. De feito, con respecto ao do exercicio de 2018, os orzamentos presentan un aumento do 4,29%, achegándose aos 5,5 millóns de euros.
No decreto 33/2019, do 29 de xaneiro de 2019, o sr. alcalde resolveu aprobar as bases e iniciar o procedemento de contratación dun/ha traballador/a para o departamento de servizos sociais do Concello de Carral: categoría profesional de educador/a social, xornada completa, modalidade contractual de obra ou servizo determinado ata a incorporación da titular do posto.
Para participar no procedemento, segundo o recollido no punto 4 das bases, os/as interesados/as poderán facelo segundo o modelo que se achega coas bases no prazo de cinco días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios e na web do Concello; é dicir, do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro.
Máis información no servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de 9 a 14 horas.
A compañía Trinketrinke Teatro será a encargada de ofrecer unha nova sesión de animación á lectura na Biblioteca municipal. Nesta
ocasión o título do conto que centrará o espectáculo é “A vida na selva”. É unha sesión para nenas e nenos de 3 a 8 anos.O contacontos terá lugar o xoves 31 de xaneiro, ás 18:00 h. na Biblioteca da Casa da Cultura. O aforo é limitado e é necesario retirar previamente as entradas, que son de balde. Poden retirarse nas bibliotecas a partir do luns 28 de xaneiro.
A Concellería de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrece unha nova exposición na sala do edificio Toñito Espiñeira. A mostra recompila en 18 paneis fotografías e textos explicativos do mosteiro de Santa María de Sobrado, que dan a coñecer a historia, valores, recursos turísticos e a reconstrución dun dos mosteiros máis singulares na provincia. A exposición trata de reflexar as actividades que se desenvolven no mosteiro como lugar de oración, acollida, atención ao peregrino, centro cultural, relixioso, de produción de bens de alimentación no traballo da comunidade, de produción artística mediante o traballo dos monxes…
Esta exposición estará aberta ao público ata o 11 de febreiro.
A Concellería de Deportes de Carral organizou unha nova viaxe á pista de xeo, este ano ao Burgo. Read more
Máis de 60 tiradores tomaron parte neste campionato que se prolongou durante todo o ano 2018. Read more
As prazas adxudicadas ao concello de Carral serán sorteadas o vindeiro luns 14, ás 9.30 h no salón de plenos do concello. Read more